Voume rapidamente para a cama, que para ser o meu retorno non está mal.Aínda escribín.Simplemente vos deixo un aviso por se non teño moito tempo de actualizar os próximos días.

Este mércores recoméndovos un programa de La Sexta. Trátase de de Planeta Finito, que comeza ás 21:55. Na edición do Día de Galicia o programa títulase "Martina Klein conoce la Toscana". Se non tedes nada mellor que facer botádelle un vistazo e entenderedes, un pouco, porqué me namorei de Firenze, da Toscana e de Italia.

A partir das 21:55 do mércores 25 de xullo en La Sexta.

PD: E o 4 de agosto será Túnez con Santi Millán. Bravissimo.

Un saúdo.