Este fin de semana, concretamente a partir do sábado ás 9 da tardiña, xógase a penúltima xornada da Liga. Unha Liga que chega ao seu epílogo con moitos cousas, aínda, por dilucidar. Por arriba son tres equipos os que se están xogandoser campións e, pola parte baixa, outros catros están no "fregado" por non descender.

Esto provoca que os"reventas" de entradas se estean poñendo as botas. Billetes que en taquilla custan uns 60 euros, xa se estánvendendo por máis de 500 euros. Esta práctica é totalmente ilícita, xa que a Lei prohíbe arevenda de entradas.De sempre é habitual ver por arredor dos estadios a xente merodeando, que che acaba ofrecendo entradaspara eses partidos catalogados como trascendentais. Derbis como o Madrid-Barça, finais de copa, etc.

Pero, agora, a rede ofrece unha nova alternativa. Moita xente pon a subastar a súa entrada ou abono e consegue máis cartos, xa que soe haber bastante xente interesada. Diredes vós, como fan para vendelas por Internet se está terminantemente prohibido. Pois moi doado, hai que tirar de recurso, acódese á "pillería" e ofrécense a través de ebay e outras webs de anuncios, vendendo mecheros máis o regalo de dúas entradas, ou rollos de papel para o Zaragoza-Madrid, etc.
Aquí vos deixo un par de exemplos:

- Vendo poster, más regalo dos entradas zaragoza-real madrid(400 €).
- Vendo boli + regalo 2 abonos Real Zaragoza-Madrid(550 €).
- Bolígrafo de regalo de 3 abonos Real Madrid-Zaragoza (600 €).

Agora entendo cando a xente di que subiu moito o nivelde vida. Pedir 600 € por un boli paréceme un abuso. Espero que sexa de ouro eme durepara a toda a vida. E xa aviso que teño pensado vivir 80 anos máis, polo menos.

PS: Como se soe dicir, que haxa sorte e gane o mellor.

Saúde.