Anda estos días moi revolucinada toda a prensa (sobre todo a deportiva) do Estado, na busca dunha letra para o himno de España. Non é o primeiro intento que se fai, xa que Aznar tentárao levar adiante cando era Presidente do Goberno. Polo de agora a voz cantante lévaa o COE (Comité Olímpico Español), pero xa houbo algún político que se subiu ao carro -Mariano Rajoy, quen senón.
A verdade é que escoitar un himno sen letra resulta pobre. Parece que non ten contido. E, sobre todo, en competicións deportivas onde parece que se consigue intimidar -dalgún xeito- aos rivais, sen necesidade de chegar á altura da haka dos neozelandeses (ollo ao minuto e trinta e cinco segundos). Outras cancións, sen ser himnos nacionais en si, acadaron un estatus similar para moitos siareiros. Aí está o caso do "You'll never walk alone" do Liverpool, o "Bella Ciao" do Livorno toscano, ou "A Rianxeira" do Celta (a menor escala).
Pero se, finalmente, prospera esta idea, teñen que mirar ben qué clase de letra van compoñer. Parece que, en principio, é ideada para que a canten os deportistas. Esta opción pareceríame un erro moi grande pola súa parte, ademais de ser moi pobre como himno. E xa que non caían en facelo a través dun concurso como OT ou os que elixen os representantes de Eurovisión. Podería ser para mexarse da risa, ou botarse a chorar.
Os galegos que, aínda que a moitos non llo pareza, somos avanzados en moitos cousas temos o noso propio, o "Queixume dos pinos", con música do mindoniense Pascual Veiga. Precisamente este ano cumple 100 anos desde o seu estreo na Habana, igual que a bandeira. As xeracións novas (poñer novas xeracións quedaba feo, jeje) de galegos debémoslle moito á nosa emigración.
Eu aínda recordo con emoción o himno galego cantado por unhas 20.000 persoas no Estadio de Riazor, co gallo do partido da nosa selección. E tivo que ser mellor (non poidera asistir en directo)o ano anterior en San Lázaro, por aquelo de que é un campo máis recollido e pequeno. Todos din que o seu himno é o mellor e máis emotivo. Pero é que no caso do noso, é así.
Un que xa se considera medio italiano, tamén tivo a oportunidade de vribar co "Fratelli d'Italia" de Mameli. Impresionante, sobre todo, cando é na atmósfera dun partido de rugbi, no Stadio Flaminio de Roma.
Só me gustaría deixar un comentario a todo esto. Xa que tan en auxe está modernizar moitas cousas. Que si a letra para o himno, que si cambiar o sistema de votacións, etc.
Por que o seguinte paso á letra do himno, non é revisar a Monarquía española? Ao mellor era unha boa idea.
Saúde.

acabo de escuchar el enlace del himno gallego en Santiago y te juro que se me puso la piel de gallina.
este año, en vigo (supongo), no me pierdo el partido
xa sabedes a miña opinión a cerca dos himnos, as bandeiras e todo eso, pero teño que recoñecer que tamén se me poñen os pelos de punta co de San Lázaro...
Magnífico o de Italia. Pero a min gustaríame escoitar o inglés ou o irlandes nun deses marabillosos derbis de rugby...
Por certo, como é atrevida a ignorancia, eu non teño memorizado o himno galego... Así que xa sabes. Colgao por ahí.
Se pinchas na ligazón do "Queixume dos Pinos", aí a tes.
Saúde.
Sempre entendín que falta un himno para España. Sempre botei de menos algunha letra que entender.
Os galegos temos "os rumorosos", como lle chaman. Unha letra. Pero.. e os españois? (entre os que me inclúo).
Por qué diantres non temos algo que recordar, aparte dunha música?
Con qué cara tarareas o himno nacional sen ficar avergoñado ou con cara de parvo?
Por que seguimos crendo que non é posíbel identificarnos todos cunha canción?
Iso non nos dividiría, sería algo común.
Porque eu son galega e teño un himno, pero tamén son española (que carallo) e non teño nada que cantar.
Coido que o cortés non quita o valente, e tamén coido que ser española (todo un orgullo) con quita ser moi galega (a miña amada terra).
Non teñen por que reñirse os dous conceptos. Tamén son de Vilagarcía... e sigo sendo galega.
Eu son de eiquí, da terra, do país, da patria. Todo depende do que cada un entenda. Pero, por que negar algo para afirmarse noutra cousa?
Entedo que se trata dun sentimento histórico (e moi proteccionista), pero nunca entendín que fosen termos tan dispares. Galegos, cataláns, vascos, andaluces, mallorquíns, canarios ou o que sexa. Que máis dá, se todos somes un? Unha nación, unha patria, un país, o que sexa. Nada do que avergoñarse, senón algo do que aprender.
Diferenzas e igualdades. Comunidades... e España.
**
A miña experiencia en directo co himno galego foi nunha manifestación de Nunca Mais na alameda de Pontevedra. Tamén se poñía a pel de galiña, polo ambiente e pola protesta.