En fin, andan os blogs galegos que botan fume despois dunha particular visión que apareceu del nas páxinas de El Mundo, a raíz dunhas declaracións de Anxo Quintana (BNG), sobre cómo se debe celebrar o centenario do noso himno. A interpretación que fan os periodistas de El Mundo (gardáronse de firmar) é trasnoitada, manipulada e cheira bastante. O peor é cando lle cambian o nome a Eduardo Pondal e o bautizan como Arturo Pondal. Ver para crer. Como ando bastante vago e tampouco teño moito tempo, deixovos unha ligazón coa páxina de Vieiros, onde vos sae a páxina escaneada (para ler El Mundo dixital hai que ser suscritor) e moitos enlaces a blogs galegos. O peor é que hai algúns galegos que apoian o dito polo mundo. Respeto a súa opinión pero, repítome de novo, ver para crer.
Saúde.

A min o que me flipou foi a bastante correcta tradución da letra ao castelán. O tradutor-posiblemente articulista-era bo, e iso reafirma o que eu creo: mio mala ostia tiña cando escribiu o artigo. O de Arturo en vez de Eduardo... ben, pódelle pasar a calquera (creo) pero a mala baba coa que se interpretaron as declaracións de Quin... non sei, iso si que non me da boa espina; ata que entendo que foi no xornal El Mundo.
os de El mundo non se cansan de manipular... o peor é que non todo o mundo se da conta.