Este era un dos grupos que tiña moitas gañas de ver en directo. Digamos que Celtas Cortos pasa por ser o meu grupo da adolescencia. Por iso non me importou desprazarme ata Vilalba sen saber moi ben se chegaría a tempo para ver o concerto e o lugar no que se celebraba. Xurdiu a última hora e ao final, todo foi rodado. Atopamos o sitio ben, aparcamos cerca (eran festas e sempre é máis difícil) e aínda encima chegamos xusto entre dez e quince minutos antes de que comezase o concerto.
Facía frío. Un que é do Norte foise en manga corta sen prever que aquelo é interior e está algo elevado, polo que a partir da media noite fai certa rasca. O caso é que o concerto empezou. Polo escenario pasaron auténticos clásicos dos Celtas: "Tranquilo Majete", "Haz Turismo", "El Emigrante". E si, tamén algún do seu novo disco.
Unha das cousas que máis me sorprendeu foron os vídeos que poñían nalgúns temas na pantalla que tiñan na parte posterior do escenario. Moi currados e de boa factura, baixo o meu punto de vista. Creo que co paso do tempo, non é que sigan sendo reivindicativos, senón que cada vez o son máis.
E como non, fixeron acto de presenza "La Senda del Tiempo" e "20 de Abril", o que acabou por quecer definitivamente o ambiente. Aínda que sexa un concerto gratuito, demostraron que lles gusta o que fan e que gozan enriba das táboas.
Mención especial o feito de que Susana Seivane saíse a tocar unha con eles no medio do concerto.Algo ten esta gaiteira que me atrae. Non sei se é musical, pero algo é. Tamén os acompañou no final. Un final que, como vén sendo habitual desde hai un tempo, remata co "No nos podrán parar", que penso que noutros momentos era co que empezaban. Unha clara demostración de intencións.
Gran concerto no que só faltou que nos contarán un conto. Botouse de menos, a verdade.
Saúde.
PS: Emociona ver a uns pucelanos e un galego (dous coa Seivane) facendo música celta.
En Viveiro xa case estamos no ecuador do festival SoneArte 2007. As xornadas de onte e antonte foron intensas. Despois de traballar todo o día (estou axudando a levantar o país a tope, jeje), a Praza Maior de Viveiro era cita obrigada para disfrutar de boa música.
O xoves sería o momento do que antes se coñecía como Viveifolk. Entre unhas cousas e outras perdinme a actuación do grupo medio-local (digo medio porque hai dous rapaces de Viveiro nel), xa que daba inicio ás 22 horas. Pero bueno, cheguei xusto para o inicio do das rapazas eumesas de Faltriqueira. E máis para o que sería o prato forte do día, o concerto de Cristina Pato co seu antigo grupo, Mutenrohi, dentro da xira Misturados.
As rapazas de Pontedeume gustáronme de veras. Teñen uns auténticos chorros de voz e fan unha proposta bastante interesante, ou como elas din, interpretan as cancións ao seu xeito particular. Ademais tamén se uniron ao movemente Dobarrista polo que gañaron puntos para min.
Cristina Pato aínda que moitos a critiquen, basándose máis que nada en prexuizos (non miro para ninguén Ángela) sobre a cor do seu pelo, o seu xeito de actuar enriba do escenario ou as súas poboadas axilas, a verdade é que anima á xente. Tamén é verdade que o actuar con Mutenrohi axudou bastante e ofreceron un concerto bastante movido e dinámico. Notábase que á xente lle estaba gustando. De feito, o número importante de persoas que seguimos o concerto ata o seu final (pasou das dúas da mañá dun xoves) así o atestigua. Eu creo que a ourensá deixou un grato sabor de boca entre todos os que nos achegamos á Praza Maior. Por certo, impresionante e moi boa a acústica da nosa praza máis senlleira, neste tipo de concertos. Moita xente acude a estes concertos co medo de que non se escoite nada (sería o único problema porque ao peto non lles vai, xa que todos os concertos son de balde) e quedan gratamente sorprendidos coa boa acústica que ofrecen as pedras centenarias do casco vello viveirés.
Venres
Onte tocaban os ritmos pop. Á actuación de Elodio y los seres queridos non fun. Primeiro porque chegaría con ela empezada e segundo porque antes fumos tomar algo á Praciña da Herba (é unha especie de Verdura pontevedresa). Na foto non se ve con terrazas nintoda ela. Ademais agora está máis limpa eas paredes pintadas. É moi bonita, sobre todo candoacolle actuacións deMúsica na rúa, do Risa na rúa ou de grupos da mostra folclórica (eu este ano, por exemplo, tiven a sorte de ver o grupo que viña do Ecuador).
Pero si estiven na de Los Planetas. Hei de recoñecer que nunca escoitara a este grupo, a pesar das grandes referencias que del tiña. Minto un pouco, porque no meu tempo de residente en Pontevedra si que tivera a ocasión de escoitalos algunha vez, pero nunca sen amosar un gran interés. E a verdade é que me encantaron. Teñen un directo contundente, rotundo, directo que verdadeiramente me engaiolou. Ademais, semella que se poden considerar un grupo de, máis ou menos, culto, xa que case todo o mundo que foi ao concerto coñecía a letra de todas as cancións do seu repertorio. Jota e os seus non defraudaron e ofreceron un par de bises, que deixaron moi contentos aos asistentes ao seu espectáculo.
Aínda quedan por diante moitos, moi bos e moi variados concertos. Fangoria o domingo, Nacha Pop o mércores e Macaco o sábado, sen esquecerme dos incombustibles Los Bravos, o martes. Estes concertosserán os que non me vou perder seguro, pero se cadra mañá tamén me acerco ao ViveiroRock. A putadiña é que serán en Celeiro e cádrame un pouco a desmán para despois seguir coa marcha. En fin, que todos os problemas sexan estes, non credes?
Saúde.
PS: Aquí vos deixo un tema de Zeca Afonso, un artista portuguésque ten versionado Cristina Pato.
Como non podía ser doutro xeito, o meu blog tamén ten que ter un pequeno sitio para a canción do verán, aquela que nos "alegra" as noites nos locais e as tardes no chiringuito playero. Eu particularmente boto en falta a King África, que na miña vida, é o auténtico rei da canción do verán. A Georgie Dann sufrino de pequeno e non era o mesmo. Pero, a pesar disto, aquí están os de etb para recordarnos a King África, versionando unha das súas cancións máis míticas.
Pero segue habendo distintas candidatas á canción do verán. Desgraciadamente cada vez máis, a canción do verán é sinónimo de friki. Non vou poñer nada de micrófonos e cinturóns (máis que nada porque me rallan). Vou poñer outros. Aquí vos deixo o primeiro, é Luis Aguilé nun vídeo promocional da provincia de Castellón.
Aquí a mostra de cómo se crea unha canción do verán.
O mítico friki que se fai famoso porque outros frikis vemos os seus vídeos en Youtube. Eva Luna. Lamentable.
Un pouco de publicidade arxentina. Deixémolo en que son irónicos. E grandes, como sempre.
E para rematar, un tema que gracias a Movistar está recuperando notoriedade. Deíxovolo co vídeo de youtube que aporta a letra.
Pero sen dúbida, eu quédomo co A Polo Ghit que organizan por segundo ano consecutivo entre a Radio Galega e Vieiros. Hai moita creatividade en Galicia. A ver cando a empezamos a explotar e alguén aposta por ela.
Xa me pareceu raro que cando foi o Festival Linguas Vivas en Santiago, ninguén do PP se queixase da presencia dos italianos de La Banda Bassotti, neste concerto.
Pois ben, semella que daquela a ninguén do Partido Popular lle molestaba a presenza do grupocomunista porque tiñan suficiente con cebarse con Fermín Muguruza. Pero claro, aproveitando a ocasión de que desta vez acuden solos a Ferrol, o PP local armou en cólera(pódese ser máis demagóxico, lendo esto parece que os da Banda Bassotti son uncomando de ETA)e xa está pedindo que o Concello non permita esta actuación, despois de telos contratados. Como non podía ser doutro xeito a AVT tamén entra ao trapo. Eu creo que si se preocuparon doutras cousas mellor lles (nos) ía ir a todos.
Por certo, como se nota a irrupción de Iolanda Díaz (Esquerda Unida-Izquierda Unida) no Concello departamental. A área que xestionaé a encargada dos festexos e así se entende que os italianos estean en Ferrol, así como Macaco, The Ellas, Rosendo, Muchachito Bombo Infierno, etc etc. Os comunistas atacan de novo. Como Paco Pixiñas levante a cabeza...
Para todos aqueles que se queiran achegar ao concerto da Banda Bassotti será o sábado 11, a partir das 22:00 horas, no Parque Raíña Sofía.
Desde Viveiro, a escasos minutos de volver pisar a praia,e xa van catro días consecutivos, agardando poder ver algún día un concerto de La Banda Bassotti en Livorno. Eso ten que ser unha auténtica explosión comunista, jeje.
Bueno, xa estreamos o mes de agosto. Viveiro está desbordado de xente (imposible atopar sitio para aparcar preto das praias e das zonas de movida) e o verán parece ser que por fin arribou a terras do Norte. E por fin tamén tiven un par de días libres para desfrutar dela. Así e todo, hai unha cousa do tempo que estamos tendo que me está gustando bastante. Fai catro ou cinco días de sol e calor e ven un día que refresca. Como exemplo esta semana. Gran tempo desde o domingo ata o mércores, que choveu un pouco, e o xoves de novo gran tempo ata hoxe á noitiña, que mollou un pouco. Así o campo seguirá fresquiño e será máis compricado que se produzan lumes tan extremos como os do ano pasado. Non deixa de ser paradigmático que xusto cando se cumple o primeiro cabodano dos peores incendios en Galicia, este vrao aínda non se queimase a primeira hectárea de monte. Felicitémonos, aínda que o tempo ten moito que ver. Agardo que non se baixe a guarda para cando veña algún, que desgraciadamente ha de vir.
Pero ao que ía, que perdo o fío por completo. Comezou agosto, e agosto en Viveiro é sinónimo de festa, festa e máis festa. Non se vai dar abasto e eu este ano a ver como compatibilizo tanta verbena coa dura xornada laboral.
A historia é que o fin de semana pasado e este xa tivemos os dous primeiros actos multitudinarios, nos que aínda non me impliquei moito. O fin de semanapasado foi o Festival da Canción do Landro (o Benidorm do Norte), ao que só asistín a unha parte da gran gala final. E durante os últimos días desta semana andivemos cos actos que se inclúen dentro da Mostra Folclórica Internacional, que organiza Bágoas da Terra. O xoves foi o turno para os máis pequenos coa mostra folclórica infantil, na que participaraon grupos de toda a comarca, Celeiro e Viveiro, xunto coa representación foránea que este ano correu a cargo duns nenos de Portugalete (Vizcaia) e uns búlgaros. O venres houbo o tradiciónal concerto do grupo folc de Bágoas da Terra, que este ano cumpría a súa décima edición. Na noite de onte, volveuse a representar o aquelarre na eira das meigas, que lle da un ambiente tan especial á Praza Maior de Viveiro. A noite do domingo está reservada para a gran gala da Mostra Folclórica Internacional. Alí se xuntan en cerca de catro horas de espectáculo, todos os grupos que xa levan varios días na cidade ofrecendo os seus bailes tradicionais por distintas prazas de Viveiro. Este ano tivemos aos representantes de Sabofolk Dance Ensamble (Uzbekistán), Tungurahua (Ecuador), o Folk Dance Group Chudesiya (Bulgaria), Elenco de Música, Corose Danzas Jallmay (Perú), Compañía de Canto e Danza de Quiandognan e Mao de Guizhou (China), Compañía Estatal de Cantoe Danza Tatarstán (unha especie de protectorado ruso), Ballet Folklórico da Amazonia (Brasil), Coros eDanzas Elai-Alai (Portugalete)e Coros eDanzas Bágoas da Terra (Viveiro). Xa vedes, unha auténtica amalgama de culturas, continentes, etc etc. Este faltou a habitual representación dalgún grupo da África negra.
E nesta semana que entra chega o grande das festas. Xa non hai volta atrás e non se para. Todos os días hai algo: música na rúa, risa na rúa (con artistas e pallasos arxentinos, belgas, entre outros), pasarrúas, concurso de pintura ao aire libre, feiras de artesanía, artes plásticas e do libro e varias actividades deportivas (volta naútica a galicia, torneo de xadrez, subida a pé a San Roque, gran premio ciclista san roque, travesía a nado da ría, baloncesto 3x3 urbano, etc.).
