Gustaríame comezar hoxe cun novo tema: o refraneiro popular. Periodicamente, conforme escoite un novo ou se me veña á cabeza un simpático, comentarei algo sobre el por aquí.

É que mellor xeito de comezalo que, falando dun que está moi en boga estes días. Dicían os vellos: "Ata o 40 de maio non te quites o saio". Se cadra, o tempo que estamos tendo nestes días (e iso que xa está superado o corenta de maio) demostra ás claras a veracidade deste refrán, que nos pon en aviso de que, a pesares dalgún día de calor que xa chegou, non debemos gardar a roupa de abrigo.

De feito, menuda tormenta que tiven a "sorte" de padecer o pasado sábado (ou meu vello router non diría o mesmo). Miles de raios voaban polo ceo, como alma que levao diaño, formando un espectáculo de luz e son formidable. Formidable, mentres que a algún non lle amargou a velada futbolística cun corte inesperado de luz, ou coa marcha da televisión cando todo o peixe da Liga estaba (e segue estando) aínda por vender.

Tamén existen dúas variante do refrán anterior. A primeira di: "En maio ainda a vella queima o saio, e se se achega ben, queímalle as pernas tamén".
E a segunda: "En maio ainda a vella queima o tallo, e un chisquiño que lle quedou, ata o San Xoán o queimou".

O que me recorda que, o San Xoán xaestá ben pretiño.

Por certo, felicidades aos Antonios, Antonias, Tonis, Antóns, Toniñas, etc.

E iso, andade con coidado que semella que -en Galicia polo menos- non hai visos de que a situación mellore moito, nos vindeiros días. Ao contrario.

- Predición para o xoves día 14
- Predición para o venres día 15

Saúde.