Non collo de gozo en min. Botándolle unha visual ás novas da web da voz atópome con este titular:
Lavacolla. "Ryanair anuncia una nueva ruta entre Santiago y Valencia desde el 30 de octubre"

Diredes vós, si bueno, ben, unha nova vía de comunicación máis rápida entre Galicia e o Levante. Pero eu, que son unha persoa moi hábil e unha mente moi privilexiada (á par que modesta, como podedes ollar) dispúxenme rapidamentea ver que combinacións me podía ofrecer o aeroporto de Valencia, xa que Lavacolla opera con poucos destinos (aí atrás escoitei que Ryanair ía deixar de apostar por Lavacolla e reducir as súas operacións co aerodromo santiagués, vese que non é de todo certo). E mirando, mirando, foi cando me atopei coa gran nova. Valencia xa ten conexión directa con Pisa (Firenze) e mesco con Forlí (Bologna). Gran noticia, xa teño máis pretiño a miña querida Firenze. Viaxar ao Galileo Galilei de Pisa por menos de trinta euros pode ser a caña.

Tic, tac, tic, tac, tic, tac, xa queda un día menos para que regrese a Italia.

Saúde.