A un ritmo inferior ás edicións precendentes, o Festival de Ortigueira vai tomando forma. Polo de pronto, sábese que o músico vasco Kepa Junkera tocará no día grande do festivale que o Centro Coreográfico Galego ofrecerá a súa proposta innovadora.
A última nova relacionada co festival foi a presentación do cartel, que correu a cargo do debuxante ferrolán Siro López. Como se establecera dende o ano pasado, unha edición o cartel correrá a cargo dun coñecido debuxante e o seguinté sairá do gañador do concurso.

Para máis información, aquí queda a ligazón da web oficial do festival.

Por certo, a min o cartel paréceseme bastante á serea da Festa da Maruxaina, de San Cibrao (Cervo-Lugo).

Saúde.