Como xa vai máis dunha semana da disputa do GP de Italia vou recordar os resultados oficiais, porque creo que a maioría xa non vos recordaredes. Me parece que desta volta os puntos sumados en total van ser poucos.
1º) Vettel
2º) Kovalainen
3º) Kubica
Pole Position: Vettel
Vuelta Rápida: Kimi
Nº de abandonos: 1
E así queda a nosa clasificación xeral:
1. ana: 137 (5)
2. Xabi: 108 (5)
3. dani: 98 (3)
4. marquinhos: 90 (0)
... cazandobiosbardos 90 (0)
6. saLapa: 83 (5)
7. Xosinho 55 (3)
8. Ronnie: 33 (5)
A miña quiniela quedou invalidada xa que puxen a Kimi e Raikkonen de primeiro e de segundo. A idea era poñer a Kimi e Kovalainen, pero aqueles días andaba moi despistado e foise a olla. Aínda que de todas todas ía sacar cero puntos, avísoo por se ocorre en próximos gp's.
Habitualmente estamos acostumados a ver o resultado dun accidente gordo de tráfico, o estado no que quedan os vehículos implicados e a lista de mortos, desgraciadamente.
Pero o que non é tan habitual é que unha cámara capte o momento no que se produce un accidente. Desta volta, as cámaras da A-4 italiana si que filmaron ocorrido na autopista o pasado venres, preto de Venezia. As imaxes son escalofriantes. Morreron sete persoas, aínda que ao principo contaran oito, xa que confundiron un obxecto calcinado cun corpo humano. Dá conta á perfección do terrible das imaxes.
As presas non son boas compañeiras. Ao parecer o accidente podería ser provocado por un esceso de velocidade do camión (tir) que viña con retraso e estaba a punto de cumprirse a hora a partir da cal este tipo de vehículos teñen prohibido circular polas autoestradas italianas nos fines de semana do verán. Era un vernes, o pasado venres 8 de agosto.
Hoxe dispóñome a ver un final de liga auténtico. Bueno, auténtico se as mafias, a compra de partidos, de árbitros,... o deixan ser, en realidade. Aínda que probablemente esto nunca o saibamos. Ou o coñezamos dentro duns anos. De todos os xeitos hoxe librase unha batalla moi interesante en Italia. A Serie A chega á súa última xornada e aínda non se coñece o campión, non se coñece quen será o cuarto equipo que representará ao país transalpino na Champions League (ou, polo menos, na rolda previa) e tampouco se saben aínda os dous equipos que acompañarán á Serie B ao Livorno, conxunto toscano xa descendido a semana pasada. De momento o maior número de papeletas teno o Empoli, tamén toscano, pero os resultados dos seus más directos rivais pintan que poden serlle favorables questo pomeriggio.
E é que os dous que se xogan o descenso co Empoli (Parma e Catania) xogan cos dous que se xogan o Scudetto (Inter e Roma). E os dous partidos serán no campo dos equipos de abaixo. O Parma recibe no Tardini ao Inter de Milan e o Catania no Massimino á Roma. Prohibición de que asistan os tifosi rivais ao campo, pero os ultras nerazurri xa o saltaron e chegaron ao estadio da cidade ducal. O Inter ten un punto de vantaxe e un empate a puntos benefícialle (1-4 gañara no Olímpico e empate a uns se rexistrara no Giuseppe Meazza). No descenso o Parma debe gañar e esperar o tropezo do Catania (van dous puntos por enriba os sicilianos), mentres que o Empoli ten a necesidade de gañar e esperar, cando menos, a derrota do Catania e o empate do Parma.
San Siro houbera un empate.Mentres, na loita pola Champions League as cousas están máis doadas. Xoganse un posto a Fiorentina e o Milan. Os fiorentinos chegan con dous puntos de vantaxe, pero non lles chega o empate. Deben gañar xa que o Milan asaltou o Franchi na segunda volta (0-1 con gol de Pato) e en Esperemos que os viola consigan a victoria diante do Torino na cidade piamontesa. Agardemos que os granas faigan de verdadeiros fratelli. Ambas hinchadas están hermanadas, xa que as dúas teñen á Juve como gran rival. Mentres o Milan recibe en San Siro ao Udinese. Os friulanos non se xogan nada, despois de que onte a Sampdoria conseguise un empate a 3 coa Juve e acadasen os xenoveses a súa clasificación matemática para a UEFA no sexto posto. O Udinese accederá como sétimo.
En dúas horas a resolución. Para que despois digan que o Calcio é un coñazo. Polo menos este ano está bastante máis interesante que a Liga e houbo tanto fútbol ou máis.
Despois da presentación de Mutu, voume animar a deixarvos outras dúas perlas de dous grandes futbolistas que xogan no Calcio. Un xa está plenamente consagrado. Francesco Totti, il grande capitano giallorosso. Outro gol como o de Mutu, de cucchiaio (cuchara ou culler)que din os italianos.
E o outro é un extremo arxentino, que xoga na Fiorentina e todos din que vai camiño de ser un crac, cando explote. Está tendo mala sorte coas lesións, o que o privaron de ter continuidade o ano pasado e este incio "stagionale". Chámase Mario Alberto Santana e xa debutou coa albiceleste. Leva tres goles este ano (dous onte, no 5-1 ante o colista Cagliari), a pesarde que creo que só leva xogados seis partidos.
Ecco o de Totti (no minuto e medio máis ou menos).
E aquí o de Santana. Véxase sobre todo a penúltima repetición onde se ve mellor toda a xogada.
Bueno, hoxe ensínovos o auguri de Nadal que me enviaron desde Comunica, a axencia na que estiven facendo o meu"tirocinio" en Firenze. Sen dúbida, creo que son bastante "atrevidos", xa que me parece que poucas empresas españolas escollerían a dous anciáns en semellante momento, para felicitar as festas. Supoño que Oliviero Toscani, ao cal ao mellor lle dedico un post algún día cercano, estará creando escuela co seu xeito "transgresor" de entender a publicidade.
Aproveitando esto, tamén vos desexo a todos os que -en maior ou menor medida- me ledes, un Bo Nadal e un Feliz Ano 2008.
Non deixa de ser curioso os gazapos que se cometen no diario máis lido de España, o deportivo MARCA. E non quero entrar a valorar o tipo de información que fan, baseada en rumores que só buscan vender o maior número de xornais. Só hai que poñer nunha balanza todos os fichaxes que fan os equipos durante os diversos mercados que hai ao longo do ano. Claro que, despois, aparecen os flamantes acertos (Robben ficha por el Madrid, ya lo adelantaba Marca en su edición del xxx). A última bomba é que Rijkaard pode ser botado do Barça se o 22-D perde no partido que enfrontará a Barçae Madrid. Unha boa maneira para ir contando nas próximas semanas como evoluciona o tema, por capítulos, e seguir vendendo (meténdose aínda máis de cheo no mercado catalán, onde teñen a competencia do Mundo Deportivo e do Sport).
O que fan a maioría dos xornais deportivos non é periodismo, non é información. Non contrastan as novas, non buscan información, as súas fontes son mediocres,... Poderíamos estar moito tempo falando delo.
Pero, ao que vou. Todos sabemos como son estes medios. Sempre falando do xeral, da maioría, porque evidentemente hai algún xornalque se salva (non estou falando do Depor Sport, evidentemente) e moitos xornalistas que son diferentes á maioría dos que compoñen a súa mesma redacción. O que de verdade xa é penoso é que se confundan a xogadores, aínda que o cronista sexa do equipo local e non coñeza moi ben aos visitantes. Pero, por exemplo, ler en máis dunha ocasión que o Celta ten un dianteiro arxentino chamado Perea dá a risa, referíndose ao dianteiro extremeño PereRa. A última vez foi este domingo, diante da Real Sociedad.
Así e todo, o máis sangrante da edición deste domingo foron os incidentes en Italia, despois do asasinato, morte, traxedia, ou como lle queiran chamar, dun tifoso (nunca tifosi, que é plural, como poñen en moitos lugares) da Lazio cando estaba parado nunha estación de servicio de Arezzo (Toscana) e foi disparado (sen intención, ao parecer) por un membro da Polizia Stradale. Súponse que nestes xornais deportivos grandes, estatais, xeneralistas (Marca, As,...) traballan os mellores profesionais do ramo, os máis contrastados. Xente que sabe de fútbol, expertos vamos. E cando falamos do fútbol internacional ocorre o mesmo. Todos imaxinamos na redacción dos xornais a uns "Maldini's da vida". Pois parece que non. Explícome.
"Seguidores de varios equipos italianos se manifiestan delante de la sede de la RAI en una jornada marcada por los incidentes violentos en el fútbol italiano. En la pancarta se puede leer: "El racismo puede parar la Liga pero la muerte de un tifosi no tiene importancia".
Si señor. Pódese errar na traducción, xa que os xornalistas non teñen por que saber todos os idiomas, aínda que ben é certo que supoño que terán traductores. Así e todo sustituir tifoso por tifosi, cando na pancarta lese claramente o primeiro xa ten algo de delito. O que quero dicir é que un experto en fútbol internacional sabe que o Calcio non se parou por motivos de racismo, aínda que si houbo distintas polémicas, como por desgracia ocorreu na maioría de ligas europeas. E si sabe, que este mesmo ano se parou unha xornada da Serie A polo asasinato do inspector de Policía, Filippo Raciti, no transcurso dos incidentes acaecidos no derbi siciliano entreCatania e Palermo. Aquel partido adiantárase ao venres 2 de febreiro e, despois da morte de Raciti suspendéranse todos os partidos de sábado e domingo. Iso era a queixa da pancarta que amosaban os tifosi. Paráchedes a liga pola morte de Raciti (non racisti=racistas), mais a morte dun tifoso non ten significado, viña a dicir a pancarta. Parecido ao que traduciron os de Marca, senón fora que confundiron a Raciti cos racistas. E crédeme que non ten nada que ver. E máis vendo o que ocorreu a semana pasada coa expulsión de Italia de moitos rumanos. Non se deben misturar cousas tan alegremente. Parece que os de MARCA querían incidir nos ideais dos ultras laziais, extrema dereita, dicindo que detestaban que se parase o campionato polo racismo e non se fixera o propio coa morte dun siareiro. Nada que ver neste caso.
Preguntarédesvos a que vén este título. Que coño é esto de Dire-Fare?
Ben, esto de Dire-Fare é unha feira sobre a Administración Pública que se vai celebrar en Marina di Carrara (Toscana-Italia) entre os próximos 14 e 17 de novembro. E seguirédesvos preguntando. Que coño terá que ver esto comigo?
Pois ben, sígome explicando. Nas prácticas (tirocinio ou stage en italiano) que fixen durante a miña estancia en Firenze traballei nunha axencia de comunicación (Comunica srl) queé a encargada de organizar esta feira. Xanaquel tempo estaban traballando nela, así que a mín tamén me tocou colaborar con eles nesto. Como eu sabía que ía ser dentro de pouco entrei o outro día na páxina da feirae despois fixen o propio na da axencia fiorentina. E aquí atopei con algo que, verdadeiramente, me fixo bastante ilusión aínda que poda ser unha simple parvada. Púxenme a consultar toda a páxina e no lugar reservado a lo staff (o equipo de traballo) aparece un dibuxo da filla (Sofia)dunha das secretarias (Elisabetta), no que tamén aparezo eu. Non sei o porqué pero fíxome ilusión. Alégrame saber que non quedaron tan descontentos comigo, como para quitarme do debuxo, jeje.
Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.