Máis ou menos imaxino que calquera que entre neste blog, estará sobre aviso de todo aquilo que sucedeu coa revista El Jueves. Resumindo, que a súa edición desta semana e a páxina web foi secuestrada por unha decisión xudicial do xuíz da Audiencia Nacional, Del Olmo. Para máis información podedes pinchar aquí.

E deixo a portada en cuestión. Non sei que doeu máis, se o debuxo en si ou o que din os bocadillos do Príncipe (¿Te das cuenta? Si quedas preñada... ¡esto va a ser lo más parecido a trabajar que he hecho en mi vida!). Como lector asiduo que son de El Jueves, sei de primeira man que cousas peores teñen dito do Rei ou de Jaime de Marichalar, por dicir dúas persoas relacionadas coa coroa. Ao primeiro poñeno sempre de borracho e putero, para arriba,e ao segundo de "farlopero".
En definitiva, que si non chega a saír medio minuto no programa do tomate, non sucedería nada. Isto, desgraciadamente, amosa que España é un país de marujos e cotillas que perden (perdemos) o tempo vendo este programa, porque recoñezo que eu tamén teño perdido o tempo véndoo. E non se me caen os aneis. Traenme grandes recordos aquelas sestas que me botaba no sofá da miña casa e me despertaba vendo o tomate. Ao igual que me trae grandes recordos a etapa da miña vida en Pontevedra, que estiven bastante alonxado da televisión en xeral (só víaos deportes o fin de semana e CQC, cando me quedaba o fin de semana alí).
Cal foi a resposta de El jueves? Pois como non, humor. Nonqueres unha cunca, pois toma dous cazos.Decisión totalmente acertada. Esta é a portada desta semana, que xa está colgada na súa web.

Algunhas malas linguas din que a revista estaba pasando por un mal momento de vendas e esto non foi máis que unha operación de markéting. Se é así, felicito ao seu asesor de markéting. Fíxoo perfecto, pero sinceramente non creo que estean pasando por ese mal momento. Cando me despisto de mercala os mércores ou xoves, houbo veces que se me fixo compricado atopala (sobre todo en Pontevedra).
Un saúdo.

teño oído que preparan un especial da monarquía...
Pequena corrección. A decisión non partiu de Del Olmo, se non da Fiscalía Xeral do Estado, con Conde Pumpido á cabeza. Persoaxe aviesa, que uns días di Juan e outros periñan (remítome ás declaracións sobre De Juana ou a tregua de ETA).
Sen acritude, Miguel
o mellor aproveitas esta outra dirección:
http://www.humorgraficojr.com/blog/el-jueves-campana-no-a-la-cens...