Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

Categoría: Agradecementos e Mencións especiais

7 Julio 2007

Grande Óscar Pereiro

Hoxe dá comezo o Tour de Francia 2007. Faino sen saberse aínda o ganador da edición do ano pasado. Bueno, si, ten un ganador moral que todos coñecemos, o galego Óscar Pereiro. Dende este blog gustaríame darlle ánimos ao bravo corredor de Mos. Toda Galicia pedaleará estes días con Óscar.

Pereiro además de ser bo ciclista, sabe venderse ben e creou recentemente unha páxina web na que tentará contar todos os días as súas impresión sobre cada etapa, como se sinte, como vai avanzando a carreira, cargándose e delibitándose as pernas e as forzas, etc.

Pero, por enriba de todo iso, eu ao que quero chegar é ao forte compromiso que con Galicia sempre tivo o bo de Óscar e con outras reivindicacións, coma podedes ver na camiseta coa que chegou a Peinador despois de quedar segundo no Tour 2006.Ou co spot de tráfico gravado o ano pasado. Para mostraoutro botón: a súa páxina web. Non sei se foi intención directa del (pero creo que é moi posible que si, por declaracións que lle teño escoitado e por comentarios que me teñen feito sobre a súa persoa) ou dos seus asesores, pero o feito de ter a súa páxina tamén en galego hónrao. Nun tempo, ademais, no que está tentando ser asediado polos incultos máis grandes que habitan a nosa terra. Aqueles que queren pasar por enriba do resto e eliminar unha lingua por capricho. Non sei por qué lles estorba tanto.

Ao bo de Pereiro non lle estorba e, a pesar de que tiña moi fácil a resposta a unha hipotética pregunta de por qué non tiña a súa web en galego (é porque vai entrar máis xente do resto de España ca galegos), decidiu facer a súa versión na nosa lingua. Un dez para o corredor de Mos. Para min xa está 5 minutos por diante na xeral, sobre moitos outros corredores do pelotón.

Que teña moita sorte e moitos éxitos no Tour que está a piques de comezar. E que como se soe dicir, ao César o que é do César, que lle dean o que lle corresponde. Oque ganou coa súa suor na estrada.O galardón de campión do Tour 2006.

ADIANTE PEREIRO, GALICIA ENTEIRA PEDALEA CONTIGO!!!

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 4 comentarios compártelo

26 Junio 2007

Unha pequena e merecida homenaxe

Desde esta fiestra gustaríame renderlle unha pequena homenaxe a unha persoa que aportou á humanidade un gran invento. Un invento que, de seguro, ten evitado moitos accidentes e mortes. É unha persoa anónima, ou polo menos eu non din encontrado quén é. Trátase do inventor dos intermitentes dos coches. Para min un dos "aparellos" máis importantes dos automóbiles. Sen embargo,día a día son vilipendiados e enviados ao baúl do esquecemento por milleiros e milleiros de condutores. O pobre home que os inventou estarase revolvendo na súa tumba. Seguro.

É unha das cousas que máis me enfurece ao volante, aquela xente que obvia o uso destes intermitentes. A que son debidos estes hábitos? Por que?

Un saúdo.

servido por cazandobiosbardos 1 comentario compártelo


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera