Hoxe gustaríame saldar unha conta pendente que teño desde hai unhas cantas semanas. Quería dedicarlle unha entrada a Marquinhos e vouno facer agora. Este post vai polos vellos tempos, por aquelas noites en Pontevedra. Tranquilos, non vou falar de alcol, sexo, drogas e rock & roll. Non, vou falar de estudos.
Esta entrada ten que ver coa velada que pasei unha noite dun xoves de xaneiro. Unha desas noites míticas nas que fas o que poderías ter feito con total tranquilidade durante o Nadal e os días posteriores, pero que deixas para o último momento porque doutro xeito non tería gracia. Sempre traballando baixo presión. É como cando estás nunha redacción de deportes sen facer case nada en toda a tarde do sábado e, a partir das oita da tarde, tes que facer dúas páxinas (con 9 crónicas de diversos deportes incluidas) en menos dunha hora e media porque ás 9.30 hai que pechar a edición.
Pois ben, nesa noite de xoves tiven que rematar un traballo colectivo e facer o powerpoint para expoñelo o venres, ademais dun traballo individual meu sobre un libro que tampouco tiña lido antes daquela noite. O tema é que me puxen ao chollo e só puiden durmir uns 40 minutos, cun parón incluido no medio no que acabei soprando nunha proba de alcolemia na Praza de Galicia de Compostela (unha historia para non durmir). Non sei se este "esforzo" criminal servirá para algo (o traballo ao final non o expuxemos ese día), pero si que, polo menos, me serviu para recordar aquelas noites de traballos pontevedresas.
E a adicatoria a Marquinhos ten unha razón lóxica. Foi a persoa coa que máis vivín esas noites. Imaxino que aquel día e medio seguido co traballo de Laxe será difícil de superar por máis que o intente, jeje.
Desde hai un par de anos este día xa era unha data que recordo especialmente. Foi o día no que marchei para Florencia a pasar, o que a posteriori serían, tres dos mellores meses que vivín na miña vida. Iso foi no 2007, pero a casualidade quixo que un ano despois puidese volver a "celebrar" algo ese día. Tratábase da liberación da miña perna dereita, logo de que estivese 40 días cunha escaiola debido á fractura da base do dedo meñique dese pe que me fixera un día antes do sorteo de Nadal (a min si que me caera o "Gordo").
Mais, nestas casualidades que nos presenta a veces a vida, resulta que hoxe (2009) volvo ter algo que celebrar. E desta volta algo moi grande, que de momento é pequeno. Desde esta mañá hai unha nova Antía no mundo, unha nova pataqueira (apelativo cariñoso co que coñecemos os de Viveiro aos de Burela). Pois iso, que teño unha prima (segunda) nova e é unha pequena alegría nun tempo de monotonía e apatía da miña existencia. Unha gran noticia que axudar a ir tirando un tempo.
A verdade é que ando moi preguiceiro ultimamente. Non sei por que, pero parece que desde que tiven a lesión non me apetece moito escribir neste meu blog. Se cadra é que prefiro ou me gusta máis escribir noutros lados. Bueno, en realidade, creo que si sei máis ou menos a que é debido. Certamente está sendo un tempo moi estraño, de sentimentos encontrados e pouco positivos. Un chega a aburrirse de non facer nada e, sobre todo, doe moito non poder facer nada. A impotencia é unha cousa mala, un sentimento moi fastidiado e difícil de levar. E supoño que eu, agora mesmo, estou sumido nel. Impotencia por non saber que vai ser da miña vida, do meu futuro, de que me van dicir desde Santiago. Todo se está alongando moito no tempo e dáme a sensación que estou perdendo moito. E ademais son o único que perde. Impotencia de non poder queimar a miña impotencia correndo, xogando a balonmán, facendo deporte. De non poder facer eso que, polo menos, me despexa a cabeza.
Esto era algo que tiña gardado en borradores desde hai un par de días. A situación mudou un pouco, bastante. Hai que ver o que cambian as cousas en pouco tempo. Parece que estou metido nun partido de fútbol, que cando comezas perdendo 0-1 velo todo negro e pensas no descenso e, de repente, metes dous goles seguidos e xa te ves na Champions. Pois algo parecido me pasou a min hoxe. Volvín ao centro de Fisioterapia a facer o mesmo dos últimos días, con apatía, incluso case que con desgana (as corrientes de sempre, os ultrasons de sempre, estiramos agora o tendón de aquiles,...), pero saín cunha sonrisa de orella a orella. Xa me dixeron que podía comear a trotar e que nunha semaniña, máis ou menos, se todo vai ben poderei volver a adestrar a un ritmo máis ou menos normal. Agora a esperar que non pase nada e ir metendo carga e musculando de novo toda a perna. Probei pola tarde e a verdade é que estou sen gasolina. Pouco a pouco.
PS: Teño que retomar a idea da porra de F-1. Prometo que en pouco tempo colgarei os estatutos.
O ano 2007 toca ao seu fin e parece que vai sendo tempo de facer
reconto, de sumar e restar para saber si este ano foi mellor, igual ou peor que o anterior. É o que todo o mundo fai nestas datas e cual borrego eu tamén o vou facer, aínda que tiña pensado facelo hai máis de medio atrás.
Comezaba este 2007 que se nos escapa con moitas dúbidas. 0 2 de xaneiro non sabía que ía ser da miña vida a bastante curto prazo. O meu horizonte só tiña definido o final do CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica). Así foi que foi avanzando e foron surxindo cousas novas. A mediados de mes e logo de facer unha proba abriúseme unha gran porta.
Fora seleccionado para unha bolsa Leonardo de 3 meses en Firenze
(Florencia). A miña aventura comezaría o 29 de xaneiro, polo que me tiven que dar presa para facer as prácticas do CAP no instituto no que estudiara anos atrás. Nunha semana e media despachei estas prácticas e a memoria. Boa e grata experiencia a de darlle clase a rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato. Quen sabe, algún día se cadra ata me penso o de presentarme a unhas oposición. Mellor vida non vola hai.
Volvendo ao fío condutor deste tema, o ano 2007, os meus seguintes tres meses (desde o 29 de xaneiro ao 20 de abril) desenvolvéronse integramente en terras italianas, "sotto il sole della Toscana". Gran período da miña vida, inesquecible sen dúbida e do que, sobre todo, creo que saquei uns bos amig@s. Da miña experiencia aló din boa conta noblog dos comuneros, dos amigos feitos e conservados da facultade. Recalco o de amigos, eles ben saben porque vai.
Vinme de Italia un 20 de abril, como a canción dos Celtas Cortos. Un día de tristura e coa esperanza de que cada día está máis próximo o meu retorno á bella Italia.
Logo desto tempo de viño e rosas pasei dous meses nos que, practicamente se pode dicir para escarnio e vergoña mía, me estiven rascando os .... Bueno, non, fixen algo importante. Cubrín os dous créditos de libre configuración que me quedaban para rematar a carreira, aínda que non foi ata ben entrado o mes de novembro que tiven o título provisional de Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas. Algo é algo. Dous meses parado nos que veu un mísero día de praia aproveitable. E cando viñeron dous, hai estaba meu pai para collerme como sparring nas súas aventuras polo monte. En fin...
Chegaron as calores, chegou o vrao. E nun último intento por chupar da teta da facultade, embarqueime nunhas prácticas no recoñecido e respetado xornal El Progreso, el Diario de Lugo y su Provincia. Grandes tres meses, en moi boa compañía. Moi boa xente a que traballa nas redaccións da Mariña. Tempo, sen dúbida, no que medrei dentro do sector no que non me importaría gañarme a mida, o xornalimos. Tres meses de prácticas (que desto só tiña o nome, por certo, curramos bastante os becarios) nos que aprendín moito e nos que fixen bastante xornalismo deportivo, cousa que me encanta e que, case case, non debería ser considerado traballo no meu caso, senón fose polo de axustar as noticias, poñer títulos, subtítulos, destacados,...
Abríronme a porta para quedarme a traballar, xa con outro status, por dicilo dalgún xeito, pero en última instancia refuteino. Ía comezar aestudiar xornalismo en Santiago, para o que me matriculei en primeiro e presentei as convalidacións dos catro cursos. Rexeitei o do Progreso porque pensaba que me contestarían rápido, pero a verdade é que me arrepinto. Aínda hoxe non me contestaron, estou esperando por esa carta
certificada que me dirá que vai ser da miña vida nos próximos meses e anos. Teñen de prazo ata o 19 de xaneiro de 2008. Se me convalidan ireime para Santiago. Se non me convalidan retornarán as sombras e as preguntas á miña cabeza, ao meu futuro.
Pero non se acabou aquí o meu ano, non. Que pensabades. Eu son de acabar os anos ao grande. E cando digo ao grando, quero dicir ao criminal.Así foi que, botando unha pachanga a fútbol sala (puto deporte de vellos, que xogamos os novos) o pasado 21, nunha
acción fortuita me fixen unha escordadura de nocello de grado II e
fracturei a base do quinto metatarsiano (dedo meñique) do pe. Gran Capolavoro!! (obra mestra) que dirían os italianos.
Así é que entrarei no novo ano cun xeso que me cubre desde o dedo dos pes ata case a rodilla (ou xeonllo que dirían os máis puritanos). Esto é un "bo" xeito de entrar no novo ano, de entrar co mellor pe. Nin roupa interior vermella nin h... en vinagres. Para orixinal eu. E con el seguirei ata o 29 de xaneiro, se todo vai ben. Cousas do destino, ou coincidencias da vida, xusto cando se cumple un ano da miña partido cara Firenze.
Eu ao 2008 só lle pido saúde para os meus e para min, claro. O resto, xa virá só. Ou xa se buscará.
Saúde.
BUON CAPODANNO E FELICE ANNO NUOVO A TUTTI!!!
Un reto para esta noite. A ver quen supera a este tipo. Menudo crac.
Este é unha entrada que tería que ser subida o pasado 1 de decembro.
Ben, hoxe entramos en decembro, mes por excelencia do Nadal. Que si presentes, que si turróns, que si a lotería, que si Papá Noel, que si os Reis (tranqui Juanqui que non vai por ti),... Todo nesta época cheira ao mesmo, a Nadal. E vaia se cheira, a mín xa me cheira de máis. Síntoo, pero é queémesuperior. Non sei porque nesta época, todo o mundo ten que estar contento ou, polo menos, aparentalo. Paréceme unha das datas do ano na que a xente é máis falsa. Xente coa que non te falas en doce meses, chega o día de Nadal e todos son bos desexos, chega o primeiro de xaneiro e dache a man para felicitar o ano, cando calquer outro día viraríache a cara. Incrible.
Pero fóra disto, o que me gustaría denunciar a min é o -baixo o meu punto de vista- uso machacón e desmesurado que fan os concellos dos adornos e luces de Nadal. Entendo e comprendo que os centros comerciais e tendas poñan a súa decoración e as súas luces xa a mediados de outubro. Cada un fai da súa casa un pandeiro, como diría o outro. O que non me parece ben é aqueles adornos que pagamos todos (e sen entrar en cuestións políticas de se un concello ten que poñer luces a unha festividade relixiosa). Non sei como será en cada concello, pero o que non me parece nada lóxico é que ocurra o que ocorre en Viveiro. É impresionante. Aquí xa están colocadas as luces desde principios de novembro. Vale, de acordo, non me molestan e entendo que o que pon as luces terá que facer os seus servicios noutros lados e ten que ir alixeirando. Pero o que ten delito é que estas luces estean acesas desde o 30 de novembro. Manda carallo. É que nin entraramos aínda en decembro, cando comezaron a alumear. E o que é aínda peor é que tamén encenderon a que di Feliz 2008 Viveiro. Si é que cando chegue o día, vou estar canso xa de que me teñan felicitado o novo ano, día si e día tamén. Un pouco de consciencia e de concienciación. Véndennos a moto de que o cambio climático está encima, de que está subindo o prezo de todo (certo), de que media España está en risco de sufrir un apagón enerxético en calquer momento e, de repente, as luces de Nadal acesas desde, repito e en voz alta, o 30 de NOVEMBRO. Paréceme moito. A igrexa debería levantar tamén a súa voz e, en lugar de preocuparse por cousas nas que non se debía meter ou non debería ter tanta poder, ou buscalo(política, sobre todo), tentar que estas luces non se encendan tan rápido, porque creo que tamén acaban coa significación eo significado relixioso que teñen estas datas. Están demasiado preocupados na política do país e están deixando que os centros comerciais, Papá Noel, etc. etc. lles coman o seu terreo e faigan da tradición cristiana unha mera operación de marketing e de aumento de vendas.
Se cadra na miña visión inflúe o feito de que estamos nos dous meses (sobre todo, novembro) do ano que máis me avinagran a vida e me poñen de mala hostia e contra o mundo. Non me apetece facer nada, só teño sono e ganas de que pase o tempo o máis rápido posible, sen tan sequera aproveitalo (e iso que agora mesmo teño bastante tempo libre). Odio novembro e, algo, decembro. Menos mal que xa están pasando. Achégase Santa Lucía (13 de decembro), que como dicía o vello refraneiro: mengua a noite e crece o día. Claro que, despois, tamén había quen dicía que ata o día de Nadal non era certo esto (a miña avoa sen ir máis lonxe). En fin, que cada día falta menos para a Primavera.
Comezo a escribir sen saber moi ben de que falar, ou mellor dito que vou escribir. Debe ser que me afixen a escribir lendo antes notras de prensa.Está sendo este, un fin de semana bastante estrano. Non sei, sensacións raras. Supoño que será o cansancio acumulado. O venres tiven cea do club, deiteime tarde porque enganchei coa calificación da F-1 e ás 11:25 estaba en pé para ir traballar á redacción. Cheguei á casa pasadas as once da noite. Foi un día bastante agotador, porque arrastraba cansancio da noite e debido a que os sábados sempre hai catrocentos partidos que cubrir e como, a maioría, non rematan ata as oito e pico, a partir desa hora non se para. E a esto hai que sumarlle as presas que sempre nos meten para pechar edición. Foi un último día de prácticas completo. Rematamos forte.
Despois cheguei á casa e non saín. Tampouco había moito con quen saír e ademais estaba extremadamente canso. O caso é que non me deitei cedo e o domingo levanteime ás 6:50 para ver a F-1 (xa empezara, pensei que o faría ás 7) e, ao contrario do que soe ser habitual, vin toda a carreira sen quedarme durmido. Despois ás 9 volvín para a cama decepcionado e espertáronme pasada a unha da tarde para ir comer fóra. Digamos que teño bastante sono atrasado.
Ao mellor só é esta cuestión, pero a verdade é que tamén me imaxino que foio feito de despedirme do xornal. Pecho un novo ciclo. Ultimamente só son de tres meses, pero a verdade é que acabo queimado. Levo dúas semanas con bastante estres mental, con gañas de rematar e ter algo de vida, porque a verdade é que o horario era unha auténtica basura que non me permitía ter moita vida máis aló das catro paredes da redacción. E máis que iso coa comedura de tarro de decidir que facer coa miña vida. Ofrecéranme quedarme a traballar alí, pero non me convencía a idea, porque a experiencia deste verán serviume para saber as condicións do horario. Porque ademais tería que quedarme na delegación de Viveiro (positivo porque estaría ao lado da casa), pero sei que me acabarían desquiciando os medios técnicos cos que teñen que traballar (uns ordenadores vellos, lentos e moi anticuados que tardan unha eternidade en axustar para saber o número de liñas que che faltan por escribir, ou se xa te pasache) e porque, ademais, tería que renunciar a moitas cousas por culpa do devandito horario. Sei que algún día terei que renunciar a moitas delas, pero a verdade é que con esta idade non me apetecía, porque non gañaba moito a cambio.
Diredes vós ou pareceravos,á vista do que escribín antes,que as miñas prácticas foron un suplicio ou que non quedei contento. Todo o contrario. Podo catalogar estes tres meses de altamente positivos. Aprendín bastante, moito. Aínda que ás veces poidera ser demasiada responsabilidade e tivesemos que traballar máis do que a nosa función de becarios tería que esixir, creo que me veu ben. O estar un mes (en tandadas de dúas quincenas) eu só facendo os deportes, decidindo o que metía cada día, buscando a vida se algunha vez non tiña temas suficientes, etc. non o aprendería nun sitio no que me tivesen controlado o traballo todo o tempo. O de ter demasiado traballo, ao contrario do que poida parecer foi o mellor tempo, onde máis me divertín e onde máis desfrutei.
En canto á xente coa que pasei estes tres meses, só podo dicir que é fabulosa, chapeau!!! Moi bos compañeiros e pasei grandes momentos na súa compañía. Me parece que hei de atopar un lugar de traballo tan ameno e con tan bo ambiente como que atopei nesa redacción. Por comentarios que me chegaron, na redacción da Mariña do outro xornal, as cousas son ben diferentes. Polo tanto, entre o traballo e a xente, só podo dicir que estou contento e agradecido destes tres meses e do trato que me dispensaron.
A partir de aquí, a miña vida a curto prazo aínda non está definida. En principio tira para a capital de Galicia, pero non o poderei confirmar ata que me digan as materias que me convalidan do primeiro ciclo de Xornalismo. Ademais non teño buscando aínda onde vou vivir e, a partir de agora, esto convírtese nun problema porque cada vez hai menos sitios libres, aínda que imaxino que terei menos problemas que o ano pasado en Pontevedra (senon atopo sitio con xente coñecida, ogallá atope uns compañeiros a metade de bos que o ano pasado, porque me daría cun canto nos dentes)porque hai maior número de estudiantes
Supoño que esto que estou pasando estes días é unha especie de mal de altura, froito da incerteza sobre a miña vida -como vos dicía antes-a moi curto prazo.
Polo de agora só sei que mañá vou ir a Pontevedra pola mañá para facer o depósito do título (comunicáronme que o profesor de alemán xa entregou a acta que faltaba) e arranxar tamén o título do CAP. E pola tarde empezo as clases de italiano e inglés na Escola de idiomas. O martes pola mañá, cita no dentista. A partir daí aínda está todo por escribir. Pero gustaríame ter esta semana para relaxar e facer esas cousas que non poido facer desde xuño, tranquilamente.
Hoxe repito canción, pero creo que é moi axeitada para a miña situación.
E' un mondo difficile
e vita intensa
felicita' a momenti
e futuro incerto
il fuoco e l'acqua
con certa calma
serata di vento
e nostra piccola vita
e nostro grande cuore
Hoxe despertaba cunha mala noticia (tampouco é plan dramatizar, que vendo as novas que teño que ler cada día, bendita mala nova). Mourinho deixaba (din que de mutuo acordo con Abramovich) o Chelsea FC. Moitos dos que vos pasades por aquí sabedes da miña querencia por este INDIVIDUO (con maiúsculas, claro que si). Un dos mellores adestradores de fútbol do mundo, iso non o pode negar ninguén, máis aló de que hai moitos anti-mourinhistas que non son obxetivos e non saben ver máis aló do seu odio por este gran personaxe, que ten un xeito moi peculiar de facer vida nos banquillos.
Vaise para o paro, pero fálase que cunha compensación duns 35 millóns de euros. Bendito paro. E o mellor é que dentro de dous meses estará adestrando noutro gran equipo. Ollo que no Madrid parece que empeza a haber marexada. Schuster anda coa mosca detrás da orella. Outros falan de que o queren de seleccionador español. Ía ser a hostia ver a Mou enfrontándose a todos os xornalistas que soen seguir a prensa española. Ían andar subindo polas paredes e roendo todo.
Algúns dirán que co presuposto que quixo, non foi capaz de gañar a Champions co Chelsea, pero eu creo que os seus méritos quedaron sobradamete demostrados co que gañou co Chelsea, pero sobre todo co que fixo co Porto. Aquí vos deixo un vídeo que demostra como é Mou. Xenio e figura, jeje.
MOURINHO ES DIOS!!!... e punto.
Como non podía ser doutro xeito, aquí vos deixo unha das súas últimas aparicións máis estelares. Non quero que o meu blog caía no chabacanismo, pero aquí case boto por fóra (que cada un pense o que queira, jeje).
Só me gustaría deixarvos unha ligazón na que poderedes ver o que realmente opinan os siareiros do seu xa ex-equipo. Eles son os que verdadeiramente o coñecen e, sobre todo, recoñecen a súa labor. Botándolle un rápido vistazo ás catro principais cabeceiras deportivas da prensa española (incluidos os cataláns) aínda non falan nada disto pasada a medianoite. Claro, non lles interesa. Se fose ao contrario estaba na páxina principal e ben en grande. Seguro. Criterio e obxetividade, por favor!!!
Pois si amigos, teño unha nova data marcada no calendario. Onte ía pola Escola Oficial de Idiomas de Viveiro para anotarme na proba de clasificación (antiga proba de nivel) de italiano. Será o vindeiro venres 14 de setembro, de catro a seis da tarde. A ver se hai sorte e entro polo menos en segundo (creo que agora chámaselle 1ª nivel intermedio), aínda que o bonito sería facelo en terceiro (agora, penso, nivel 2º básico). Mantereivos informados.
Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.