O pasado mércores 17, o programa Caiga Quien Caiga de Telecinco ofrecía a súa visión versión particular da festividade da Hispanidad, a través dunha reportaxe do seu reporteiro Eugeni (un crac). Aquí tedes o resultado.
A verdade é que non ten desperdicio. O da xente adulta que o insulta, desprecia e mesmo está a punto de agredilo é de xuzgado de guardia (típico de ultras, fanáticos e irracionais) e o dos rapaces pois, deixémolo en, simple ignorancia. Desde a primeira pregunta os deixou en evidencia.
Esta é a versión que ofreceron os arxentinos da mesma festividade. Máis ignorancia. Lamentable
Por certo, da versión española hai unha segunda parte, na que Eugeni se tomou todo con máis calma e foise a unha zona onde os ánimos non estaban tan quentes (ou mellor dito, tan exaltados). Marchou xunto aos sudamericanos que tiñan unha festa máis chévere.
Saúde.

Tes razón, non ten desperdicio :D
un saudiño
Graciñas aos que inventaron a youtube, que así dende Bruxelas podo ver as cousas boas da tele (como Muchachada Nui!)
Tanto el coma o cámara tiveron que pasalo fatal... non quixera estar na súa situación.
Do reportaxe, quédome con dúas frases que, para min, son ben significativas:
a) (dun neno) ¡yo esa rojada no la estudio! (pola materia Educación para a Cidadanía)
b) (dun adulto) Tenía que venir una dictadura para limpiar toda la mieeeerda que hai en España (evidentemente, pola "esquerda")
Mi Madriña, que democracia máis feble temos, e canta ignorancia hai en España...
acabo de ver por primeira vez o primeiro dos videos. primeiro empezar dicindo que penso que eugeni mellorou moitisimo e agora mismo e o meu reporteiro favorito de cqc despois de juanra. segundo, que grande o video. demostra moitas cousas e di moito do que ainda hai por ai (que vergonza ajena e que rabia o que se confeso pijo facha...).un dos mellores momentos e que penso que olvidastes mencionar e cando lle di ao neno "estudia mucho hijo,estudia mucho". un dos mellores videos de cqc que endexamais vin, pero o tema tamen prometia.
Pois se cadra non te enterache da que montaron algúns en Roma co tema da beatificación de mártires da Guerra Civil (soamente do bando franquista, como te podes imaxinar). Xa non digo o de levar bandeiras co aguilucho ao Vaticano e que saísen polas televisión de todo o mundo, pero ir a increpar e buscar camorra cuns italianos que se estaban manifestando pacificamente diante da igrexa onde está enterrado Josemaría Escrivá de Balaguer é a hostia. Non me imaxino a uns italianos que veñen a Compostela e se poñen a darse de hostias con galegos que se estean manifestando en contra de San Francesco d'Assisi (sen ánimo de comparar ao fundador dos Irmáns Franciscáns co fundador do Opus Dei).
http://www.corrispondenti.net/external_link.html?http://www.repub...
http://www.corrispondenti.net/index.php?id=20899
http://www.radiocable.com/la-prensa-extranjera-recoge-abrumada-la...
http://www.europapress.es/00401/20071028203539/martires-grupo-jov...
Aínda que bueno, esto podería ser tema de unha entrada no blog, porque manda narices que o PP condene a Lei da Memoria Histórica, pero vaia en masa a esta beatificación (non teño nada en contra dela, que a min, sinceramente, dame igual o que fagan na Igrexa) que só sabe dun bando.
Juanra estivo para CQC nesta susodita beatificación. Aquí podes atopar a súa reportaxe.
http://www.cqc.telecinco.es/dn_454.htm
Saúde.