Acabáronse as Festas de Viveiro, achégase Naseiro
Pois as Festas de Viveiro tocaron ao seu fin. Despois de case dúas semanas intensas de concertos, verbenas e festa, bastante festa. A verdade é que me estou reencontrando co Viveiro festivo, co Viveiro de noite que había tempo que non vivía, un Viveiro no que me divirto, no que o volvo pasar ben. Non vos vou mentir, había tempo que non o pasaban tan ben na casa como este verán. Non me preguntedes o por qué, pero é así.
Despois dos concertos de folk (Cristina Pato, Faltriqueira e Arrás)e pop (Los Planetas e Elodio y los seres queridos) xa comentados noutro post anterior, chegaron os de rock aos que non fun, pero dos que me falaron moi ben. Backyard Babies, The Hot Dogs e The Nomads (sobre todo estes últimos) gustaron bastante á xente que se achegou a velos a Celeiro. Eu retomei os concertos coa actuación de Fangoria e os últimos temas de Ectoplasma (cheguei para as últimas catro cancións e constatei que contactaron bastante ben co público). O concerto de Fangoria estivo realmente ben. Sobre todo a trouppe da que se rodea, que monta bastante espectáculo e festa. Moita xente botou en falta temas dos seus outros proxectos, pero todo o mundo saía encantado. E polo que lle lín nunha entrevista que deu en La Voz de Galicia a ela tamén lle encantou o concerto de Viveiro. E eso que tirou en moitos momentos de bacalao. Para o recordo o momento no que no medio de dúas cancións meteu un pouco de Chimo Bayo. Indescriptible. Juujjjááá!!!
Só durou pouco máis dunha hora e cuarto pero deixou un gran sabor de boca.
Nota: Perdón pola calidade dos vídeos, porque deben ser gravados desde un móvil, pero son os que atopei dos concertos de Viveiro.
Deixou o listón moi alto para martes e mércores. O martes estiveron Los Bravos. Non foi como o de Los Brincos do ano pasado. A xente (de todas as idades coma o ano pasado) respostou, pero o problema foron as inclemencias meteorolóxicas. Por momentos choveu bastante e recoñezo que abandonei o concerto á metade e regresei cando xa estaban na última canción (o cansancio de compaxinar o traballo coa festa tamén me minou un pouco aquel día). O mércores foi diferente. Regresaba Antonio Vega á Praza Maior dous anos despois, aínda que agora co seu primo, Nacho García Vega. Moi bo concerto, nótase que teñen tablas e levan moito tempo nesto. Sen facer grandes exhibicións (Antonio Vega, o pobre, non está para eso), metéronse ao público no peto. Como non podía ser doutro xeito, "La chica de ayer", que interpretaron no primeiro bis foi o momento máxico da noite. Tiveron tempo para facer outro bis. Concerto completito.
Así chegamos ao fin de semana, á última traca do Festival Son e Arte por este ano. Pero antes gustaríame facer un comentario sobre unha das verbenas. O xoves estiveron en Viveiro (entre medias dos tradicionais fogos artificiasi) os da Orquesta París de Noia. Vai ser impresionante a que se vai liar este ano en Naseiro, coas grandes orquestas que nos van traer para as verbenas este ano (xa o dixeron os da organización, que a mellor romería de Galicia merecíase as mellores orquestas de Galicia).E elas cando vexan á xente entregada, seguro que o van dar todo. O domingo 26 coa París de Noia ao carón do Landro pode ser espectacular. Xa me tarda, aínda que signifique pasar o ecuador da Romaxe do Bo Xantar e comezar o baixón.
Pois ben, o venres comezou o festival de hard core, o Resurrection Fest. Non son dese tipo de música e paseime polo campo de fútbol a dar unha volta. E había moita xente. Si señor, os chavales que están levando a organización desde o primeiro e que eles mesmos comezaron co festival e fixeron que fora crecendo (coa axuda do Concello), merecen un dez. Trouxeron moita xente ao pobo (a acampada no Monte San Roque e nas inmediacións do estadio novo de fútbol eran gratis, ao igual que os concertos dentro do propio estadio). Había moita xente de fóra de Galicia e, sobre todo, moitos portugueses. Parece ser que Viveiro estase convertindo nun lugar de referencia en España e Portugalpara os hardcoristas (se se escribe así), porque moitos dos grupos que viñeron (alemáns, americanos, etc.), só fixeron un único concerto na Península. E foi en Viveiro. Moita xente do pobo xa se queixou, polas pintas que tiñan moitos dos que se achegaron ao meu pobo. Sobre todo de xente afín ao glorioso partido que todos nos imaxinamos, porque están metidos nunha dinámica de criticar por criticar. E, sobre todo, de criticar todo (ás veces nalgunhas cousas teñen razón, se escolleran só esas, farían unha boa oposición e non lle estarían facendo o traballo ao alcalde, como llo están facendo coa súa oposición -sirva esto para o PP galego e español). Que moitos dos que viñeron tiñan pintas? Si, certo, pero xa o dixeron os de Protección Civil, "tivemos máis problemas en verbenas, das que houbo aquí". Que saiba eu, non houbo ningún tipo de incidente. Para min, poden ter máis perigo estes que van repeinadiños, con moitos cartos no peto e que meten polo naris sustancias que os poñen nun estado irracional. Así de claro e ao que non lle guste, que lle bote sal (aínda que do mesmo xeito, tamén recoñezo que no festival había algún que ía que lle chegaba). Este festival ocupou o venres e o sábado.
Pero o sábado pola noite, tiñamos na Praza Maior outra ración de música. Comezou Telephunken, ao que non puiden ir ver, pero que me dixeron que era unha especie de DJ. E comentáronme que estivera ben, así que tendo en conta que viña dalguén ao que non lle gusta ese estilo de músico, debeu de estar ben. Despois comezou Macaco. Encantoume, conciertazo que deu o rapaz. E a xente entregadísima, a pesar da choiva que caeu en moitos momentos. Choiva que acabou arruinando o concerto á hora e cuarto (en Ferrol tocara cerca de dúas horas e media), cando o son empezou a fallar e as chispas a saltar. Cantou a mítica do seu último traballo e tivo que deixalo, non sin antes prometer que ía volver, para acabar o espectáculo que deixou a medio facer. Hoxe entereime que a súa moza é Kira Miró. A ver se cando volva tamén a trae a ela, jeje.Macaco transmite moito e moiben e sabe darlle ritmopara que a xente se mova. Levou á praza ao seu campo, a unha praza entregada de novo. Por primeira vez vin, incluso, á xenteque estaba nas gradas bailando(foi a novidade deste ano, puxeron unha grada con capacidade para cerca de 500persoas no final da praza, que taménvalerá para Semana Santa). Ademais xa era toda xente nova que se sabía as cancións e seguiu as súas "coreografías" en todo momento. Xunto a Los Planetas pode se dicir que empeza a ser un grupo de culto (os granadinos xa o son).
E agora semaniña de descanso para preparar Naseiro, a partir do venres.
Saúde.
PS: Ía poñer ligazóns, pero non me apetece moito a verdade. Pido desculpas.


Oli dijo
Polo que contas foron unhas festas maravillosas, eu queria ir o concerto de fangoria e nacha pop e quedeime cas ganas!
MOITOS BICOS!!!
21 Agosto 2007 | 11:19 AM