Unha das experencias máis grandes da miña vida, vivina entre os meses de xaneiro e abril deste ano en Firenze (Florencia). Estiven alí tres meses cunha Beca Leonardo da Vinci. Realmente non ten moito que ver con Roma, máis aló de que eu estaba en Italia, Firenze tamén o está, e Roma, máis do mesmo.
Ao que vou é que todo o mundo que chegaba de Roma (tanto compañeiros de piso coma visitas vidas dende Galicia) falábanme marabillas da capital italiana. Ningunha crítica sobre a cidade. Bueno, minto, algún queixábase da suciedade.
Meses despois comezo a entender o porqué. Resulta que no aire de Roma, ademais de osíxeno (supoño que cada vez menos), móvense outras sustancias, deixémolo en sospeitosas. E é curioso que o maior número desas "sustancias" se atopen na zona da Universidade de La Sapienza. Moi curioso.
Agora tamén entendo porque algún Erasmus, cando volve de Roma, volve como volve.
Saúde.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados