Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

24 Julio 2007

O mundo do touro avanza un paso máis na súa tolemia

Vou abordar outro tema que, ao mellor, é de todos coñecidos. Trátase do pai que correu co seu fillo de dez anos un "encierro" dos sanfermines deste ano.

Non sei se a decisión do xuíz de quitarlle o réxime de visitas, temporalmente, é a máis axeitada. Non o vou valorar, porque non me apetece e porque non creo que sexa bo establecer un debate sobre esto no meu blog. Paréceme un tema bastante compricado. Desde logo, actitudes como a do home non son moi adecuadas, nin siquiera para el, xa que dicir que non se arrepinte de nada e que o volvería a facer, é tirar pedras contra o seu propio tellado. Estas afirmacións parécenme demasiado fortes. Non sei se para quitarlle o réxime de visitas, pero si para darlle un toque ao pai.

A pesar de declararme profundamente antitaurino, son un gran seguidor dos "encierros" de sanfermines. É preciso recordar que aquí non matan aos touros, senón que simplemente fan un recorrido de menos dun quilómetro entre uns corrais e os corrais da praza de touros de Pamplona, que é o caso que nos ocupa. En descarga da actitude do pai, aducíuse que non correu o "encierro" en si, senón que saíu cando pasaron os cabestros escoba e estes non son perigosos. Certo, a medias. Os cabestros escoba son uns mansos que saen uns minutos despois da manada principal, que engloba a outros cabestros e aos actores principais deste acontecemento, os touros. A súa labor é sinxela, son os encargados de recoller a algún posible touro rezagado que se quede polas rúas de Pamplona facendo unha escabechina cos milleiros e milleiros de mozos que corren os "encierros" na capital navarra. Este ano non fixeron falla en ningún deles, pero recordo outros anos nos que si foron moi efectivos.
Ao que ía, é certo que non son perigosos e xa non é propiamente o "encierro". Pero hai que matizar o de que non son perigosos. Non son perigosos polo feito de que non fan pola xente, non "atacan" á xente, non empitonan, pero poñerse diante dun animal destas características, porque nun espectáculo no que hai moita xente (aínda que ao seu paso moita menos porque xa non se corre), nunca é recomendable poñerse diante duns animais que van a un trote bon e pesan máis de media tonelada. É moi imprudente meter a un cativiño diante destes animais. Sempre hai un perigo. E se pasa o que non é habitual. E se o pai tropeza, ou o mesmo fillo tropeza e cae diante dos cabestros e lle pasan por enriba. Eles non diferencian e por iso, aínda que o feito de ser os cabestros poida ser un atenuante, pareceume unha excentridade (polos comentarios que fixo despois) e unha imprudencia moi moi temeraria.

Pero non quedou aquí a cousa. O peor, ademais das declaracións a posteriori do pai, foi a cálida homenaxe que a praza de Las Ventas lle brindou ao "pobre" home o pasado sábado, por ter feito o que fixo. Foi un acto de desagravio, polo ataqueque nos últimos tempos estaba sufrindo por parte dealgúns periodistas.Ata lle deron unha placa e houbo pancartas en apoio do home.
En fin... cada vez entendo menos cousas do mundo dos touros e dos seus tifosi. Hoxe, unha menos.

Eu non son toureiro, eu son gaiteiro!!!

Un saúdo.

servido por cazandobiosbardos 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

dende logo o de levar ó fillo a correr diante dos touros, é unha irresponsabilidade, pero o da placa...xa nin nome se me ocorre...

24 Julio 2007 | 11:46 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera