Creamos nos milagres

Aínda que non son moito de santos e menos de curas, porque non imos crer nos milagres. Eu teño o presentimento de que, aínda que Alonso teña todo na súa contra (clasificación actual e puntos), non está dito todo no Mundial de pilotos de F-1. Paréceme que este fin de semana vai deixar aínda aberto o título.
Despois, paréceme incríble o de Hamilton e a FIA. Despois de que se abrisen investigacións e se sancionase a Alonso con nocturnidade e alevosía a Alonso en Hungría, agora deixan a este tipo sen sanción algunha. Lamentable. O peor é que ao asturiano retrasárono cinco postos na grella de saída (era o mínimo para Hamilton, nesta ocasión), por unha maniobra que sucedue en zona de pit lane e sen basarse en ningunha norma do regulamento. É dicir, nunha área onde ninguén corría perigo; mentres que o inglés fíxoo nunha pista totalmente anegada de auga e onde estaba en xogo a vida dos pilotos e incluso a do tipo do "safety car", que non creo que fose moi cómodo conducindo co McLaren pisándolle os talóns e coa que estaba caendo do ceo. De feito, acabaron chocando os dous que levaba detrás. Eu quédome cun dato que é clarificador. Non o quixeron sancionar, pero a Vettel que fora sancionado co retraso de 10 postos na grella de saída deste domingo, ao final só lle impoñen unha multa económica. Por que esta reducción agora? Supoño que virá por algo. Pode ser que sexa porque comprobaron que había alguén máis con culpa? Non sei, cheira moi mal todo isto. A min, sinceramente, tárdame o día no que Alonso poida falar e diga moitas cousas polas que parece que tivo que pasar este ano. Hoxe xa quedou claro, cando respostou á pregunta de si pensa que o boicotaron en Xapón (co tema da presión dos neumáticos traseiros) dicindo que a iso non ía contestar porque era moi difícil de saber. Foi moi perspicaz. Un piloto a ben cos seus 'capos' diría non. Pero como si tampouco o podía dicir, con esta resposta dá a entender que cre que si. En fin... que a ver que ocorre dentro de seis horas e mañá, pero eu agardo que a Brasil cheguen Alonso e Raikkonen con opcións.
Saúde.


marquinhos dijo
si, esta vez reaccionou ben, pero tense equivocado en tantas... XDDD (que conste que só o digo pra picarte)
6 Octubre 2007 | 03:38 AM