Concertos de verán en Galicia
Xa que Marcos abre a veda dos concertos, vouvos falar dun par deles que teñen boa pinta. Sobre todo tendo en conta, a xente que pode pasar por este blog.
Este vai dedicado para Ronnie. Hai algún tempo pasábame a información Xabi. O vindeiro 14 de xullo terá lugar na compostelá Praza do Obradoiro, o concerto conxunto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. O prezo único das entradas é de 30 € e están á venda en www.caixagalicia.es ou no teléfono 902 434 443.
Tresdías despois, 17 dexullo,repitirán actuación na Praza de Touros de Pontevedra. Aquí a venda de entradas corre a cargo de Caixanova.
O sábado 21 de xullo, haberá outro concerto conxunto en Santiago. Será o de Calamaro e Fito y los Fitipaldis. Creo que terá lugar no Monte do Gozo e o prezo é de 40 €.
Pero, para aqueles que queiran ir quecendo motores, o día antes haberá un festival no Multiusos Fontes do Sar (Santiago, tamén).
Trátase do "Festival Linguas Vivas". Dará comezo ás 20:30 horas. Participarán o polémico Fermín Muguruza, a Banda Bassotti, Nao, Boom Club e máis o Dj Capita. Os prezos oscilan entre os 18 e os 22 euros. Supoño que 18 será venda anticipada e 22 en billeteira. No enlace do festival podedes atopar os lugares de venda anticipadas das entradas, nas principais cidades galegas.
E, finalmente, o 4 de agosto desembarcará na Estación Marítima de Vigo, Manu Chao. Non se sabe aínda nada sobre os prezos e o inicio do concerto. O día antes estarán no mesmo escenario, Coti, Deluxe e Fon Román (ex-Piratas).
Aquí vos deixo un vídeo da Banda Bassotti, dando un concerto en Livorno (cuna do comunismo italiano). Xa vos podedes imaxinar.
Todos aqueles que teñades unha proposta ou saibades dalgún concerto, anímovos a que deixedes o voso comentario.
Saúde.




Oli dijo
Os dous primeiros xa os tiña anotadiños na miña cabeza, non os penso perder, calquera dos dous van ser boisimos.
E o venres que ven toca ir ó de Maná.
Un bico e grazas pola informacion!
14 Junio 2007 | 07:52 PM