Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

Categoría: Galicia

11 Junio 2008

De "Sol a Sol" de La Voz de Galicia (10 de xuño de 2008)

Imaxe do corte feito polos transportistas e os armadores (coincidiron alí por casualidade) na A-6 á altura de Guitiriz.

Vou copiar o de Sol a Sol que viña onte na Voz de Galicia. Veñen sendo estas poucas liñas que aparecen na portada do xornal, como se dun pequeno editorial se tratase.


Cargas y Beneficios

El objetivo de una huelga o de un paro patronal es alcanzar algo que se demanda de alguien. En el caso del conflicto derivado del precio de los combustibles, ¿qué se pretende? ¿Que unos nebulosos mercados internacionales bajen los precios? Y como no se consigue, ¿que se repartan las cargas de un sector entre todos los ciudadanos? Cuando las cosas vayan bien, ¿también se repartirán los beneficios?

Parece ser que aos armadores, polo menos aos da Mariña, lles sentaron moi mal estas liñas, pero eu só podo dicir que é moi complicado exprimir o meu pensamento sobre este paro do peixe en menos liñas.

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 6 comentarios compártelo

12 Enero 2008

O regreso do fillo pródigo: Javi Rodríguez ficha polo Pontevedra

Rumorease en varios mercados. No dos dous últimos veráns, no de inverno do ano pasado, pero agora por fin se cumplen os soños de moitos siareiros pontevedreses. Javi Rodríguez, "O Rifle", volta para quedarse. O xogador catalán desvinculase do Rácing de Ferrol e asina polos granates, para o que resta de tempada e unha máis. Gran noticia. Apuntala a parcela ofensiva do equipo e, sobre todo, enche de ilusión e bos recordos á parroquia de Pasarón. É un xogador sobre o que teño unha debilidade especial. Igual que conFran Rico, que fará o papel do Tonino daquel último ascenso. O referente da cidade e do clube. Cada vez está máis claro que este ano será o dun novo ascenso (ao terceiro play off consecutivo sempre o consiguen).

Toda a bancada rendida ante Javi Rodríguez. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Que certo é este dito.

O Rifle vaise atopar un equipo moi cambiado respecto ao que deixara anos atrás. Se cadra non queda ningún compañeiro daquela etapa,unicamente Alejandro Vázquez e Charles. Incluso un Pasarón totalmente diferente, pero eu só agardo que volva ofrecer tardes como aquela do día do ascenso do Pontevedra a Segunda División: Pontevedra CF 3-0 Lorca(ver vídeo). E que eu poda estar na cidade do Lérez para desfrutar a festa.


Saúde.

servido por cazandobiosbardos 2 comentarios compártelo

11 Enero 2008

Munúa agrede a Aouate no vestiario do Dépor

A estas alturas imaxino que a maioría xa saberedes da agresión do actual porteiro titulardo Deportivo, Gustavo Munúa, ao que ata hai pouco tempo era o porteiro titular, Dudú Aouate. Sempre se fala de que os xogadores teñen que loitar a morte polo posto, pero estes, nesta ocasión, pasáronse da raia. É o que ocorre cando a xente anda incitando.

Parece que houbo un que o tomou ao pe da letra.

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 1 comentario compártelo

4 Enero 2008

Mesa pola Normalización do Licor Café


Hoxe preséntovos algo que atopei pola rede, a creación nun blog galego da Mesa pola Normalización do Licor Café.Nela contense o que será tamén proxeto de Estatuto desta Mesa. Botállede un vistazo que penso que é interesante.

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 2 comentarios compártelo

6 Diciembre 2007

Galicia-Camerún (III): Habemus convocatoria


O pasado martes daban a súa listaxe de convocados os seleccionadores galegos, tanto os masculinos (Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez) como a femenina (Pilar Neira), para os encontros que os enfrontarán a Camerún e Cataluña, respectivamente.

No caso da selección masculina apóstase por unha liña continuista, cunha listaxe de xogadores moi similar á que o ano pasado empatara a uns con Ecuador en Riazor. De todos os xeitos, esta convocatoria non está pechada, porque é moi posible que os galegos que están xogando nas illas británicas (Nacho Novo, Sito e o redondelano Pablo Couñago)non podan asisitar ao encontro. Tampouco é segura a presenza de Míchel Salgado, que xa se ausentara o ano pasado. Caense da mesma, por lesión, o helvético-galego Cabanas e Borja Oubiña. Lástima para o vigués, que parece que está gafada coa selección galega. Aínda non puido debutar por culpa das lesións.
Ecco o elenco de xogadores:
Albacete: Noguerol
Cádiz: Nano
Celta: Rubén González, Roberto Lago e Jonathan Vila
Dépor: Piscu, Barragán e Pablo Álvarez
Elche: Iago Iglesias
Glasgow Rangers: Nacho Novo
Ipswich Town: Sito e Pablo Couñago
Levante: Viqueira
Numancia: Julio Álvarez
Piacenza: Jonathan Aspas
Rácing de Ferrol: Queco Piña (porteiro)e Jonathan Pereira
Real Madrid: Michel Salgado
Recreativo de Huelva: Iago Bouzón
Sporting de Gijón: Diego Castro e Roberto (porteiro)
U.D. Las Palmas: Trashorras
Valladolid: Borja
Villareal: Diego López (porteiro)

A min, particularmente, fáltame un xogador. Volvemos quedar sen representación do Pontevedra (a verdade é que o equipo do Lérez ten poucos galegos) e penso que Fran Rico sería un gran representante.

No caso do conxunto femenino formarán as seguintes xogadoras:
Atlético Muralla: Jessica Ferreiro
Pontevedra: María Teresa Soage, Sara González e Patricia Rojo
Galicia Gaiteira: Rita Lema e Cristina Lago
Val do Ulla: Rebeca Hermida e Uxía Parcero
Friol: Mónica Naval e Susana Ferreiro
Orzán SD: Ana Lago e Mirian Ríos
El Olivo: Paula Fernández, María González, Sonia Alonso, Isabel Fernández e Loreto Silva
Rayo Vallecano: Ángela Rodríguez
Transportes Alcaine (Aragón): Leticia Carballal, Joana Montouto, Verónica Boquete eRosario Ramos
Oviedo Moderno: Mirian Domínguez
Levante: Mari Paz Vilas
Unión Guardesa: Anair Lomba
Atlético Arousana: Carolina Baños
CD Boiro: Gorane Casal eMarta Pazos
Bértola: Ana M. Fuentes

Desta non poido comentar nada, porque recoñezo que -lamentablemente- non teño nin puñet... idea. Son trinta xogadores, das que me parece que a seleccionadora fará unha listaxe final logo de velas en acción nos dous adestramentos previos que ten previstos.

Saúde.

servido por cazandobiosbardos sin comentarios compártelo

2 Diciembre 2007

Galiza vs Camerún (II)


Pois despois do anuncio de cal sería o rival da selección galega de fútbol neste Nadal, xa se coñece o programa de actos e actividades que haberá o día 27 de decembro en Vigo, así como os prezos para asistir a festa do fútbol galego, o fútbol que une. Será, por certo, a segunda ocasión na que os cameruneses xoguen en terras galegas, despois de que o seu grupo no Mundial '82 se xogase en Balaídos e Riazor.

O calendario de partidos é o seguinte:

10.00h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub18 masculina)

12.00h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub16 masculina)

13.30h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub16 feminina)

15.30h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub18 feminina)

18.30h: Estadio de Balaídos
Selección Galega vs Selección de Catalunya (Absoluta feminina)

21.00h: Estadio de Balaídos
Selección Galega vs Selección de Camerún (Absoluta masculina)

O plato forte, polo tanto, comenzará ás 21 horas e para poder presenciar este encontro poñeranse á venda unhas entradas a prezos bastante populares. Hai unha serie de promocións e de venda e reserva anticipada das mesmas, que podedes coñecer visitanto esta sección da web do Deporte Galego. Os prezos xerais veñen a ser os seguintes:

- Marcador, Fondo, Gol e Preferencia: 8 euros
- Río Alto e Río Baixo: 10 euros
- Tribuna: 15 euros

A verdade é que os vigueses e os de preto da cidade olívica non teñen desculpa para non ir a este encontro. A ver que podemos facer os do máis ao Norte, pero tentarase ir.

Saúde.

Algún día, quen sabe, nós faremos o propio...

servido por cazandobiosbardos 2 comentarios compártelo

13 Noviembre 2007

NUNCA MÁIS

Hoxe cúmprese un lustro de que comezasen a dar paseos polas nosas costas con aquel petroleiro infame de nome Prestige, que acabaría afundindo o 19 de novembro de 2002. Cinco anos nos que moito se ten falado do Prestige, das responsabilidades políticas, dos culpables da traxedia ecolóxica,... Mais, pasado este tempo aínda non hai sentencia sobre o xuicío.
Os políticos de turno, os que daquela encabezan as manifestacións, din que algo se ten mellorado. Eu creo que non. Estou convencido de que se mañá mesmo algún outro petroleiro sufre algún tipo de problema, volverá esparramar toda a súa "merda" nas súas costas, sen que ningúen mova un dedo por facer nada. Bueno, non, ninguén non, volverán estar todos aqueles voluntarios e mariñeiros, toda aquela marea branca que inundou Galicia aqueles meses para tentar contrarrestar á outra marea viscosa e negra que ameazaba con acabar coas nosas costas e a nosa riqueza mariña.
Como digo, penso que non se mellorou. Todo o contrario, foise a peor. Fai cinco anos había unha sociedade galega concienciada, que apoiaban movimentos cidadáns e culturais. Reclamáronse moitas cousas que se puxeron sobre a mesa, pero que hoxendía aínda non foron cumplidas. Mais, esto hoxe xa parece que está moi lonxe, foi case esquecido, ninguén segue loitando (uns porque nunca o fixerone non lles interesa revolver no que fixeron mal e outros porque agora ocupan o poder)e parece que está hibernando á espera de que outro petroleiro teña problema nas nosas costas e desperte á sociedade. Xa van cinco barcos e cada día está máis preto o seguinte. Non me gusta dicir esto, pero desgraciadamente penso que é así. Espero trabucarme, primeiropara que ningún outro barco teña problemas diante das nosas costas e despois porque ao final algúns políticos esperten e acaben coaindefesión na que aínda siguen as mesmas.

NUNCA MÁIS

servido por cazandobiosbardos sin comentarios compártelo

7 Noviembre 2007

Galicia vs Camerún


Xa temos rival oficial para o terceiro encontro oficial da Selección Nacional Galega, que se disputará no estadio vigués de Balaídos o vindeiro 27 dedecembro (xoves).Será a selección africana de Camerún, que por aquel entón estará preparando a Copa África, a desputar en Ghana nos meses de xaneiro e febreiro.

A Dirección Xeral para o Deporte decidiu dar un cambio de aires, despois de ter dous rivais sudamericanos nos encontros das anteriores edicións. Para min é un cambio correcto e positivo, xa que o equipo camerunés imaxino que virá a por todas, preparando ao máximo o campionato africano e con todas as súas figuras (ou polo menos as que lles deixen os clubes europeos). Esperemos que Samuel Eto'o (sigue lesionado) poida estar entre elas, para que lle dea máis lustre ao partido, se cabe.

De todos os xeitos, veña Eto'o ou non, o importante é a nosa selección e a festa do fútbol galego, que desde hai tres anos se vén celebrando nas datas de Nadal. Na época actual levamos unha victoria (3-2 ante Uruguai en San Lázaro) e un empate (o ano pasado en Riazor ante Ecuador, 1-1). Agardemos que colleitemos outra victoria, aínda que o resultado tampouco é o máis importante.

Por certo, outra gran noticia é que antes da absoluta masculina, fará o seu estreno a Absoluta Femenina. Nesta ocasión será ante a Selección Catalana.

Saúde.

Imos ir quecendo motores.

servido por cazandobiosbardos 7 comentarios compártelo


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera