Hoxe cúmprese un lustro de que comezasen a dar paseos polas nosas costas con aquel petroleiro infame de nome Prestige, que acabaría afundindo o 19 de novembro de 2002. Cinco anos nos que moito se ten falado do Prestige, das responsabilidades políticas, dos culpables da traxedia ecolóxica,... Mais, pasado este tempo aínda non hai sentencia sobre o xuicío.
Os políticos de turno, os que daquela encabezan as manifestacións, din que algo se ten mellorado. Eu creo que non. Estou convencido de que se mañá mesmo algún outro petroleiro sufre algún tipo de problema, volverá esparramar toda a súa "merda" nas súas costas, sen que ningúen mova un dedo por facer nada. Bueno, non, ninguén non, volverán estar todos aqueles voluntarios e mariñeiros, toda aquela marea branca que inundou Galicia aqueles meses para tentar contrarrestar á outra marea viscosa e negra que ameazaba con acabar coas nosas costas e a nosa riqueza mariña.
Como digo, penso que non se mellorou. Todo o contrario, foise a peor. Fai cinco anos había unha sociedade galega concienciada, que apoiaban movimentos cidadáns e culturais. Reclamáronse moitas cousas que se puxeron sobre a mesa, pero que hoxendía aínda non foron cumplidas. Mais, esto hoxe xa parece que está moi lonxe, foi case esquecido, ninguén segue loitando (uns porque nunca o fixerone non lles interesa revolver no que fixeron mal e outros porque agora ocupan o poder)e parece que está hibernando á espera de que outro petroleiro teña problema nas nosas costas e desperte á sociedade. Xa van cinco barcos e cada día está máis preto o seguinte. Non me gusta dicir esto, pero desgraciadamente penso que é así. Espero trabucarme, primeiropara que ningún outro barco teña problemas diante das nosas costas e despois porque ao final algúns políticos esperten e acaben coaindefesión na que aínda siguen as mesmas.
Nestes días cúmprese o primeiro aniversario do inicio dos peores lumes que xamais se viron en Galicia. Hectáreas e hectáreas de montearderon na nosa terra, mentres todo o mundo asistía incrédulo, sen crer o que víamos, como se ía consumindo parte da nosa natureza, e de nós mesmos, porque non dicilo. Foi un dos maiores desastres ecolóxicos que nos tocou vivir. Este ano, polo de agora, estamos libres. Parece que o xullo tan fresco e chuvioso que tivemos seguro que axudará a que este agosto non arda o monte, ou polo menos non tanto. Pero bueno, como hai moito desaprensivo e cada vez é máis doado provocar un incendio (agora hai unhas pastillas para facer lume que lles aforran moito traballo a estes delicuentes), agardo que desde a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia se fixeran ben os deberes, se aprendera dos erros do ano pasado e se mellorase o servizo galego contraincendios. Este ano foi ano de eleccións locais, agardo tamén que os políticos municipais se puxeran as pilas rápido e amañaron os temas dos equipos contraincendios de cada concello, ou que os anteriores os deixaran xa máis ou menos amañados. Tamén espero que algún partido non volva a xogar con esa estratexia errada de dilación no tempo, para perxudicar aos partidos do goberno. Realmente e á fin, para perxudicarnos a todos. Agárdoo de veras, porque será en beneficios de todos. Pero hoxe hai outra Galicia que está sufrindo. A que noutrora se chamou Galicia canaria está ardendo estes días. O ano pasado na miña visita á illa de Gran Canaria tiven a sorte (aínda que pasei un pouco de medo no coche) de visitar a zona e é unha auténtica traxedia, para os grancanarios. Estalles ardendo a única zona verde que teñen en toda a illa, o seu pulmón, os seus únicos pinos canarios. Confiemos na rápida recuperación que ten este tipo de pinoe que todo o entorno que comanda o Roque Nublo, se recupere o máis pronto posible. Eran e son unhas paraxes increíbles.
Desde Magazos, cada vez máis moreno dun sol que parece que en todos os medios de comunicación nos queren negar (se chegan a dar hoxe bo tempo, morremos todos na praia de calor), despídome preocupado polos lumes en Gran Canaria e en Italia, que están devastando todo o centro e sur da península itálica.
Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.