Hoxe dá comezo o Tour de Francia 2007. Faino sen saberse aínda o ganador da edición do ano pasado. Bueno, si, ten un ganador moral que todos coñecemos, o galego Óscar Pereiro. Dende este blog gustaríame darlle ánimos ao bravo corredor de Mos. Toda Galicia pedaleará estes días con Óscar.

Pereiro además de ser bo ciclista, sabe venderse ben e creou recentemente unha páxina web na que tentará contar todos os días as súas impresión sobre cada etapa, como se sinte, como vai avanzando a carreira, cargándose e delibitándose as pernas e as forzas, etc.

Pero, por enriba de todo iso, eu ao que quero chegar é ao forte compromiso que con Galicia sempre tivo o bo de Óscar e con outras reivindicacións, coma podedes ver na camiseta coa que chegou a Peinador despois de quedar segundo no Tour 2006.Ou co spot de tráfico gravado o ano pasado. Para mostraoutro botón: a súa páxina web. Non sei se foi intención directa del (pero creo que é moi posible que si, por declaracións que lle teño escoitado e por comentarios que me teñen feito sobre a súa persoa) ou dos seus asesores, pero o feito de ter a súa páxina tamén en galego hónrao. Nun tempo, ademais, no que está tentando ser asediado polos incultos máis grandes que habitan a nosa terra. Aqueles que queren pasar por enriba do resto e eliminar unha lingua por capricho. Non sei por qué lles estorba tanto.

Ao bo de Pereiro non lle estorba e, a pesar de que tiña moi fácil a resposta a unha hipotética pregunta de por qué non tiña a súa web en galego (é porque vai entrar máis xente do resto de España ca galegos), decidiu facer a súa versión na nosa lingua. Un dez para o corredor de Mos. Para min xa está 5 minutos por diante na xeral, sobre moitos outros corredores do pelotón.

Que teña moita sorte e moitos éxitos no Tour que está a piques de comezar. E que como se soe dicir, ao César o que é do César, que lle dean o que lle corresponde. Oque ganou coa súa suor na estrada.O galardón de campión do Tour 2006.

ADIANTE PEREIRO, GALICIA ENTEIRA PEDALEA CONTIGO!!!

Saúde.