Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

22 Junio 2007

Pasen, vexan e desfruten dos atardeceres máis longos da Terra.

En Galicia temos o privilexio de ser a terra na que máis tarde se pon o Sol. Nin en Portugal, nin en Canarias poden dicir o mesmo (polo distinto fuso horario no que se moven). Neste tempo de xuño, previo ao San Xoán e ao Solsticio de verán (creo que chego un pouco tarde, xa que foi hoxe), en Galicia aínda temos luz ata máis aló das 22:30 horas. A verdade é que é un auténtico espectáculo, comparado co deprimente que para un é, ver como o Sol se vai ás 17:30 da tarde, en calquera tarde de outubro. Un luxo do que só podemos desfrutar dous millóns e pouco de persoas.

Por elo vos convido a que aproveitedes esta época do ano, e despois de cear vos vaiades dar un paseo e a gozar deste privilexio que temos. Da igual o sitio. Os cañóns do Sil, a Muralla de Lugo, a Chavasqueira, a Torre de Hércules, a Praia das Catedrais, as Illas Cíes,...


Faro de Maspalomas (Gran Canaria).



Torre de Hércules (A Coruña). Foto realizada por Pablo Neira Fernández e extraida da edición dixital de La Voz de Galicia.

Praia de Campelo (Valdoviño). Foto de Ana Villádoniga.

Eu quedareime no meu paseo marítimo escoitando o mar e vendo como desaparece o Sol. É un gran compañeiro o mar. Se vives preto del, nunca te abandona, nunca se esquece de ti, sempre está aí. En determinados momentos de estrés, aburrimento, ansiedade e cantas situacións negativas vos poidades atopar, sempre é reconfortante escoitar como peta nas rochas ou como
sube e baixa a través da fina area dunha praia. Este si que é un verdadeiro amigo ao que sempre podes recorrer.


Creo que descubrín unha forma de divertimento. A partir de hoxe, cando teña a cámara a man, voume adicar a sacar fotos dos atardeceres máis longos do mundo.


Creo que, por outras moitas cousas, se debería cambiar o noso fuso horario, como un partido político propuxera tempo atrás, pero perder esto botaría atrás o meu apoio. Seguro.

PS: Cando dunha vez instale o Photoshop, xa porei un par de fotos que teño de atardeceres en Túnez, feitas por Carlinhos. E algunha máis baixo o Sol da Toscana.

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 7 comentarios compártelo

7 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Irene Varela

Irene Varela dijo

Tés á man o meu meil (está no perfil). Coido que este finde non hei estar en Ponte, pero gostaríame saber onde andarás. Porque quizáis sí que fique aquí. Así que xa sabes, dime por onde andas e tal vez nos vexamos. E tal vez che dea un par de bicos de agradecemento polos comentarios e as visitas, e tal vez poidamos desexar xuntos que este verán que comeza non desemboque en traxedia. Xa sabes, nin por conspiracións nin por nada: tan só porque haxa alguén que ame tanto á nosa terra que non lle poida desexar mal, e porque sexa prudente cando a visita ou a vive. E tal vez poidamos tomar un cubata á saúde de todos aqueles que loitan por facer morrer as lapas que non matan. Dende logo, por eles, pola boa xente, un brinde.
Grazas a todos. E ós demáis, coidade o que facedes.
Bicos*******

22 Junio 2007 | 02:28 AM

megustadisenar

megustadisenar dijo

que bonitos,sobre todo o da torre jejeje, hola migueliño, a direccion da comuna derama alberto pero esquecéraa, e non sabes como a atopei de novo: puxen licor cafe no google imaxes, e sais non sei como alberto e jorge na 2º paxina, casi me mexo cando os vin, flipei! en fin, alégrome de atoparte no ciberespacio jeje.besiños!

22 Junio 2007 | 03:46 PM

ottoottotre

ottoottotre dijo

Preciosos atardeceres. Bonitas fotos. Espero las del sol de la Toscana.

Saludos

23 Junio 2007 | 06:53 PM

Oli

Oli dijo

Unhas imaxes preciosos, pero sen dubida a mais bonita e a da torre de hercules, es que verdade é eso dos longos atardeceres da nosa terra.
e precioso como o contas.
Un bico enorme!!!!!!!!!

23 Junio 2007 | 09:59 PM

marquinhos

marquinhos dijo

discrepo co título do post. son igual de longos que en calquera outro lado do mundo coa mesma latitude. outra cousa seria falar dos polos, por exemplo.

25 Junio 2007 | 04:13 PM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Pois a verdade é que dubidei moito á hora de incluír no título o dos máis longos do mundo, porque intuía que podía entrar algún tiquismiquis, coma ti (sen acritude, jeje).

Decidinme a facelo para darlle maior realce. Simplemente quería dicir que temos os anoiteceres nos que máis tarde se esconde o Sol na Península e Canarias (extensible ao resto de Europa), en canto ao horario que temos por convención (non o solar).

De todos os xeitos, sen entrar a valorar no do resto de Europa os anoiteceres das zonas do Norte de Finlandia, Noruega ou Suecia -por exemplo- onde non sei se, en certas épocas, podemos falar de anoiteceres ou atardeceres, xa que o Sol creo que non se chega a esconder de todo.

Saúde.

26 Junio 2007 | 05:31 PM

maku

maku dijo

Ola!!!! soy inma, no se si te acordaras de mi... no te conozco pero me dejaste una nota enorme en el blog de hugo sobre florencia....

Te escribo en este apartado porq no se donde hacerlo para seguir hablando contigo (mejor dicho, que me cuentes.. sobre florencia)jeje. pues eso.. muchas gracias.. hablamos..

28 Junio 2007 | 07:53 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera