Fútbol e Política
De todos é coñecida a importancia que está adquirindo nos últimos tempos o mundo do fútbol, en todas as esferas da sociedade. Non é novo, senón que ven de bastantes anos atrás.
Foi capaz de mobilizar a cidades enteiras para salvar aos seus equipos dun descenso administrativo (o exemplo máis cercano é o de Vigo), utilizado en moitas ocasións (o deporte en xeral) para amosar ao mundo unha imaxe de normalidade e desenvolvemento (Arxentina co seu mundial do 82). Mais as dimensións que está tomando na actualidade non me acaban de gustar moito. Explícome.
Resulta que xa non é o primeiro caso dun empresario que utiliza o fútbol como trampolín para a súa carreira política. Tamén se deu o caso contrario. Exemplos de políticos-presidentes dun clube de fútbol hainos a pares (Jesús Gil, Augusto César Lendoiro, Alfredo Rodríguez, etc.). O último caso parece ser o de Mauricio Macri,presidente de Boca Juniors, que se presume como o vindeiro alcalde da cidade de Bos Aires. Aínda que o seu obxetivo, parece que é máis alto. A Casa Rosada.
Non sei, a min daríame medo que un dirixente de fútbol se presentase a presidente de goberno. E o peor. Que gañase. Vendo como están actualmente a maioría dos equipos de fútbol, moi por riba das súas posibilidades económicas, podería conducir ao país a unha crise total.
O peor de todo é que seguro que algunha vez estaremos preto de que se produza. E, senón, ao tempo. O fútbol move moito ámasa. É unha vergoña que se lle perdoasen os cartos que se lle perdoaron anos atrás, pero parece que a sociedade non aprende e dentro duns anos volveráselles a perdoar. E así perdemos todos, gústenos ou non o fútbol, porque a maioría das débedas son coa Facenda e a Seguridade Social.
Saúde.

Eu(carestía) dijo
Sip: Silvio Berlusconi - A.C.Milan - Primeiro Ministro italiano. (A figura máis desacougante de Itália desde Il Duce)
10 Marzo 2009 | 02:59 PM