Pero a partir deste xoves, xunto coas verbenas, a música ocupará un lugar predominante nas noites viveiresas. Chegan os habituais concertos de verán, encadras nunha especie de festival que lle chaman Viveiro Son e Arte, e no que todos os concertos son gratuitos. Creo que este detalle é bastante importante.
O 9 de agosto darase o pistoletazo de saída co que antes se chamba Viveifolk. Este ano estarán Cristina Pato, Faltriqueira e Arrás. Estes últimos teñen un par de integrantes de Viveiro e formaron parte do A Polo Ghit deste ano co seu Pobretón. Desgraciadamente, a pesar do gran apoio dos votos dos oíntes da RG e dos visitantes da páxina de Vieiros, os "expertos" non tiveron a ben metelos entre os dez finalistas.
Un día despois, o venres 10 estarán na Praza Maior, Los Planetas e os galegos deElodio y los seres queridos.
O 11 será o turno para os rockeiros con Backyard Babies, The Nomads(gustoume a súa home pedindo a paz en distintos lugares)e The Hot Dogs. Estes concertos terán lugar na carpa de Celeiro.
O 12 teremos a Fangoria (con Alaska á cabeza) e máis os vigueses de Ectoplasma. Aquí haberá un día de descanso, ata que o 14 cheguen Los Bravos á Praza Maior. O ano pasado estiveran Los Brincos e fora un dos concertos máis concurridos no que, sobre todo, era moi salientable que había xente de todas as idades disfrutando de temas coñecidos por todos.
O mércores 15, os primos Antonio Vega e Nacho García Vega (Nacha pop) darán en Viveiro un dos vintedous concertos que van dar neste novo reencontro seu. Importante destacar que Viveiro estaba desde o primeiro momento na súa axenda de concertos, cando só tiñan programado quince.
O venres 17 e o sábado 18 será o turno para os hardrcoreiros. Parece ser que o Resurrection Festival deste ano, despois do éxito0 do ano pasado, aínda vai pegar máis forte, pero eu como non controlo desta música só podo falar do que escoito de oídas. Parece ser que vai vir xente de todos os puntos da península. Os grupos confirmados son estes: Madball, Ignite, Caliban, Napalm Death, Backfire, Angel Crew, Devil in me, Grankapo, Black Panthys, Against the spirits, The awake, Twenty fighters, Shattered dreams e Rain is art. Este festival será nos aledaños do campo novo de fútbol de Viveiro e tamén terá entrada gratuita.
O mesmo sábado 18, pero no escenario da Praza Maior, estará Macaco e Telephunken Live. Serán os que pechen os concertos por este ano.
Resumindo:
xoves 9: CRISTINA PATO + FALTRIQUEIRA + ARRÁS
venres 10: LOS PLANETAS + ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS
sábado 11: BACKYARD BABIES + THE NOMADS + THE HOT DOGS
domingo 12: FANGORIA + ECTOPLASMA
martes 14: LOS BRAVOS
mércores 15: NACHA POP
venres 17 e sábado 18: RESURRECTION FESTIVAL de Hardcore
sábado 18: MACACO + TELEPHUNKEN LIVE
E despois de todo esto, coa subida a San Roque o día do patrón, chegará a Romaxe do Bo Xantar, o Naseiro, para o que moitos viveireses xa se están preparando. Pero esto xa será tema para outra entrada.
Aquí vos deixo, desde un pobo que arde en festas, no que a calor e o bo tempo parece que se instalan para non irse en todo agosto (esperemos) e eu tentando de levar o mellor posible o chaparrón.
Aquí vos queda a información que aparece na propia web do Festival do Mundo Celta.
Curtametraxe sobre o Festival: casting [20/06/2007]O Festival será este ano argumento e escenario dunha curtametraxe que están a preparar un colectivo estudantes ligados ao campo da imaxe. O martes 26 de xuño terá lugar en Compostela o casting para seleccionar aos protagonistas. Participa!!
Baseada en historias reais acontecidas noutras edicións do certame, "Nos vemos en Ortigueira" busca reflectir as vivencias das xentes diversas que pasan pola cita folk.
O martes 26 de xuño, de 10 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, terá lugar na Sala Roberto Bolaño (Santiago de Compostela) a elección dos actores da curta.
Para asistir ao casting, cómpre que os interesados manden os seus datos e a sú foto ao seguinte correo electrónico: nosvemosenortigueira@hotmail.com.
Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.