Publicidad:
La Coctelera

Categoría: Humor

2

Mesa pola Normalización do Licor Café


Hoxe preséntovos algo que atopei pola rede, a creación nun blog galego da Mesa pola Normalización do Licor Café.Nela contense o que será tamén proxeto de Estatuto desta Mesa. Botállede un vistazo que penso que é interesante.

Saúde.

1

Risas garantidas

Despois de que falásemos de CQC nalgún comentario e mentres que estaba buscando un vídeo para poñerlle o enlace a marquinhos, atopeime cun que é indispensable. Son 5 minutos de risas continuadas. O vídeo de despedida de Arturo Valls de CQC. Un auténtico espectáculo.

"Tenemos tres premios en este momento: un Goya y dos Globos de Oro", "... ahora con Antonio Resines" , "ha venido Fernando Romay y se ha traído la guitarra", "Sete, te sales", "Si son bisexuales, lo mismo da" (Juan Carlos I dixit, madre mía).

Vaia crac, unha pena a súa marcha.

Pero xa que estou, vou seguir con aquel mítico palabras cruzadas entre Juanra e Arturo Valls.

"¿Conoces algún refrán? Ojo por ojo, sesenta y cuatro".

E xa que estamos con CQC, aquí vos deixo unhas mostras da versión italiana, Le iene. Tamén teñen unha versión parecida ás palabras cruzadas. Para aqueles que din ou pensan que o italiano é moi fácil.

Non deixa de ser simpático como lle afectou o cambio de equipo hai xa unhas cantas tempadas a Superpippo Inzaghi.

E o regalo final: Eva Henger e Rocco Siffredi. Grande Rocco!!!

Saúde.

4

CQC en la "Fiesta de la Hispanidad"

O pasado mércores 17, o programa Caiga Quien Caiga de Telecinco ofrecía a súa visión versión particular da festividade da Hispanidad, a través dunha reportaxe do seu reporteiro Eugeni (un crac). Aquí tedes o resultado.

A verdade é que non ten desperdicio. O da xente adulta que o insulta, desprecia e mesmo está a punto de agredilo é de xuzgado de guardia (típico de ultras, fanáticos e irracionais) e o dos rapaces pois, deixémolo en, simple ignorancia. Desde a primeira pregunta os deixou en evidencia.

Esta é a versión que ofreceron os arxentinos da mesma festividade. Máis ignorancia. Lamentable

Por certo, da versión española hai unha segunda parte, na que Eugeni se tomou todo con máis calma e foise a unha zona onde os ánimos non estaban tan quentes (ou mellor dito, tan exaltados). Marchou xunto aos sudamericanos que tiñan unha festa máis chévere.

Saúde.

1

Air Galicia

Vouvos propoñer outro programa ao que podemos dicir que estou enganchado. A verdade é que digamos que hai pouco que o estou, pero teño visto as súas últimas edicións e cada vez sintonizo máis co humor que fan. O programa en cuestión, chamado Air Galicia, bota man dun humor e unha producción moi similar a "Pepe o inglés", aquela serie que protagonizara Miguel de Lira o ano pasado.
Air Galicia emítese todos os xoves na TVG a partir das22:15, máis ou menos.

Aquí vos deixo uns cortes pequenos que atopei pola rede.

Non atopei ningún dos sketchs do programa O Máis galego que presenta Morris (sae no vídeo do preámbulo do estato) nin da parella de vellos que viven na aldea, que se cadra son os que máis me gustan.

Saúde.

0

Alonso multa a Hamilton por mal aparcamento

Divertido guiñol (marcatoon) entre Alonso e Hamilton e a última carreira do GP de China.

Debuxo

Saúde.

4

Muchachada Nui (Chanante 2.0)

Pois si, despois de que un rumor estendido, pasase a convertirse en noticia real hai poucos meses, a maioría da troupe que compoñían La Hora Chanante vólvense a reunir, pero agora na Segunda (TVE 2). O seu primeiro programa será mañá mércores 19, a partir das once da noite. A ver que ofrecen estes humoristas que ou gustan moito, ou non gustan nadiña. A mín polo de pronto tárdame velos. Aquí vos deixo con algunhas das promocións que están botando estes días.

E aquí vos deixo o vídeo do espacio que lles adicou Informe Semanal.

Que os desfrutedes (desfrutemos).

Saúde.

10

Que temblen os de Vigo!!!

Neste noso país no que algúns queiman locais sociais de asociacións que loitan contra as corridas de touros, no que o ladrillo e o hormigón vanlle papando sitio ao verde, no que os policías se queixan do novo diseño dos coches patrulla, no que as obras nun monte non deixan de crear máis e máis polémica, no que os partidos ata queren sacar réditos políticos coa censura de concertos de grupos non afíns á súa ideoloxía, dá gusto ver que algúns aínda conservan o sentido do humor.

Preséntovos ao C.I.M., unhas siglas que responden ao nome dun grupo que loita pola independencia do Morrazo, o Comando Independentista do Morraso. Como eles mesmos se definen, "unha orghanisasión independentista separatista e en todo caso provinsialista, vesiñal e bateeira do Morraso", que busca que se "establesa o Morraso como unidade territorial, provinsial e indisoluble na Ghalisa, contituíndoo como a 5ª provinsia Ghallegha".

As súas accións van máis aló, xa que pretenden recuperar o pobo de Vilaboa (na comarca de Pontevedra, na actualidade) e que se recoñeza a "pertensa das Síes ó Morraso por parte de Vigho".

Aquí vos deixo o seu último comunicado, no que dan boa conta das súas peticións e das accións que teñen pensado emprender (se queredes ver a transcripción do comunicado tédela no vídeo colgado na páxina de YouTube).

Deberíamos tomar boa nota na Mariña e crear o noso propio comando, para que se escoiten as nosas reivindicacións de mellores infraestructuras, máis servizos como a apertura dun parque de bombeiros (agora xa non vale a desculpa de que non se abre porque está Cacharro na Deputación provincial e non quere poñer cartos), que os nosos mariñeiros (somos unha das flotas máis imoportantes de Galicia) non teñan que ir ata Vigo, lugar onde está agora a Consellería de Pesca gracias a ese gran mariñeiro e pescador que é Torito, etc etc.

Saúde.

4

Máis música

É unha pena porque o que lea esto, ao mellor o fai antes que o de abaixo e así perdería a esencia do título. Por eso, vos invito a que primeiro vexades a entrada de abaixo.

O título vén a que vos deixo máis música, pero neste caso é outra nova versión feita polos rapaces de Vayasemanita! daETB vasca. Son uns cracs.

Hainos moi bos.

Outra versión, agora publicitario. Vaya semanita-Renault Megane.

Independencia vasca

House (1)

House (2)

Para finalizar: recoméndovos ver todos os capítulos de La Biblia contada a los vascos. Moi bo, o que pasa é que poñer todos os capítulos é un pouco un coñazo.

Saúde.