Aquí vos queda a información que aparece na propia web do Festival do Mundo Celta.
Curtametraxe sobre o Festival: casting
[20/06/2007]O Festival será este ano argumento e escenario dunha curtametraxe que están a preparar un colectivo estudantes ligados ao campo da imaxe. O martes 26 de xuño terá lugar en Compostela o casting para seleccionar aos protagonistas. Participa!!
Baseada en historias reais acontecidas noutras edicións do certame, "Nos vemos en Ortigueira" busca reflectir as vivencias das xentes diversas que pasan pola cita folk.O martes 26 de xuño, de 10 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, terá lugar na Sala Roberto Bolaño (Santiago de Compostela) a elección dos actores da curta.
Para asistir ao casting, cómpre que os interesados manden os seus datos e a sú foto ao seguinte correo electrónico: nosvemosenortigueira@hotmail.com.
Máis información sobre a iniciativa en http://nveo.iespana.es/.
Por certo, hoxe 21 de xuño, cogallo do Día Europeo da Música,preséntase o cartel do festival no Fórum dorecén inaugurado Fnac da Coruña.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados