Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: Publicidade

Comeza a censura na Superbowl

A poucos días de que se dispute a Superbowl, final da NFL (madrugada do domingo 1 de febreiro ao luns 2) coñécese un dos primeiros actos de censura que xa fixo a NBC, cadea que ten os dereitos de emisión do acontecemento.

Neste caso, trátase dun spot no que a asociación en defensa dos animais PETA (People for the Ethical Treatment of Animals) invita á xente a facerse vexetarianos, xa que segundo este colectivo teñen "mellor sexo" ca os carnívoros, se entende. Para levar a cabo a súa mensaxa utilizan varias mulleres (de bo ver, evidentemente) xogando con distintos alimentos, vexetais loxicamente. Aquí vos deixo o spot para que opinades. Fóra do mellor ou peor gusto do autor, do estilo, do coidado da súa producción e de tódalas concepcións teóricas e técnicas, a mín non me parece tan escandalosa. Volve a aparecer de fondo a tan quisquillosa moral americana.

Agardo opinións.

Saúde.

 

Un spot publicitario

Despois de moito tempo sen actualizar, colgo un spot que me atopei perdido por un fotolog.

Saúde.

Campaña abonados SD Teucro

A Sociedade Deportiva Teucro únese á moda de moitos clubes deportivos de facer un spot para publicitar a súa campaña de aboados e captar ao maior número de xente. O Teucro fixo dous este ano, un apelando ao espectáculo da ASOBAL e o outro un pouco máis emotivo coa figura dun meniño, e amosando as facilidades que ofrecen os carnés familiares.

Estoume dando conta de que este ano vou botar moito de menos o non estar en Pontevedra. Snif..

Saúde.

Campaña Atlético de Madrid

Como vén sendo habitual nos últimos anos, por estas datas o Atlético de Madrid presenta a súa campaña televisiva dirixida a conseguir aboados para a entidade. Sempre é das máis creativas das que se fan no mundo deporte. Foi un dos primeiros en apostar por esta formula, tamén. A deste, denominada "Eternamente grande", fai unha parodia sobre a morte. O que queira máis información sobre ela, deixo a ligazón da noticia que apareceu na Voz de Galicia, pero eu creo que o mellor é vela e que cada un saque conclusións.

Para min o peor é a solución final (a rama de árbore que lle dá un golpe na cabeza). Esperaba outra cousa, outro final diferente, menos esperable, máis creativo.

Un saúdo.

Publicidade retirada en España

Xa que estou a punto de licenciarme en Publicidade e Relacións Públicas (p... créditos de libre), aquí vos deixo un Top 10 de spots retirados, ou censurados, en España por diversas asociacións. Eu sigo sen entendelo, na maioría dos casos. Que vos parece a vós?

Corto e pego:

FNAC. "Discusiones elevadas 1"

El aviso fue el primero de una serie de spots dirigidos por Álex de
la Iglesia. Un cliente y un vendedor de DVD's discuten sobre la última película de Kubrick y llegan a las manos. El slogan: "Discusiones elevadas, sólo en la FNAC". La retiraron porque fomentaba la violencia.

Spot

La Sexta. "El derby"

Vemos un accidente de coches, iguailito al de Robert Kubica en
Montreal. Parece un golpe mortal, pero el conductor se pone de pie. "No es buen momento para morir", dice el anuncio, "el 10 de marzo, Barça vs. Real Madrid por La Sexta". Los teléfonos chillaron, y levantaron el anuncio.

Spot

Axe. "El perchero"

Las publicidades de Axe no están hechas en España, y cada vez que el anunciante intenta poner una en el aire peninsular, las feministas lo huelen y comienzan a quejarse. No entienden ironías, las feministas.
En ésta, que vio la luz sólo dos días, un chico perfuma a su perchero para que su novia baile.

Spot

Amstel. "Hombre o mujer"

No encontré la versión española, pero es idéntica a la original.
Tres chicos no se ponen de acuerdo sobre una mujer. Uno de ellos se le acerca y le pregunta sobre la ley del fuera de juego. La chica responde con seguridad. Las feministas no lo creyeron conveniente.

Spot

Axe. "Tubo de ensayo"

Excelente el juego de palabras. Tubo de ensayo, en una escuela de
Hots Girls, no puede ser otra cosa. Un grupo de niñas bailan al mejor estilo del cabaret de Tony Soprano y una voz dice: "Nos estamos preparando para el nuevo Axe". La versión es mexicana; aquí hubo una que no vio la luz.

Spot

Volkswagen. "Cambio directo"

La estupidez humana en su máxima potencia. Dos chicos juegan a
conducir un coche en el portal. Uno hace los cambios y el otro, que no, comienza a ponerse colorado por el esfuerzo. Es graciosísimo. Pero cierta Asociación de Amas de Casa Aburridas vieron que la publi podía ser perjudicial para sus hijos.

