Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

19 Agosto 2007

Achégase o inicio da Vuelta

Bueno, pois vamos seguir con Vigo, xa que falamos o outro día del e da amenaza que ten ao outro lado da ría.
Como os máis deportistas (debería dicir seguidores de deportes, porque non é o mesmo, aínda que se pode ser as dúas cousas) saberedes, o 1 de setembro inicíase a Vuelta Ciclista a España, que este ano parte de Vigo e disfrutaremos de tres etapas polas nosas estradas. A primeira será con saída e chega na propia cidade olívica. A segunda arrancará da capital do reino e rematará en Allariz (Ourense) e a última sairá en Viveiro e xa chegará ao veciño pobo asturiano de Luarca. Pois ben, o vídeo promocional da Vuelta de este ano ten como protagonista a Vigo e, sobre todo, á súa ría. Aquí volo deixo, a verdade é que me gustou bastante e eu tamén quero crer no ciclismo.

O que xa non me gustou tanto foron unhas críticas surxidas, como non, desde o Glorioso Partido Popular (así lle chama facendo as coñas o meu xefe). Esto foi o que dixeron:

Nesta edición comeza en Galiza

O PP acusa á Xunta de favorecer os municipios do BNG na elección das saídas e chegadas da 'Vuelta'

Consideran que se lle deron as etapas da 'Vuelta' aos municipios onde as concellarías de Deporte son do Bloque, prexudicando outras vilas con máis tradición ciclista.

O deputado popular Manuel Ruiz Rivas dixo que a única excepción era Vigo, onde "se presentou á alcaldía o anterior director xeral para o Deporte", o nacionalista Santiago Domínguez Olveira, encargado de negociar coa empresa xestora da rolda, Unipublic. Para Ruíz Rivas "nos demais municipios (Santiago, Allariz e Viveiro) só atopan un nexo de unión: as concellarías de Deportes estaban dirixidas polo Bloque.

O PPdeG acaba de solicitar no Parlamento as copias de todos os documentos e contratos firmados coa xestora da carreira, xa que é esta a primeira vez que a 'Vuelta' negocia o seu percorrido directamente coa Xunta, e non cos concellos polos que pasa. Deste xeito, Ruiz Rivas dixo que o PP podería "coñecer tanto os criterios que levaron a elixir estes concellos como os investimentos realizados polo Goberno".

"Criterios clientelares"

Ruiz Rivas tamén recoñeceu, na súa comparecencia nesta cuarta feira, que Unipublic tamén participa na elaboración dos percorridos, mais que o seu grupo non se mete en decisións dunha empresa privada, senón nas da Xunta, que, segundo eles, deixou de lado outros concellos galegos con máis tradición ciclista, coma Ponteareas, Betanzos, A Rúa ou O Porriño.

Para os populares, a Xunta usa "criterios clientelares e políticos na xestión do deporte galego, en vez de se basearen en termos de promoción deportiva", cousa que, segundo el, xa se nota nas axudas aos clubes deportivos, "que están a diminuír, e tamén están atrasándose as subvencións ás federacións deportivas".

Non sei, non quero entrar a valorar a tradición ciclista das vilas que comentan os populares, porque sei que moitas delas téñena. Descoñezo a da Rúa, pero seguro que tamén a ten. Agora, oque me parece moi mal é que fale de clientelismo e de que a Viveiro lle dean (hai que pagala que non é gratis) unha etapa da Vuelta a España, simplemente porque o antigo concelleiro de deportes era do BNG. Paréceme absurdo e un insulto para o meu pobo e máis tendo en conta que nos últimos anos é unha das únicas vilas que está apoiando decididamente o ciclismo galego, apostando pola Volta Ciclista a Galicia (todos os anos temos unha etapa), aínda que xa non é para ciclistas profesionais. Sempre temos unha etapa aquí e despois vai a cidades grandes e repartese entre poboacións medias coma Cangas este ano, Tui outros, etc.
E ademais aquí non teremos unha gran tradición de afición, pero si de equipos (e eso que aquí ao ciclismo non se lle apoia tanto como no sur de Pontevedra). Posuímos un equipo (Club Ciclista Viveiro) do que saíu un rapaz, Alejandro Paleo, que está no Supermercados Froiz e para o ano estará en profesionais co Karpin Galicia, senón ao tempo. E tamén temos un cadete que aínda hai un mes participoiu nos campionatos de España celebrados na provincia de Castelló. Asemade está a peña ciclista Gráficas LAR, que organiza unha ruta cicloturista e outra de montaña, ao igual que o club que vos menciona antes celebra o Gran Premio San Roque para os máis pequenos e unha carreira para os cadetes que acaba sempre no alto do Monte San Roque, despois de recorrer as estradas da Mariña Occidental. En definitiva, que poden falar de Santiago se queren, aínda que bueno aquí o CC Muebles Compostela terá algo que dicir, ao igual que os seus veciños do CC Padronés, que son os que recordo neste intre. De Allariz si que non teño idea, máis aló de que é a vila de Anxo Quintana, pero de Viveiro, eso non llo perdoo. Non poden dicir que non temos tradición e que non levamos anos apoiando o ciclismo. Ademais falan do Porriño e Ponteareas, lugares que seguro que teñen moitísima máis tradición que Viveiro, pero teñen que darse conta de que unha carreira como a Vuelta non pode facer catro etapas na mesma zona. E, senón recordo mal, me parece que a primeira etapa Vigo-Vigo, vai facer un percorrido pola comarca viguesa, así que vai tocar todos estes puntos, en menor ou maior medida.

En fin, para min son críticas infundadas, duns que tiñan máis que calar do que dicir, porque estivemos máis de catorce (trece anos coas dúas etapas que tocaron Galicia o ano pasado) sen ciclismo do máximo nivel en Galicia pola súa culpa. Así que, penso que era mellor que estiveran caladiños e axudarán a botar a esa xente que tanto tempo estivo mandando nas federacións e tan mal lle fixeron ao noso deporte e aos nosos deportistas (véxase a Federación Galega de Fútbol).

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

roonnie

roonnie dijo

Federación de fútbol, de piragüismo, qué é especialista en enfadar a todos os seus palistas, a de remo que funciona de xeito anacrónico e medieval, e seguramente podería dicir algunha máis. Só dicir, que a pesares de que a min Santi Domínguez pódeme parecer un pouco populista teño que dicir que nos meses que estivo a cargo dos deportes entendeu perfectamente a relación grandes eventos deportivos-imaxe das cidades-incremento turístico-aumento da afición de base...

Como ben dís, outros estiveron moitos máis anos adórando o sillón e fomentando a corrupción federativa. En fin... creo que coas sombras, que sen dúbida existen, a diferenza é notable...

20 Agosto 2007 | 02:08 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera