Como moitos saberedes este fin de semana e o pasado son os fines de semana grandes de Peñas en Pontevedra. Esta celebración, ademais de todo o que rodea a unha festa, vai acompañada das corridas de touros na única praza fixa que temos en Galicia, a da cidade do Lérez. Os que teñades lido este blog saberedes da miña querencia pola "festa nacional". Arrepíame o tratamento que se lle dá aos touros.

Pois ben, parece que en Pontevedra cada vez se están movendo máis para eliminar esta práctica da nosa comunidade. Xa hai creada unha plataforma antitaurina, que ten o seu propio blog e no que colgaron un interesante manifesto antitaurino. Quitándolle parte da súa clara identificación nacionalista galega e, nalgún caso, mesmo independentista, estou totalmente de acordo en todos os seus plantexamentos. Sobre todo nestes parágrafos, que teñen que ver coas administracións públicas. Copio e pego:

Deputaçom de Ponte Vedra
- Denunciamos a cumplicidade da Deputaçom de Ponte Vedra com estas festas, sendo a principal acreedora de cartos públicos a umha iniciativa privada e brutal como som as touradas. Nom é tolerável que semelhantes práticas sejam subvencionadas com cartos de tod@s nós , no lugar de ser investidas noutras iniciativas sociais e culturais de necessidade.
Concelho de Ponte Vedra
- Declaraçom de Ponte Vedra como “Cidade Ánti-taurina”, e “Amiga dos Animais” deixando claro que a celebraçom destes eventos nom está bem vista.
- Cese imediato de calisquer colaboraçom com a empressa proprietária da praça , “Plazas y Toros S.L.” , assi como das posíbeis ajudas públicas, sejam directas ou indirectas para com ela.
- Estudar e promover a expropiaçom e reconverssom da Praça de Touros num Coliseu para actuaçons e espectáculos exclusivamente culturais e musicais, capaces de atraer um turismo de qualidade e alternativo ao actual efecto-imám que cada verao atrae à nossa cidade a um turista irrespetuoso com a cultura do país.
- Completa supressom das touradas como reclamo turístico . Nem nas páginas web, nem nas oficinas de turismo, nem nas publicaçons do concelho, valoriçando positivamente que tenham desaparezido do programa das festas.
- Erradicaçom do uso de espaços públicos para a promoçom das touradas. Nengum outro evento do ano tem tanta presença na rua como este, e desde logo nom é de recibo que umha iniciativa privada empregue os espaços públicos de forma indiscriminada, sobre todo quando é umha grande difussora de valores como a violência contra os animais, o machismo e o espanholismo.
- Instar á Junta de Galiza a aprobar umha Lei de Protecçom Animal que proibirá de forma explícita as touradas e todos aqueles espectáculos onde se produça a morte ou tortura de animais.
Parlamento e Junta de Galiza:
- Aprobar umha “Lei de Protecçom Animal” que cumpra o anterior, de facto já recolhido na legislaçom europeia e na carta universal dos dereitos dos animais.


O de investir os cartos que meten nas corridas, noutras
iniciativas sociais ou culturais de calidade, é que nin que o escribira eu. Non podo estar máis de acordo.

Á súa vez, no blog tamén ofrecen dez respostas básicasaos dezargumentos pro-taurinos máis habituais. Quédome con este:


2.”Os touros son unha tradición, e as tradicións hai que mantelas”
As tradicións deben ser recuperadas e deben funcionar como soporte do que nos define e constrúe, pero tamén do que esperamos no futuro. Tradicións máis antigas que as corridas de touros como a escravitude, os sacrificios humanos ou outras tan españolas como a Inquisición, prodúcennos arrepíos. As tradicións sustentadas na violencia e o aniquilamiento non fan máis que perpetuar estes comportamentos como dignos de práctica e seguimento. Ademáis, é unha práctica que non ten nada a ver con Galiza, coa nosa cultura e coa nosa historia, cheas de tradicións populares que esmorecen ou desaparecen e que si son dignas de recuperación.

En definitiva, non me gustan os touros, perdón as corridas de touros, nin en Galicia, nin en Portugal (aínda que aquí, polo que teño entendido, non os acaben matando, pero dame o mesmo), nin no resto do estado. Como diría Manolo Maseda: eu son gaiteiro!!!

Aquí vos deixo un vídeo que tamén aparece neste blog. Explica bastante ben a barbarie das touradas. Asqueroso e arrepiante.

Teñamos cabeciña e prohibamos esto, que non ten nome.

Saúde.