Nestes días cúmprese o primeiro aniversario do inicio dos peores lumes que xamais se viron en Galicia. Hectáreas e hectáreas de montearderon na nosa terra, mentres todo o mundo asistía incrédulo, sen crer o que víamos, como se ía consumindo parte da nosa natureza, e de nós mesmos, porque non dicilo. Foi un dos maiores desastres ecolóxicos que nos tocou vivir.
Este ano, polo de agora, estamos libres. Parece que o xullo tan fresco e chuvioso que tivemos seguro que axudará a que este agosto non arda o monte, ou polo menos non tanto. Pero bueno, como hai moito desaprensivo e cada vez é máis doado provocar un incendio (agora hai unhas pastillas para facer lume que lles aforran moito traballo a estes delicuentes), agardo que desde a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia se fixeran ben os deberes, se aprendera dos erros do ano pasado e se mellorase o servizo galego contraincendios. Este ano foi ano de eleccións locais, agardo tamén que os políticos municipais se puxeran as pilas rápido e amañaron os temas dos equipos contraincendios de cada concello, ou que os anteriores os deixaran xa máis ou menos amañados. Tamén espero que algún partido non volva a xogar con esa estratexia errada de dilación no tempo, para perxudicar aos partidos do goberno. Realmente e á fin, para perxudicarnos a todos. Agárdoo de veras, porque será en beneficios de todos.
Pero hoxe hai outra Galicia que está sufrindo. A que noutrora se chamou Galicia canaria está ardendo estes días. O ano pasado na miña visita á illa de Gran Canaria tiven a sorte (aínda que pasei un pouco de medo no coche) de visitar a zona e é unha auténtica traxedia, para os grancanarios. Estalles ardendo a única zona verde que teñen en toda a illa, o seu pulmón, os seus únicos pinos canarios. Confiemos na rápida recuperación que ten este tipo de pinoe que todo o entorno que comanda o Roque Nublo, se recupere o máis pronto posible. Eran e son unhas paraxes increíbles.
Desde Magazos, cada vez máis moreno dun sol que parece que en todos os medios de comunicación nos queren negar (se chegan a dar hoxe bo tempo, morremos todos na praia de calor), despídome preocupado polos lumes en Gran Canaria e en Italia, que están devastando todo o centro e sur da península itálica.
Un saúdo.

esperemos que a nosa comunidade non se volva ver envolta no lume, como o estivo fai un ano. Eu en concreto recordo a ponte do 15 de Agosto que a pasei en Vilagarcia e ardia moi preto de alí, estabamos na praia e os hidravions pasaban por riba das nosas testas pra coller auga no mar, poñianseche os pelos de punta.
Esperemos que en Canarias e en Italia se estingan pronto e as consecuencias non sexan demasiado graves,
BICOS!!!
Dende logo, e de novo (e todas as veces que sexa preciso)...
QUE NUNCA MÁIS OCORRA ISO!!!
Porque Galiza é verde, é fermosa... e as lapas e a cinsa e o fume non o son.
É terrible... e sobre todo, é evitable. Poñamos cada un un grao de area pare evitar todo isto, que nunca máis debe ocorrer.
Conciencia, solidaridade, bo corazón... Nada máis que iso para evitalo.
¿É tanto pedir?
Eu creo que non.
Bicos**
Xa sabes a miña opinión sobre o BNG, e das agrias discusións que tivemos en Firenze. A verdade é que medio rural cubriuse de gloria o ano pasado destinando cartos para a prevención, pero mantendo a anterior política de sofocar incendios con cuadrillas formadas en moitos casos por redes clientelares, con xente que incluso lle prende lume ao bosque, ou que no mellor dos casos, son os borrachos ou os tontos do pobo (ben é certo que algunha cuadrilla se salva desta "queima", pero moi poucas). Non houbo demisións, cosa que se ocurrise cos anteriores mandatarios... en fin.
Agora que estou a soldo doutra consellería do bloque (Industria) e que o meu traballo ten moito que ver coa madeira, aproveito para desexar que non se repita o do ano pasado. E que xa estou farto de votar polo bloque a pesar de odialos. chupáronme máis do 50% do meu primeiro mes de soldo, a devolver cando remate o meu contrato. espero a que cando me paguen, a mediados de agosto o segundo mes, poidamos saldar definitivamente esa débeda que teño contigo.
Un saúdo dende un moi caluroso ourense (non te queixes de calor na mariña, cabrón, que estades coma dios e con praia)