Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: Política

¿Chamánlles tontos á cara e non se enteran?

Si, é superior a min, vouno facer. Vou entrar no tema político e vouno facer coma un elefante nunha cacharrería. É dicir, insultando e descalificando.

O nivel de chabacanería e desvergonza que está acadando Baltar paréceme, cando menos, alarmante. Pero o peor é que no seu partido ninguén lle di nada nin o aplaca. Explícome.

Non vou entrar en que recoñecera que a campaña fose sucia, rastrera e chea de esterco. Paréceme denigrante, pero prefiro non entrar. Ao que vou é que durante toda a campaña dedicouse a dicirlle aos labregos da zona do Ribeiro e algún outro punto da provincia de Ourense, pasquín en man, que co Bantegal (Banco de Terras de Galicia) lle ían quitar as súas terras para darllas a outros. Aquí tedes o pasquín:

Aquelo que ía ser a sovietización de Galicia durante a campaña, agora non é tan malo e simplemente se lle vai dar un simple retoque. Manda carallo!!!

Noticia de La Voz. E aquí o blog de Lois Blanco falando sobre o tema. Recomendo a lectura dos comentarios que lle fai a xente. Despois de toda a campaña, cáenlle paus por todos os lados.

Volvendo ao tema, en serio, eu se fose algún deses votantes aos que convenceron con sillas (onde están, por que non apareceu ningunha, leváronas para as súas casas?) e audis (incrible, os que enterraron cartos e cartos públicos no Gaiás), estaría profundamente avergoñado e pensaría no suicidio. Imos darlle un ar tráxico tamén ao tema, pero é verdade, eu estaría moi moi jodido pola miña decisión.

Pois ben, o señor Baltar non tiña de abondo con isto, senón que agora saíu co do coche e recoñeceu que leva aos netos á escola no coche oficial. Ben, vale, non sei, ata pode ser defendible se lle cae de camiño ou algo, pero é que só hai que botarlle un vistazo a un parágrafo para darse conta de que lle está chamando estúpidos aos seus votantes.  Aquí vos deixo a nova saída en Vieiros. E aquí vai o parágrafo ao que me refiro:

De paso, o dirixente popular sinalou que a súa escolta recolle os seus netos no colexio "pero faino voluntariamente" e argumentou que "outra cousa sería que o obrigase a facer ese servizo". Di Baltar que estanse a "utilizar as cousas como mandan os canons e como hai que facer" e puntualiza que "non é ningún coche oficial do presidente da Deputación", senón que se trata dun turismo que "está asignado á escolta do presidente da Deputación". Ao respecto, asegurou que "na maioría dos casos", vai aos mitins no seu "coche particular". "Vai tamén cando o considera oportuno a miña escolta", xa que "ten que velar pola miña seguridade cando vou ao mitin, cando son presidente da Deputación e cando vou á miña casa", subliñou.

Así que os escoltas lévanlle aos netos á escola porque lles peta. Vaia, non sabía que tiñan esas funcións e eran tan serviciais. A miña pregunta é, entre outras cousas, como ten tan pouca cabeza de meter a uns nenos no coche da escolta?

Bueno, vouno deixar por hoxe, que me quento. Outro día entro no dos buratos.

Saúde.

PS: Si, xa non dubido, xa non pregunto, chámanlle tontos á cara e non se enteran.

Dúas pinceladas

Levaba moito tempo maxinando en escribir neste "meu" blog. Finalmente, nesta noite parece que atopei o momento xusto. A verdade é que a miña vida está bastante desordenada, o que non axuda moito a que este espazo se vexa actualizado a miúdo. Bueno, iso e, porque non dicilo, que tampouco teño moitas gañas de escribir ou, case máis, nada interesante que dicir.

E hoxe tampouco é que teña moito que contar. Simplemente me gustaría deixar un par de pinceladas sobre cousas que estou escoitando nos últimos días e non deixan de sorprenderme.

Por unha banda está o tema dos superdelegados. Seica con eles ía chegar o aforro absoluto e agora resulta que cada un deles vai ter dous chóferes (e supoño que ao mellor tamén dous coches) e seis asesores. Agora multiplicade esa cifra por cinco e o "aforro" canta bastante.

E, por outra banda, o tema do ensino e o galego. Paréceme incrible que algunhas persoas queiran acabar co galego, pero máis incrible é que para facelo utilicen o tan manido argumento de "los padres tienen derecho a elegir el idioma en el que van a ser educados sus hijos". Roncañe o carallo, que diría algún vello no peirao de Celeiro. Se algún día teño fillos, eu desexo que non lles ensinen os logaritmos e a trigonometría e agardo que o Estado me faga caso porque a min non me gustaban, nin nunca entendín para que me valía a efectos de rúa. Ao fin e ao cabo, mal que menos, o galego serve para que algúns nos comuniquemos. Agardo que alguén lles explique que en temas de Educación, o Estado ten a lexitimidade para "impoñer" certas reglas.

Saúde.

PS: Intentarei actualizar máis rápido que da última vez (ía poñer prometo, pero case que non me arrisco, jeje.)

Unha imaxe vale máis que mil palabras

O certo é que non podo evitar subir esta foto, aínda que esteamos en día de reflexión. E é que non foi ata hoxe que a vin. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras e que os borrachos e os nenos nunca minten. Pois aquí tedes a imaxe deste pobre bebé. Debeuse dar conta do que se lle viña enriba, jeje.

A foto é de Carmela Queijeiro (fotógrafa da Voz de Galicia) e aparece no blog de Vítor Mejuto, xefe de gráficos do mesmo diario.

Recoméndovos que lle deades un vistazo ao blog, sober todo a aqueles que vos guste a fotografía. Animouse moito durante a campaña electoral.

Saúde.

De "Sol a Sol" de La Voz de Galicia (10 de xuño de 2008)

Imaxe do corte feito polos transportistas e os armadores (coincidiron alí por casualidade) na A-6 á altura de Guitiriz.

Vou copiar o de Sol a Sol que viña onte na Voz de Galicia. Veñen sendo estas poucas liñas que aparecen na portada do xornal, como se dun pequeno editorial se tratase.


Cargas y Beneficios

El objetivo de una huelga o de un paro patronal es alcanzar algo que se demanda de alguien. En el caso del conflicto derivado del precio de los combustibles, ¿qué se pretende? ¿Que unos nebulosos mercados internacionales bajen los precios? Y como no se consigue, ¿que se repartan las cargas de un sector entre todos los ciudadanos? Cuando las cosas vayan bien, ¿también se repartirán los beneficios?

Parece ser que aos armadores, polo menos aos da Mariña, lles sentaron moi mal estas liñas, pero eu só podo dicir que é moi complicado exprimir o meu pensamento sobre este paro do peixe en menos liñas.

Saúde.

CQC en la "Fiesta de la Hispanidad"

O pasado mércores 17, o programa Caiga Quien Caiga de Telecinco ofrecía a súa visión versión particular da festividade da Hispanidad, a través dunha reportaxe do seu reporteiro Eugeni (un crac). Aquí tedes o resultado.

A verdade é que non ten desperdicio. O da xente adulta que o insulta, desprecia e mesmo está a punto de agredilo é de xuzgado de guardia (típico de ultras, fanáticos e irracionais) e o dos rapaces pois, deixémolo en, simple ignorancia. Desde a primeira pregunta os deixou en evidencia.

Esta é a versión que ofreceron os arxentinos da mesma festividade. Máis ignorancia. Lamentable

Por certo, da versión española hai unha segunda parte, na que Eugeni se tomou todo con máis calma e foise a unha zona onde os ánimos non estaban tan quentes (ou mellor dito, tan exaltados). Marchou xunto aos sudamericanos que tiñan unha festa máis chévere.

Saúde.

Mayor Oreja quítase a careta

Bueno, vou aproveitar que parece que lacoctelera da un pouco de tregua e volve a funcionar como deus manda.

O pasado domingo non podía saír do meu abraio cando vía o titular dunha entrevista en LaVoz de Galiciaa Jaime Mayor Oreja, Ministro de Interior no Goberno de José María Aznar entre os anos 1996 e 2001. O titular que menciono rezaba o seguinte: "¿Por qué voy a tener que condenar yo el franquismo?

Caramba, pensei, e díxenme: bueno, será unha frase sacada do contexto polo periodista para facer máis atrainte a entrevista. En mín sirveulle este anzuelo (anzó en galego?) e lina enteira, para ver como foran realmente as palabras do político popular. E alí dinme de conta que o titular reflexaba fielmente o seu pensar. En fin, así lles luce o pelo a algúns. Agora din que se expresara mal e que esa declaración viña porque quería explicar que non estaba de acordo coa Lei da Memoria Historia. Mandatruco, desde as filas populares están todo o día dicindo que esta lei non vén a conto, porque á xente interésanlle outras cousas e temasmáis importantes coma o encarecemento da vivenda, dos combustibles, da cesta da compra, etc.
En certo modo teñen razón, pero non deixa de ser curioso que nas dúas últimas semanas a súa maior preocupación sexa se nos balcóns dos concellos está colgada certa bandeira, ou non.

Saúde.

E se volvesen aqueles tempos....

O outra día estaba vendo unha reportaxe na televisión, na que se trataba o trixésimo segundo aniversario das últimas penas de morte que se executaron en España, xusto cando agonizaba o réxime de Franco.

Atopaba tan tranquilo no meu sofá cando pasou algo que me sobresaltou. Unha das viuvas daqueles condeados dixo que se facía moitas veces esta pregunta: e se hai unha regresión cara o que había antes, cara a ditadura?

A verdade é que plantexeime e verdadeiramente pasei un momento malo. Sinceramente creo que a nosa sociedade xa está o suficientemente asentada para non volver a eses tempos pero, e se se volvese?

Saúde.

Nova proposta reivindicativa do "Movimiento por una Vivienda Digna"

O Movimiento por unha Vivienda Digna da unha "vuelta de tuerca" ás súas últimas propostas e convoca unha iniciativa bastante estravagante. Non sei se conseguirá nada con ela, pero eu, por se acaso, informo.

O novo xeito que se lles ocorreu, despois de sentadas e mobilizacións, consiste en facer unha concentración diante das casa consistorial de cada cidade de España o vindeiro 6 de outubro, para berrar ao unísono a seguinte frase, que xa acadou o estatus de lema: "No vas a tener casa en la puta vida".
Non sei se en Galicia, Euskadi e Cataluña teremos versión autóctona, haberá que informarse. Repito, non creo que se consiga nada, pero chamativo e estravagente si que é un cacho. Pero por tentalo que non quede.

Este é o vide promocional da convocatoria, que xa está colgado en Youtube.

Saúde.