Gran Canaria, setembro 2006

Hoxe vou abrir unha nova sección no meu blog, que vai estar adicada a aniversarios, cabodanos e efemérides. E para iniciala, comezaremos co primeiro aniversario dunha viaxe que fixen o ano pasado, aínda que realmente chego con un par de días de retraso. Eso si, hoxe cúmprese un ano exacto da voda de meu primo, motivo polo que nos desprazamos ás illas afortunadas.
Pois si, hai un ano por estas datas estaba en Gran Canaria desfrutando dunha semana de vacacións. A semana aínda che deu para bastantes cousas, a pesar de que da miña idade prácticamente só estaba eu (os meus primos cos que digamos que a podería montar, deron a espantada e non foron á voda). De todos os xeitos desfrutei do meu novo primiño pequeno, que daquela contaba con case dez meses.

Imaxe de dous dos meus primos máis pequenos. Co guapos que son, parece mentira que sexan familia miña. O pequeno aínda estivo onte pola miña casa. Hai que ver como medrou e que pillo é xa.
O noso campo base estaba en Maspalomas, ao sur da illa. Digamos que e
ra un dos lugares máis caros das illas, don
de alemáns e ingleses campaban ás súas anchas. De feito, por veces, daba a sensación de que estabas no estranxeiro. Entre o particular acento dos canarios e que naquela zona, plagada de hoteis, apartamentos,... había moita
cartelería en linguas foráneas, clínicas dentais propias para alemáns, o mesmo que sanatorios, entre outras cousas. Parecía máis aquelo Stuttgart que outra cousa. O único que non se semellaba era o tempo. Sorprendeume a temperatura, porque esperaba máis calor. Ben é certo que era xa setembro. De todos os xeitos, había unha cousa que me gustaba moito. Polo día ao mellor chegaba a 30 graos, pero pola noite permanecía máis ou menos invariable nunha media de 25º. É dicir que para ir dar un paseo pola noite era un tempo caralludo. Eso si, polas mañás ao levantarte, a sudada de toda a noite non cha quitaba nin dios.
A semana deu para máis que a voda, así que tivemos tempo de visitar gr
an parte da illa. Estivemos na zona do centro, entre degolladas, desfiladeros e
barrancos moi verticais de máis dun quilómetro de descenso sen ningún tipo de vexetación ou árbol. A verdade é que pasei un día de bastante medo por aquelas estradas tan estreitas e, aínda por enriba, sen poder conducir eu o coche que alugaramos (non me aseguraban por ter menos de 25 anos, non valían de nada os meus 4 anos de carné sen ningún accidente). Despois cando fumos a Las Palmas de Gran Canaria e preguntamos nunha Oficina de Turismo, comentáronos que a persoa que lle preguntaramos na recepción dos bungalows onde nos hospedabamos, nos enviara pola estrada máis chunga. Visitamos o mítico Roque Nublo, que está ao carón de Tejeda, a zona toda que ardeu durante este verán que despedimos hoxe. A Galicia canaria, como lle chaman moitos lugareños. Unha verdadeira pena. Desde alí tamén se pode ver, moi ao lonxe e entre unha morea de nubes, o pico do Teide, da veciña illa
de Tenerife.
No inico do viaxe polo interior da illa, cando aínda se vía mar, paramos a facer unha visitiña a un museo guanche (os antigos habitantes das illas) ao aire libre con figuras a tamaño natural. Hai tivemos tempo para algunha que outra foto simpática e para sacar a do lagarto que preside esta entrada. Na foto da dereita podedes ollar que malo son, que me saltei a corda que prohibía poñerse ao par da recreación da nena. A verdade é que non había vixiancia ningunha naquel museo.

Ademais, tamén fumos á parte norte da illa, pero só á leste onde se atopa a capital, Las Palmas, e outras localidades como Arucas, Teror, Firga
s (estas dúas últimas onde están os principais manantiais da illa),etc. E Arucas é vila onde se elabora o ron mel.
A verdade é que Las Palmas gustoume bastante, a pesar de que non non adentramos moito nela e nos quedamos no barrio do inicio. Avisárannos de que era a zona máis importante e salientable da cidade, xa que no barrio de Vegueta é onde se atopa a catedral. Algúns intrépidos subimos a ela e poidemos sacar unhas bonitas fotos. Desde alí ollábase o esplendor do seu porto e na
súa inmensidade notábase a súa importancia como porto de paso para as mercancías que veñen á Península por vía marítima. Gustoume tamén a forma na que crece a cidade, sobre varias colinas. E o acabado das súas casas, por algunhas zonas (sobre todo unha, onde están as casas máis vellas de antigos mariñeiros), moi vellas e desarregladas dáballe un aire ás imaxes que sempre vemos das favelas brasileiras. Co
tempo que teñen, tampouco lles fai falla ter uns muros e un teito moi preparado. Claro que despois, ven unha tormenta tropical e pasa o que pasa, como por exemplo nos últimos tempos en Tenerife, onde incluso se levou algunha vida.
E, finalmente, houbo unha cousa que me sorprendeu moito, algunhos edificios tiñan os garaxes nos teitos das casas. Lóxico, a eles non lles fai falla facer os tellados das casas a dúas augas, ou máis.
Tamén visitamos a parte sudoeste da illa. A vila de A
rguineguín, terra futbolistas finos e de moita calidade como Valerón (Coruña) e Silva (Valencia, ex Celta), Puerto de Mogán, a para mín mítica Vecindario (polo seu nome e o equipo de fútbol que ten), Telde (onde se casaron) e a propia Maspalomas. Esta foto correspóndese a Puerto de Mogán. A Mogán (cara o interior da illa) non nos deu tempo a ir. Mogán foi un dos pobos máis castigados polos lumes, con múltiples evacuacións da súa poboación.
E finalmente unhas fotos da zona hotelera na que estamos (os hoteis son unha recreación da vila onde naceu o Marqués de Arucas, unhas das persoas con máis posesión na illa de Gran Canaria). Tamén unha foto do hotel onde se celebrou o banquete nupcial e o momento no que os amigos de meu primo tocaron as gaitas. Os canarios flipando, claro, e encantados.



PS: Para aqueles que xa lerades hai un ano a miña crónica na comuna, sinto tervos feito pasar dúas veces pola mesma tortura.

Saúde.


Oli dijo
Parece que foi unha viaxe xenial da que gardas moi bos recordos!
Alegrome por ti e que se repita pronto!
BICOS E BO DIA!!!
24 Septiembre 2007 | 12:06 PM