Despois dunha semana bastante absorbente na que non tiven moito tempo
para facer gran cousa, máis aló do propio do xornal, afronto dous días
de auténtico relax.

Hoxe voume adicar a descansar, porque non estou en condicións para saír
e mañá a esperar que veña un día de praia, como os dous últimos. Os do
tempo non ofrecen bos presaxios, aínda que semella que na Mariña
teremos algunha raiola de Sol. Esperemos que si, que me quero poñer
morocho, que diría o Pardellas.

Saúde.