Spot

FNAC. "Discusiones elevadas 2"

Es el segundo de la serie de Álex de la Iglesia. Esta vez las que
discuten son dos chicas (también clienta y vendedora de la FNAC). El slogan es el mismo y la retirada de antena por idéntica razón: fomenta la violencia. ¿Porqué uno está en el top 10 y éste sale cuarto? Porque aparece Kira Miró.

Spot

Muebles Rey. "Aprovéchate"

Un aviso publicitario mediocre, que no debería haberse emitido por
pésimo. Pero lo quitaron por otras razones. En él aparece una doble de la princesa Letizia promocionando las ofertas de una mueblería. El slogan "Aprovéchate del Rey" le puso los pelos de punta a muchos. Fuera aviso.

Spot

Bocatta. "Amanece en el pueblo"

Ya lo hemos referenciado en el artículo precedente. Una canción
divertida, imágenes alucinantes y una idea final muy bien lograda:
"Quédate sólo con lo mejor del campo". Lástima que los representantes de los campesinos no tengan sentido del humor. Duró poco la creatividad.

Spot

ETB. "Nasí soso"

La televisión de Euskadi presenta en este aviso a un andaluz que
nació sin gracia. Después de trajinar por la vida con esa cruz, llega
al País Vasco y descubre ETB, "la sal de la vida", y por fin puede
sonreír. Los andaluces se sintieron degradados. Y el aviso —una joya— a la basura.

Spot

Y añado otro más que también duró 4 días, aunque este no es en tono humorístico:

Spot

Saúde.

Jingle insoportable

Así como hai jingles ou canción publicitarias simpáticas, pegadizas, que se acaban convertindo en hits, hai outras que non teñen a mesma sorte. No lado positivo todos recordamos o exemplo do "Yo te doy cremita, tú me das cremita".

Sen embargo, no lado negativo e sempre baixo a miña opinión (sabia, de todos modos, jeje), hai un que ultimamente me está torturando. Escoítoo a todas horas. Se poño a radio mentras conduzo aí oestá.Ao igual que escoitando os partidos de fútbol e tres cuartos do mesmo sudece, cando poño atelevisión.

É a última aposta da ONCE para o seu Sorteo Extraordinario de San Xoán. O "aserrín, aserrán, el sorteo de San Juán" estame martirizando por completo.
Son o único que ten esta percepción. Por dios, decídeme que non.
Iso si, a campaña de publicidade foi realizada pola axencia Bassat & Ogilvy, a produtora Garage Films e o realizador Albert Uría.

Saúde.

El Djem (Túnez) e Nike

Esta entrada vai adicada a todos os meus compañeiros de Publicidade, pero sobre todo a aqueles que me acompañaron a aquela fantástica viaxe a Túnez. E, sobre todo, a aqueles que considero amigos (aínda que algúns -ás veces- interpreten cousas raras ).

Preguntarédesvos vosoutros, que carallo (perdón) terá que ver o anfiteatro romano de El Djem con Nike. Pois si, ten que ver. Seguro que todos aqueles amantes do fútbol se acordan deste anuncio. Para min é dos históricos. Deberíadesvos de acordor todos (tanto futboler@s coma non futboler@s) se é que de verdade vos considerades publicitarios. Só o atopei en italiano. Non me empecedes a chamar pesado con Italia.

Foi navegando e navegando como cheguei a el. De casualidade. E despois de visionalo un par de veces, díxenme. Coño, se ese anfiteatro pode ser o que víramos en Túnez (moito mellor conservado por dentro que o Coliseo romano, polo que me contaron). Pero pensei, non será oh, que seguro que é todo amañado co ordenador. Así e todo, podía estar inspirado nel. Polo tanto, púxenme mans á obra, a investigar. E achei esta foto que pode ser clarificadora. Fíxadevos sobre o minuto e vintecinco segundos do vídeo (a tres segundos do final se o vedes por aquí)e na foto. Hai unha especie de "badén" na parte alta do anfiteatro (perdoade a miña ignorancia supina en temas de arquitectura), comenzando pola dereita,que coincide na foto e no fotograma do vídeo. Polo tanto, eu creo que si que se usou o anfiteatro tunecino como escenario natural.

Xa sei que é unha parvada, pero oe, polo menos xa podes "presumir" de que estivemos no sitio onde se gravou un dos anuncios de Nike máis recordados da historia. Ademais de estar nos escenarios de "La Guerra de las Galaxias".

Aquí ía unha foto nosa no anfiteatro de El Djem, pero como quedaba moi mal optei por quitala. A ver se consigo o Photoshop e poido modificales e, despois, subilas.

Grande Túnez!!!

Saúde.

PS: Se a algún non lle apetece que poña fotos nas que sae el, que avise que a retiro e poña outra na que sae outra xente da excursión, que non creo que acaben nunca no meu blog.