Estas dúas semanas son de auténtica paixón para os siareiros da velocidade italianos. Despois de que as motos inundasen o Circuito de Misano, este fin de semana tómalle o relevo o Autodromo Nazionale di Monza,que acolle oGran Premio de F-1 de Italia.

Monza pasa por ser un dos templos da velocidade, xunto con Silverstone, aínda que despois da reformaen 1991 do circuito británico, o italiano pasou a serno que máis"veloce" se roda.O record de velocidade máis alta, acadada por un monoplaza de F-1 está en posesión de Juan Pablo Montoya, que o conseguía hai dous anos cando corría con McLaren-Mercedes. 372,6 km/h marcou o seu contaquilómetros. Unha auténtica barbaridade. Rubens BarrichelloA verdade é que a sensación de velocidade, acrecéntase neste circuito coas poucas escapatorias que hai e co feito de que a estrada está cuberta en moitos tramos por árbores. O propio Alonso recoñecía días atrás que había veces que o coche non estaba baixo o seu control, por todo o tema do apoio aerodinámico.
No seu trazado destacan a mítica Parabólica (discorre paralela a unha das curvas do óvalo que tamén ten o circuito)e a Variante Ascari. A loito entre os catros primeiros (Hamilton, Alonso, Massa, Raikkonen)será encarnizada, co affaire da espionaxe sobrevoando no ambiente.

Benvenutti a Monza!!!

Este é o vídeo da volta de clasificación do ano pasado de Felipe Massa. Volta na que, "supostamente", Alonso lle estorbou. Posteriormente o piloto asturiano foi sancionado por elo.

Saúde.