Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

18 Septiembre 2007

Muchachada Nui (Chanante 2.0)

Pois si, despois de que un rumor estendido, pasase a convertirse en noticia real hai poucos meses, a maioría da troupe que compoñían La Hora Chanante vólvense a reunir, pero agora na Segunda (TVE 2). O seu primeiro programa será mañá mércores 19, a partir das once da noite. A ver que ofrecen estes humoristas que ou gustan moito, ou non gustan nadiña. A mín polo de pronto tárdame velos. Aquí vos deixo con algunhas das promocións que están botando estes días.

E aquí vos deixo o vídeo do espacio que lles adicou Informe Semanal.

Que os desfrutedes (desfrutemos).

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

O máis listo de todos

O máis listo de todos dijo

Que hai de certo no feito de que non poden usar o persoaxe de Vicentín porque xa está rexistrado por Paramount Comedy? sería unha grande pérdida, pataliebre. Vaia sesións chanantes de youtube en Pistoiese, eh?espero que sigan estando á altura, seguro que si.

Ostia, por unha vez non teño nada para puntualizar. Grande, Miguel, grande

1 saúdo

18 Septiembre 2007 | 11:39 PM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Pois si, parece ser que personaxes como Marlo ou Vicentín, e algún outro máis, non estarán porque como ben dis están rexistradas pola Paramount. Pero eu confío en que inventen algúns aínda mellores. Dise, tamén, que o Gañán continuará, pero con outro nome distinto. A resposta mañá (xa hoxe).

Como esquecer aquelas sesións na Pistoiese. Indimenticabili. Sobre todo, aquel viernes das pizzas caseiras, nas que despois de que algúns bebesen algunha que outra botella de licor café nos dispuxemos a subir a Firenze, catro persoas en tres bicicletas. Como esquecer aquel: "Joder tío, me perdí, estoy aquí en el Blockbuster...". Grande, grande, grande!!!

Saúde.

19 Septiembre 2007 | 12:01 AM

marquinhos

marquinhos dijo

son os mellores!a ver se dan os recitais de sempre

19 Septiembre 2007 | 12:09 AM

O máis listo de todos

O máis listo de todos dijo

Unha vez vista a estrea, quédome cun bó sabor de boca. Efectivamente non saiu Vicentín, e o Gañán agora chámase Marcial. Coido que o feito de contar coma fio conductor cunha historia que é "narrativa" (as desventuras de Paquirrín cunha tribu de mondongos aos que lles ensina a facer cubatas variados) en vez do clásico testimonio alongado da Hora Chanante, sae gañando, porque hai moitas situacións absurdas descacharrantes. E o papel de testimonios segue presente no formato reducido cunha parodia de Bono que era para partise el ojete. Polo demais, coñas a cascoporro. Manteñen o nivel ou supérano por momentos... e a ver se hai algo máis adiante relacionado con Vicentín porque xa sería a hostia.

O mellor: o engano de que era María del Monte e non a Pantoja quen lía a carta de Paquirrín e a réplica que di ao ser descuberta in fraganti: "iba yo de peregrina y me cogiste de la mano"

O peor: coido que coma en La Hora Chanante, as animacións. Están ben, son graciosas, pero non están á altura do resto.

He dicho!

20 Septiembre 2007 | 01:36 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera