Unha vez máis, o deporte demostra que é un bo método para unir e achegar aos pobos. É o que ocorreu nas últimas semanas coa fronteira entre Tijuana (México) e San Diego (Estados Unidos).
Ambas cidades están separadas polo denominado como muro da vergoña, 1.125 quilómetros de ferro que separán un país do outro, coa intención de combatir a inmigración ilegal. Este muro chega xusto ao Océano Pacífico, dividinto tamén a praia. Alí, os rapaces mexicanos e americanos convertírono nunha rede improsada para xogar ao seu pasatempo preferido: o volei-praia.
Así, hai menos dun mes colgaron un vídeo en YouTube no que se xoga un sorprendente partido. Un USA-México pola liberdade. Por un lado dous mexicanos e, polo outro, dous americanos, o muro de rede no medio e unha pelota. O encontro desenvólvese baixo a atenta ollada dos gardas e, incluso, un helicóptero. Aínda que non poden cambiar de campo, deíxanlles rematar o partido, que por certo gañan os estadounidenses. Mais, a verdadeira vitoria é aquela que demostra que o deporte une, aínda que teña que o muro da vergoña estea polo medio.

Saúde.