Quedan catro días para a batalla de todas as batallas e a rede bota fume con vídeos, debates, opinións, etc. etc.
Son moitos os que están colgando vídeos de como cren que se desenvolverá a carreira de Brasil, ou mellor dito, como lles gustaría que se desenvolvese. De todos estes vídeos un que me fixo graciafoi o que mostrao modo no que o creador espera que Alonso venza este título mundial. Estoume dando conta que hai xente moi moi ociosa, que se adica a recrear na Play como sería a carreira e incluso como foi o "aparcamento" de Hamilton en China. Aquí deixo o video do que falo.

En canto ao máis oficial, parece que o "señor" Ron Dennis estivo hoxe e onte en Madrid tratando de demostrarlle ao presidente da Federación Española de Automovilismo, Carlos Gracia, e a Joaquín Verdegay, comisario da F-1, que a igualdade entre os dous pilotos sempre existiu, existe e seguirá existindo este fin de semana en Brasil. Non deixa de ser curioso que agora veña a dicir esto e só teñan boas palabras para el (é de eloxiar que veña aquí dicirnos estas cousas, viñeron a dicir os dous entrevistados con Dennis), despois de declarar na prensa inglesa que en China, estaban loitando contra Alonso. En fin, moi ben poderíamos aplicar aquí o famoso dito de que "mexan por nós e dicimos que chove". Gustaríame ver a min que fora un italiano o puteado en McLaren. Gustaríame ver a reacción do presidente da Federación Italiana de Automovolismo, un dos grandes artífices de que ao final se sancionase á escudería McLaren.
Despois de falar con Gracia e Verdegay, disque estuvo xogando ao golf con Botín, un dos principais patrocinadores de McLaren, xa que parece ser que Dennis está moi preocupado polo cariz que están tomando as cousas en España, contra a súa escudería e o trato que lle están dando (na ceremonia do GP de China só había un mecánico da escudería anglo-alemana), así como contra el mesmo. Gustaríame estar no sitio de Botín. Haberíalle cantar as cuarenta a Ron. O que pasa é que Botín, mirando polo seu negocio, tamén sabe que Abbey (o principal banco das illas e filial agora do Santander) é un gran negocio e non lle interesa ser un fanático de Alonso, aínda que para o ano se poda marchar á competencia.

Iso si, Dennis anunciou que se quere reunir con Jaime Lissavetzky, Secretario de Estado para o Deporte, despois do Gran Premio de Brasil e "pase o que pase" cos seus dous pilotos. Aquí si que me gustaría estar que non tería nada que perder. O dossier que lle ía presentar a Dennis ía ser de escándalo, jeje.

En fin, esta visita a Madrid dá moito que pensar. Realmente Ron Dennis deuse conta de que o seu actuar non está sendo como debería ser con Alonso e, ao ver que a xente e os siareiros se están dando conta, síntese acurralado e quer lavar a súa imaxe e a da súa escudería en España (un dos lugares nos que máis está crecendo a F-1 e no que, non nos esquezamos, para o ano haberá dous grandes premios)? Aquí queda a pregunta. A miña resposta é afirmativa. E o peor é que sabe que a xente ten razón, porque senón dirédesme vosoutros a que c... se debe esta visita. Hai tempo que xa quitou a máscara, dicindo unhas cousas nos medios británicos e outra totalmente difente aos españois, pero eu creo que con esta visita xa se quitou o disfraz enteiro.

Recoméndovos un par de sitios nos que se fai balance de como trataron en McLaren este ano a Alonso e teñen distintos vídeos e fotomontaxes, dos que algúns se poden salvar e son simpáticos. Aquí vos deixo a ligazón dun deses vídeos que fala de como se sancionou a McLaren e a Alonso despois da cualificación de Hungría. As páxinas en cuestión son Hamiltongo, da que o seu nome xa o indica todo, e Safety-car, na que podedes firmar unha petición para que a FIA investigue todo o que, segundo este grupo de aficionados do asturiano, lle fixo a súa propia escudería este ano na súa contra.

Por certo, Vodafone vendo que as cousas en España lle empezan a ir peor do que era ata agosto, parece que se está poñendo as pilas e agora apoia a Fernando por enriba de Hamilton (polo menos en España) nunha campaña que lanzan estes días. Claro que no Reino Unido a cousa é diferente. Tanto o Santander (por Abbey) e Vodafone están nunha situación bastante complexa e complicada.
Eu creo que non facía falta nin unha cousa nin a outra. Como dixen antes, se neste equipo as cousas foran normais e, realmente, existira ese trato igualitario non creo que fixara falla nada destas cousas. Se alguén está interesado en lanzarlle unha mensaxe de ánimo ao ovetense pode facelo a través dun número de teléfono gratuito (900 900 787) que habilitou a compañía telefónica e nunha gravación do propio Fernando, este agradecerache os teus ánimos.

Eu só quero unha cousa e lle pido a Alonso. Por favor, Fernando, evítanos ter que ver ao pai de Hamilton celebrando o título mundial do seu filliño.


Debe ser duro de aguantar que o teu máximo rival poña esa cara dócil no podio, mentres che toca a cara. Hai miradas que matan.

Espero que Fernando gañe e que Hamilton sexa terceiro. Sería incrible ver a cara de Lewis no podio, igual que a de "papa" Dennis e a de papa Hamilton. Se non pode ser esto posible, confío en que Ralf Schumacher non nos deixe indiferentes na súa última carreira na F-1 e, por primeira vez, a súa actuación favoreza a Alonso. Vamos Ralf, embiste ao inglés na primeira curva ou cando te estea doblando.

Que San Ganchao, patrón de las puzolanas, lle axude tamén.

Saúde.

PS: Non me quero despedir sen ofrecervos o ben que sabe aparcar Lewis Hamilton. Nin eu cando aprovei o exame de conducir o fixen tan ben. Grande, Lewis, grande!!!