Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: Televisión

CQC en la "Fiesta de la Hispanidad"

O pasado mércores 17, o programa Caiga Quien Caiga de Telecinco ofrecía a súa visión versión particular da festividade da Hispanidad, a través dunha reportaxe do seu reporteiro Eugeni (un crac). Aquí tedes o resultado.

A verdade é que non ten desperdicio. O da xente adulta que o insulta, desprecia e mesmo está a punto de agredilo é de xuzgado de guardia (típico de ultras, fanáticos e irracionais) e o dos rapaces pois, deixémolo en, simple ignorancia. Desde a primeira pregunta os deixou en evidencia.

Esta é a versión que ofreceron os arxentinos da mesma festividade. Máis ignorancia. Lamentable

Por certo, da versión española hai unha segunda parte, na que Eugeni se tomou todo con máis calma e foise a unha zona onde os ánimos non estaban tan quentes (ou mellor dito, tan exaltados). Marchou xunto aos sudamericanos que tiñan unha festa máis chévere.

Saúde.

Air Galicia

Vouvos propoñer outro programa ao que podemos dicir que estou enganchado. A verdade é que digamos que hai pouco que o estou, pero teño visto as súas últimas edicións e cada vez sintonizo máis co humor que fan. O programa en cuestión, chamado Air Galicia, bota man dun humor e unha producción moi similar a "Pepe o inglés", aquela serie que protagonizara Miguel de Lira o ano pasado.
Air Galicia emítese todos os xoves na TVG a partir das22:15, máis ou menos.

Aquí vos deixo uns cortes pequenos que atopei pola rede.

Non atopei ningún dos sketchs do programa O Máis galego que presenta Morris (sae no vídeo do preámbulo do estato) nin da parella de vellos que viven na aldea, que se cadra son os que máis me gustan.

Saúde.

Muchachada Nui (Chanante 2.0)

Pois si, despois de que un rumor estendido, pasase a convertirse en noticia real hai poucos meses, a maioría da troupe que compoñían La Hora Chanante vólvense a reunir, pero agora na Segunda (TVE 2). O seu primeiro programa será mañá mércores 19, a partir das once da noite. A ver que ofrecen estes humoristas que ou gustan moito, ou non gustan nadiña. A mín polo de pronto tárdame velos. Aquí vos deixo con algunhas das promocións que están botando estes días.

E aquí vos deixo o vídeo do espacio que lles adicou Informe Semanal.

Que os desfrutedes (desfrutemos).

Saúde.

Aviso rápido

Voume rapidamente para a cama, que para ser o meu retorno non está mal.Aínda escribín.Simplemente vos deixo un aviso por se non teño moito tempo de actualizar os próximos días.

Este mércores recoméndovos un programa de La Sexta. Trátase de de Planeta Finito, que comeza ás 21:55. Na edición do Día de Galicia o programa títulase "Martina Klein conoce la Toscana". Se non tedes nada mellor que facer botádelle un vistazo e entenderedes, un pouco, porqué me namorei de Firenze, da Toscana e de Italia.

A partir das 21:55 do mércores 25 de xullo en La Sexta.

PD: E o 4 de agosto será Túnez con Santi Millán. Bravissimo.

Un saúdo.

A Galega na Rede

Seguindo o seu proceso de cambio, a nosa televisión decidiu apostar por colgar a súa información, os seus vídeos, en Internet. Paréceme unha moi boa idea e un gran avance da Galega. Alégrome que pouco a pouco vaia mellorando todo aquelos que estamos pagando os contribuíntes.

A galega na rede

Saúde.