Vouvos propoñer outro programa ao que podemos dicir que estou enganchado. A verdade é que digamos que hai pouco que o estou, pero teño visto as súas últimas edicións e cada vez sintonizo máis co humor que fan. O programa en cuestión, chamado Air Galicia, bota man dun humor e unha producción moi similar a "Pepe o inglés", aquela serie que protagonizara Miguel de Lira o ano pasado.
Air Galicia emítese todos os xoves na TVG a partir das22:15, máis ou menos.

Aquí vos deixo uns cortes pequenos que atopei pola rede.

Non atopei ningún dos sketchs do programa O Máis galego que presenta Morris (sae no vídeo do preámbulo do estato) nin da parella de vellos que viven na aldea, que se cadra son os que máis me gustan.

Saúde.