Despois das controvertidas portadas de El jueves, que aínda están traendo cola, resulta que un programa de T5 nunha investigación exhaustiva e sen precendentes descubre que Letizia Ortiz é afeccionada á caza. En fin..., se esto é o máis noticiable que poden aportar e o venden como unha exclusiva importantísima, mal imos. E ollo, que Peñafiel conta que Letizia ten dúas escopetas.
Por se a alguén lle interesa máis esta trascendental investigación, en youtube podedes atopar o resto de vídeos. Paréceme incrible que as televisións privadas gasten os cartos en paridas similares, pero bueno, así nos vai. En fin...
"A la princesa se le han tomado medidas de dedo, codo y brazo". Menos mal que non seguiron, jeje.
"Fraga le pegó un tiro en el culo a la hija de Franco". Grande Jaime Peñafiel.
E no cuarto vídeo (non o colguei)xa di a frase final: "Es bueno que las parejas, los matrimonios compartan las mismas aficiones, porque si al final no comparten las misas aficiones, acabas un día no compartiendo el lecho conyugal. Eso le pasó al Rey con Doña Sofía, no compartían aficiones, no le gustaban a Doña Sofía muchas aficones del Rey".
Por certo, as fotos do fotomontaxe non teñen desperdicio. Ao final é o que digo eu, aínda podo dicir que teño algo de idea de Photoshop.
Saúde e República.

