
Hoxe despertaba cunha mala noticia (tampouco é plan dramatizar, que vendo as novas que teño que ler cada día, bendita mala nova). Mourinho deixaba (din que de mutuo acordo con Abramovich) o Chelsea FC. Moitos dos que vos pasades por aquí sabedes da miña querencia por este INDIVIDUO (con maiúsculas, claro que si). Un dos mellores adestradores de fútbol do mundo, iso non o pode negar ninguén, máis aló de que hai moitos anti-mourinhistas que non son obxetivos e non saben ver máis aló do seu odio por este gran personaxe, que ten un xeito moi peculiar de facer vida nos banquillos.
Vaise para o paro, pero fálase que cunha compensación duns 35 millóns de euros. Bendito paro. E o mellor é que dentro de dous meses estará adestrando noutro gran equipo. Ollo que no Madrid parece que empeza a haber marexada. Schuster anda coa mosca detrás da orella. Outros falan de que o queren de seleccionador español. Ía ser a hostia ver a Mou enfrontándose a todos os xornalistas que soen seguir a prensa española. Ían andar subindo polas paredes e roendo todo.
Algúns dirán que co presuposto que quixo, non foi capaz de gañar a Champions co Chelsea, pero eu creo que os seus méritos quedaron sobradamete demostrados co que gañou co Chelsea, pero sobre todo co que fixo co Porto. Aquí vos deixo un vídeo que demostra como é Mou. Xenio e figura, jeje.
MOURINHO ES DIOS!!!... e punto.
Como non podía ser doutro xeito, aquí vos deixo unha das súas últimas aparicións máis estelares. Non quero que o meu blog caía no chabacanismo, pero aquí case boto por fóra (que cada un pense o que queira, jeje).
Só me gustaría deixarvos unha ligazón na que poderedes ver o que realmente opinan os siareiros do seu xa ex-equipo. Eles son os que verdadeiramente o coñecen e, sobre todo, recoñecen a súa labor. Botándolle un rápido vistazo ás catro principais cabeceiras deportivas da prensa española (incluidos os cataláns) aínda non falan nada disto pasada a medianoite. Claro, non lles interesa. Se fose ao contrario estaba na páxina principal e ben en grande. Seguro. Criterio e obxetividade, por favor!!!
Saúde.

"Botándolle un rápido vistazo ás catro principais cabeceiras deportivas da prensa española (incluidos os cataláns) aínda non falan nada disto pasada a medianoite. Claro, non lles interesa. Se fose ao contrario estaba na páxina principal e ben en grande. Seguro. Criterio e obxetividade, por favor!!!"
A que te refires?Ó dos aficionados concentrándose con pancartas (seguro que eran 4 gatos) ou á noticia de que Mou deixaba o Chelsea?
PUTO MOURINHO!!!
Refírome a que ningún se fai eco desa concentración. De que deixaba o Chelsea si que informaron si.
Catro gatos? Bueno, ao mellor si só eran catro gatos. De todos os xeitos, a Gazzetta fala dun nutrido grupo e na foto aínda se ve xente, tendo en conta que falta a parte da pancarta que pon Jose Mourinho. E tomáronse a molestia de facer rápidamente a pancarta e creo que se pode percibir que aínda eran uns cantos. Vamos, que había máis de vinte ou trinta persoas.
Por certo, non deixa de ser curioso o que di Sir Alex Ferguson.
http://www.marca.com/edicion/marca/futbol/internacional/es/desarr...
Fíome máis da súa opinión que da de algúns ignorantes.
E a ver en que posición queda agora o Chelsea. Ollo aos primeiros rumores de saídas.
http://www.gazzetta.it/Calcio/Estero/Primo_Piano/2007/09_Settembr...
Un saúdo.
E agora os do AS poñen esto:
"El portugués fue convocado para la mañana del jueves, pero sabiendo lo que iba a pasar, el miércoles por la noche empezó a enviar mensajes de texto a sus jugadores favoritos con la frase "Me marcho". A la 1.45 de la madrugada del jueves el Chelsea anunciaba en su web el divorcio "de mutuo acuerdo".
En la mañana de ayer, Mourinho se despidió de sus futbolistas en un adiós muy emotivo."
Falan de emotividade despois de que onte algún medio español xa comentase que dera o seu último coletazo no club, despedíndose dos seus xogadores á súa maneira particular. É dicir, mandándolles un sms dicíndolles que se foran á merda e que afortunadamente xa non os tiña que volver ver. A quen cremos? Por que saen esas afirmacións? Por que, se cadra se inventan as cousas? Sensacionalimos puro e duro, eso é o que queren ler e escoitar os siareiros do Barça e os da maioría do resto de equipos de España.
E todo por dicir que en Coruña estaban moi crecidos (cousa certa) e por responder a que en Barcelona sempre lle chamasen tradutor.
Por certo, ás tres da madrugada, El Mundo Deportivo facíase eco da nova da manifestación, convocada pola principal asociación de siareiros do Chelsea, 'Chelsea supporter's group'. Aquí vos deixo a ligazón.
http://www.elmundodeportivo.es/web/gen/20070921/noticia_533952335...
Saúde.
Que grande Fergusson!! lamenta que xa non ten con quen compartir viño. Quen os vería aos dous
Eu tamén lamento non poder seguir compartindo aquelas Moretti do paquistaní nel angolo tra Via della Scala e Via de' Canacci. Quen nos vería aos dous tamén.
Saúde.
"E todo por dicir que en Coruña estaban moi crecidos (cousa certa)..." normal que estiveran algo crecidos, estaban en semifinais de champions e tiñan moitas ganas. Unha verdadeira pena que os do Celta non saibades (nin saberedes) o que iso significa.
Non, tes razón, non sabemos o que é estar crecidos. Non somos tan prepotentes.
Un saúdo.
home, eu a algún do celta a mediados da temporada 2004/2005 vino moi crecido cando vaticinaba o descenso do deportivo e a salvación do celta; e non miro a ninguen...
Chico, pois non sei a quen miras. Se vai por min eu vaticineino o ano pasado e confundinme. Nesa tempada só estaba confiado en que o Celta, ao final, se ía salvar.
De todos xeitos, sempre confío en que o Dépor poda baixar. Este pode ser o gran ano.
Un saúdo.
que poucas alegrias ten que dar o propio equipo e que triste panorama se debe divisar dende aí abaixo para que a gran esperanza da tempada sexa que o depor descenda...xa sabes como di o refran, mal de moitos...
veña a ver se este ano vos vai mellor e non volvedes descender
Eu non quero o mal de moitos, eu so quero o mal dun. Pero queroo estando o Celta en Primeira, en Champions, en Segunda, ou en Terceira.
O panorama desde abaixo. Bueno, a mín o búlgaro non me ofrece grandes vibracións, pero xa estiveron peor as cousas.
Algún (non recordo se tu tamén eras dos que rajabas) os anos anteriores queixábase de que con Caparrós non se facía fútbol, pero este ano no Athletic xa está demostrando que é un entrenador como a copa dun pino e quería ver eu a algún o ano pasado co equipo que tiña o Coruña.
E tempo ao tempo co do Dépor. Agora dis que o van comprar árabes.
Un saúdo.
eu sempre defendín a caparrós polo ben que sabe exprimir os seus equipos, pero bo futbol,co depor, non fixo. a ver como vai a cousa con lotina que da igual que o equipo loite pola champions ou por manterse:sempre se sofre.