Comezaba o fin de semana onde se vai decidir o título mundial da F-1, como vén sendo todo o campionato do mundo. É dicir, con polémica. Unha acción de Hamilton volvía a estar baixo sospeita e os comisarios estaban investigando. Ao final, nada de nada. 15.000 euros de multa a McLaren e para a casa todos, tan contentos. Unha cifra económica que debe ser o que gana Lewis cada día, ou menos incluso. É dicir, unha inmundicia. O caso é que, se cadra, a sanción é a correcta xa que non foi culpa do pobre rapaz que lle puxeran un xogo de neumáticos que non debía, e ben é certo tamén que só deu unha volta e a baixa velocidade, polo que se supón que non saca ningunha vantaxe ou información de cara á carreira de hoxe domingo. É posible que sancionalo por isto, fose perxudicar gravemente e inmerecidamente o espectáculo da derradeira carreira. Cal é o problema? A cuestión é que, vistos os precedentes, non sei eu se a sanción tivera sido a mesma se fose Alonso, ou o mesmo Kimi, o que infrixe esta norma. Só cómpre recordar o GP de Bélxica, onde Alonso fora castigado con 5 postos de retraso na grella de saída -conseguira a pole e saíu sexto- e McLaren a non sumar ningún punto no mundial de constructores (á postre daríalle igual, porque llos quitaron todos pola Spy-story). O simpático do tema é que aquí Alonso tamén tivo pouco que ver (polo que se falou despois) e sancionárono sen seguir estrictamente ningún artigo do regulamente da FIA. No caso de antonte con Hamilton si que infrinxiu (el ou o equipo) unha regla. Claro que, como ben dicía un xornalista da SER, este ano parece que exiten as FIA rules e, tamén, as Hamilton rules.
Despois deste pequeno inciso, que non me gustaría meter, porque parece que Alonso e os seus seguidores (considéromo) sempre estamos chorando, pero de verdade que todo o que está sucedendo este ano é incrible. Gustaríame que Fernando algún día poidera dicir todo o que lle sucedeu esta tempada. Ao mellor lle facía falta un especial de ¿Dónde estás corazón? ou La Noria (antes Salsa Rosa). Pois ben, chegou o sábado e chegou a sesión de cualificación e as primeiras malas novas. Aínda que o meu viaxe para xogar fóra da casa non me permitiu ver os adestramentos, sei ben que Alonso quedou cuarto e que, cada vez, o ten máis difícil. E tamén puiden ver as imaxes nas que Hamilton "obstaculiza" a Raikkonen.A verdade é que non me parece que fora para tanto, tendo en conta como o pintaron durante todaa tarde-noite algúns xornalistas radiofónicos. Por certo, algúns mesmo xa están comentando que cren que o coche de Fernando está "capado". Din que con toda a tecnoloxía que hai dentro da F-1, é moi doado facelo por moito representante da FIA que haxa no box de McLaren. Non sei que pensar, habería que estar aló e saber moito máis do que eu sei, e do que a maioría (creo que todos, en definitiva, tanto tifosi como periodistas) sabemos sobre este mundillo.
Pero bueno, as posicións de saída son: 1º Massa, 2º Hamilton, 3º Kimi e 4º Alonso. Díficil, moi difícil. Como digo, non sei se o coche de Alonso está "trucado", "tocado" ou "capado", pero non me parece normal que un tipo que viña facendo 7 ou 8 poles ao final de ano, este ano pase, subitamente, a facer só dúas ou tres (se contamos a de Bélxica, se non recordo mal). Parece, cando menos, raro, raro, raro. Mais, haberá que pensar que son cousas que pasan no deporte. De todos os xeitos, eu sigo sendo positivo. Para mañá parece que en principio dan carreira de seco, aínda que algúns tamén falan dunha posible tormenta. Todo o que non sexa seco extremo, sería mellor para Alonso así que eu colaborarei con el cantando durante toda a mañá (espero que teña o seu efecto en Interlagos). E se chove, Hamilton terá un xogo menos de neumáticos sul bagnato (como din os italianos, unha expresión que me gusta moito) que o resto (menos Button e Sato), xa que non poderá usar o que utilizou de máis o pasado venres. E vendo a tendencia que ten a desfacer neumáticos pode ser un dato importante. Sería incrible que desfixera os de mañá e por culpa da segunda tanda de adestramentos libres, non tiveras gomas de choiva para volver e tivera que acabar a carreira nos boxes.
Non sei, a pena é que no circuito de Interlagos non hai puzolanas, así que San Ganchao ten máis complicado o seu traballo. Confiemos en que invente outra cousa. Eu polo de pronto xa tiven unha visión. Saída e na S de Senna (primeiras curvas do trazado brasileiro, e en baixada), Kimi sae a por todas e leva a Hamilton por diante e os dous abandonan. Non estaría mal, non? Aínda que creo que a FA tampouco lle gustaría gañar así. Como ben dixo el, pase o que pase que esto remate pronto. É o mellor que lle pode pasar a un Mundial que quedará marcado por todos os incidentes, caso de espionaxe, etc. etc.
PS: Alégrome de que a FIA lle prohibise a papá Hamilton campar ás súas anchas polo paddock do circuito e sigo confiando nun primeiro posto de FA e un terceiro de Hamilton, para ver a cara de tonto que se lle ía quedar no podio e a de Ron Dennis e o seu outro pai (o biolóxico) debaixo, xa que a McLaren non se lle entregaría o premio destinado á escudería despois de que o sancionaran en setembro e non subiría ningún representante da escudería ao podium.
FORZA ALONSO!!! DEAMOSLLE ENTRE TODOS OS CABALOS QUE LLE FALTAN A ESE COCHE
Saúde.

Estamos impacientes para ler a túa crónica sobre o final de tempada.
Eu estiven nun bar de asturianos e, joder, que ben o pasei!!!