Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: Revolución

O pobo unido...

Preguntarédevos a que vén esta afirmación. Ben, voume explicar. O pasado martes atopábame na Coruña paseando tan tranquilamente cos algún dos bos amigos que fixen en Firenze (fumos firmar uns papeis que certifican a nosa estancia alí) cando á altura da rúa Barcelona, de repente, empezamos a escoitar un balbordo evemos un barullo de xente nun cruce de rúas. Íamos camiño dalí e, evidentemente ao tratarse de persoas humanas, paramos a ver que ocorría. Pensábamos que habería unha liorta. A xente coa que nos cruzamos falaba dun Policía Local e de que "le dieron unas buenas hostias". Imaxinei que sería unha agresión a un axente. Pero non, nada máis lonxe da realidade.

Unha serie de inmigrantes estaban vendendo cd's e dvd's na rúa (o popular "top manta"), cando ao parecer dous axentes da Policía Local coruñesa se achegaron a un deles para pedirlle a mercancía. O home, ao parecer, negouse a darlla (creo que fixo ben, non che poden levar a mercancía así como así sen unha orde de rexistro) e semella que foi nese punto cando lle comezaron a dar, vulgarmente falando, de hostias. Cando nós chegamos á altura tiñan o home deitado nunha especie de xardinera grande e agarrábano dous axentes. Estaban rodeados por un xentío importante e parece ser que se acojonaro. Por que? Porque sobre todo un grupo de vellas (ancianas, se queremos ser máis finos) estábaos a increpar fortemente. E o resto da xente tamén. Cada vez que amagaban con levantar ao rapaz (que nun momento comezou a dicirlles que lle deixaran ensinarlle os papeis que tiña todo en regla), empezaban os berros de "ehhh, ehhh, que facedes, estades tolos".

A cousa foise quentado e, rapidamente, os policías sentíronse acurralados e comezaron a chamar reforzos. Un despliegue tremendo parao que foi. De repente apareceron dúas patrullas e cinco policías máis motorizados. E nese momento foi cando as señoras estallaron (realmente, xa o fixeran un cacho antes) e empezaron a recriminar nos seguintes termos: "si, aquí sodes moi valientes con este pobre infeliz que só está intentando gañarse a vida, pero a que para ir a Penamoa -barrio da Coruña- a mirar o que se fai nas chabolas non sodes tan homes". Outra: "si home si, a este ben que lle dan, pero nas peleas do Orzán non se meten non". Outro: "se forades aí á Praza da Conchiña que agora mesmo se estaban pinchando uns e estaban todos borrachos diante dos nenos, mellor nos iría a todos". O tema é que ao final, parecer ser que medio agrediron a unha muller dunha perruquería que tivo a mala sorte de que o incidente se produxera á altura do seu negocio. E tivo a "mala intención" de axudar ao pobre senegalés, do que falan os xornais que lle estiveron zumbando durante 15 minutos, antes de que comezaran as recriminacións da xente.

Ao final tamén se quentou a historia entre un axente e unha señora, á que lle dixo -cito textualmente porque o escoitei-: "vállase de aquí señora, si no quiere que la arreste". A señora simplemente lle estaba dicindo en que non había dereito a facer iso. Levárona entre varías amigas, mentres que o policía seguía dicindo: "llévensela, llévensela, que le están haciendo un favor". Mandacarallo, ao parecer agora non se pode andar polas rúas. Non vos podedes imaxinar as gañas que me entraron de darlle unhas hostias a aquel tipo (e mira que eu son pacífico). Se cadra levaría unha paliza, pero a primeira hostia íalle quedar ben marcada. Non sei que pasa, pero parece que hai xente que pon un uniforme e pensa que é o rei do mambo. Como dicía un alí: "además se pone todo chulo el tío, un Policía Local de mierda". Amén.

A maioría sabedes da miña "querencia" polos coruñeses, pero digamos que por unha vez sentinme orgulloso daquelas respetables señoras coruñesas.

Saúde.

De regalo unha canción que puxeron onte nun pub e que había tempo que non escoitaba. Moi acorde ao estado melancólico que me produce o outono.

Nova proposta reivindicativa do "Movimiento por una Vivienda Digna"

O Movimiento por unha Vivienda Digna da unha "vuelta de tuerca" ás súas últimas propostas e convoca unha iniciativa bastante estravagante. Non sei se conseguirá nada con ela, pero eu, por se acaso, informo.

O novo xeito que se lles ocorreu, despois de sentadas e mobilizacións, consiste en facer unha concentración diante das casa consistorial de cada cidade de España o vindeiro 6 de outubro, para berrar ao unísono a seguinte frase, que xa acadou o estatus de lema: "No vas a tener casa en la puta vida".
Non sei se en Galicia, Euskadi e Cataluña teremos versión autóctona, haberá que informarse. Repito, non creo que se consiga nada, pero chamativo e estravagente si que é un cacho. Pero por tentalo que non quede.

Este é o vide promocional da convocatoria, que xa está colgado en Youtube.

Saúde.