Hoxe é un día de tristura para o conxunto da sociedade española. ETA anunciou, mediante un comunicado remitido aos diarios Gara e Berria, o seu abandono do alto ao lume permanente dende as 00.00 horas desta medianoite próxima, 6 de xuño.
Polo tanto ponse fin a un período de tregua que para moitos -nos que me incluío- xa rematara o pasado 30 de decembro de 2006,logo daquel brutal atentado na T4 de Barajas (Madrid), que segara a vida de dous ecuatorianos.
Ninguén se debe sentir contento hoxe. Ningún político, aínda que coñecendo a calaña dos nosos, estou seguro que algún esbozou un pequeno -por mínimo que fose- sorriso, símbolo dunha victoria particular.
Non sei cal é o mellor camiño para acabar con ETA. Só espero que apareza algúen que o saiba e poida conducir a situación, como se fixo noutros lugares. O caso máis próximo no tempo, o de Irlanda do Norte.
Agardemos que os pobres ecuatorianos, que viñeran a España a gañarse a vida e poder así alimentar ás súas familias, sigan sendo as desgraciadas últimas víctimas da barbarie etarra. E non crezan as estatísticas.Así queda frío. Se cadra debería de dicir, que noncreza o número de familiasrotas porasasinatos, que non conducen a ningures.Desgraciadamente, sen pretender ser agoreiro, me parece que as miñas esperanzas non se van cumplir.
Información sobre o tema en La Voz de Galicia
Unha imaxe para a esperanza

eing