O pasado domingo poidemos ver un auténtico carreirón de Fórmula 1. Desas que fan afición e das que, por desgracia, só hai tres ou catro en todo o campionato (se cadra, son demasiado positivo incluso). Alonso demostrou que sobre mollado (ou sul bagnato que din os italianos) é o mellor. Nin gomas, nin coches, nin nada. Sobre mollado é o mellor. Sirva de exemplo este vídeo que atopei en youtube. Corréspondese á saída do Gran Premio de Hungría do ano pasado. Por certo, Hungría é a seguinte cita do mundial de F-1. Esperemos que repita a carreira deste fin de semana en Nurburgring e xa se poda poñer primeiro no campionato do mundo. Son alonsista confeso, e en todos os ámbitos. Tanto polo que fai na pista, como polo que di fóra. España cada vez demostra máis que é un país de paletos, deportivamente falando, e que non gusta nada que un de aquí gane cousas, salvo contadas excepcións, de xente que só nos enteramos (ou nos contan) unha vez ao ano de que fixeron, ou ganaron, algo importante. Aqueles que ganan todo o ano nalgo no que só o pode facer unha persoa en toda a Terra, aqueles que ousan facer tal cousa, son vilipendiados na maioría dos casos.
Bueno, ao que ía que xa se me está indo a cabeza e estáseme quentando a lingua de máis. Aquí vai o vídeo do que vos falaba. É un fabuloso on board desde o bólido de Alonso. Incríble a súa saída. Pena daquel erro cando lle puxeron mal unha tuerca. Demostra que as disculpas de Massa non son máis que meras disculpas. Alonso é moi bo en auga, como era Senna, ou como tamén é Barrichello, por poñer un exemplo máis terrenal.

Este outro é desde a realización das televisións.

Que cada un saque as súas conclusións. Para min, agora mesmo, é o mellor de todos os que están subidos nos coches de F-1. E acabarao demostrando este mesmo ano, despois de que hoxe se confirmase que non van sancionar a Mclaren.

E se algún pensaba que se ía librar de poñer o battibecco tra Alonso e Massa, que saibades que non, non vos vades librar. Que grandes son. Alonso está predestinado para Ferrari. De momento xa demostrou que sabe máis italiano que o tedesco que tanto adoraron os ferraristas.

A calidade deste vídeo é boa. Menos mal que queda dalealplay.com, adonde aínda non chegaron os mandamais da F-1 (Formula One Management máis que nada), xa que os vídeos de youtube non se poden ver xa, salvo un que está gravado dunha televisión e non ten moita calidade.
Por certo, o outro vídeo está traducido e aínda que o que o colgou o presenta como unha forma de entender o que din Massa e Alonso (precisamente por eso, porque está traducido), tampouco se lle pode facer moito caso. Moitos traduciron o que lles pareceu, ao meu modestoparecer. Ao mellor son eu o que estou equivocado.
Por exemplo:

1º) Alonso non lle di prova ad imparare ("aprede")como traducen, senón que di "provate ad imparare". É dicir, claramente fala en segunda persoa do plural, polo que eu creo que se dirixe a todo o equipo Ferrari, non só a Massa. Hai que recordar todos os problemas existentes, na actualidade, entre Mclaren e Ferrari (o caso de espionaxe) e que Fernando está queimado aínda do que pasou o ano pasado en Monza, cando o penalizaron por, dixo a FIA, obstaculizar a Massa cando este estaba facendo a súa volta boa e Alonso estaba a case 100 metros. O da saída de Montmeló tamén puido axudar, pero sobre todo eu creo que Alonso aínda se acorda de Schumacher (sabía que ía estar no podio), das cousas que este facía e dos volantazos que daba para obstaculizar os adiantamentos.
Aínda que todo esto que acabo de escribir quedaría anulado se Alonso realmente di: "Prova te ad imparare", que é "Aprende ti!" Aí xa non dou tanto, porque penso que o provate é a segunda forma do plural (probades), pero tamén se pode traducir coma probade, en forma imperativa.

2º) En ningún momento penso que Alonso diga nada de que Massa case queda quinto, cando Fernando sabe que ademais o terceiro quedou a uns 50 segundos do brasileiro (se non recordo mal). Eu creo que aí equivocáronse as televisión e deixaron quedar mal a Alonso, xa que parece que se está burlando da capacidade que ten Massa de conducir. En ningún momento o fixo. Eu creo que dixo esto: "prova ad imparare, ho lottato con tutto il mondo e a tre giri dalla fine, ci tocchiamo". É dicir: "aprende, loitei contra todos e a tres voltas para acabar, tocámonos". Non aparece ningunha referencia a rematar quinto, como se inventou algunha televisión, creándolle peor fama a Alonso.

3º) Por moito que Gonzalo Serrano diga que Alonso llo dixo moi claro, nas imaxes vese bastante claro que Fernando cando chega a Massa lle da a man e fai unha mueca, como dicindo, perdoa que ao mellor me pasei co que fixen antes (o xesto nada máis baixarse do coche) e aí é cando lle empeza a falar do tema Massa, non Alonso. Retoma a cuestión Massa.

Aínda que despois só é Alonso o que pide desculpas, eu creo que o que peor se comporta é Massa. Entendo que debía de estar moi queimado despois de ir liderando toda a carreira, ter a victoria na man e que cha quiten dese xeito nesas últimas voltas. Pero de aí, a comezar a insultar e mandar á merda a alguén, hai unha distancia. Massa insultou e tocoulle a espalda mentres lle dicía a Fernando que aprendera a gañar, co que fastidia nun momento de tanta tensión que che den eses "toquecitos" nas costas. Para min que o brasileiro estaba buscando outra cosa con eses golpes.

Desde a miña garita de Magazos, nun día de verán total, con bastante calor de noite, a segunda noite que vou durmir coas fiestras abertas (pero coa persiana baixa, claro), despídese alguén que, pese a estar de corpo presente aquí, non sei moi ben o por qué, pero hoxe no pensamento está sentado nas escaleiras do Duomo de Firenze.

Saúde.

PD: Tu sei bravissimo Alonso!!!