Non sabía moi ben como titular esta entrada. A verdade é que se me ocorrían outros moitos títulos. Desde os máis asépticos: Kimi vence o Mundial de pilotos da F-1, Ferrari tamén se impón no mundial de pilotos gracias a Raikkonen;ata aqueles máis subxetivos (aínda que se cadra, certos): Alonso tiña razón, Hamilton quedouse sen mundial pagando a novatada no peor momento, Desastre McLaren; pasando polos máis ofensivos: Cacique Dennis jódete, Alégrome de non ter que ver a cara contenta de papá (biolóxico) Hamilton; e tantos outros.

Certamente esta entrada tería que escribila naquela tarde do domingo, porque moitas das cousas que se me pasaron pola cabeza naquel espacio de tempo que levaba esperando, xa foron enfríando. É incrible o que arrastrou Fernando Alonso este ano. Nin sequera os seus dous anos anteriores trouxeran tantos ríos e ríos de tinta (aínda que si tivo máis audiencia o ano pasado a carreira de Interlagos, na que se proclamou campeón). Semella que se confirma que en España vende o morbo, a confrontación, etc. Cada vez o teño máis claro, somos un país (estado, ou o que sexamos) de cotillas, de salsas rosas, de norias e de tomates. Pero fóra desto, estou contento. O que eu esperaba cumpreuse a medias. Non gañou Fernando, pero tampouco o fixo o "mimado" Hamilton. Recoñezo que en determinados momentos da carreira (véxase o momento no que o inglés se saiu e no que tivo os problemas co monoplaza, a pesar de que só se vía pola pequena ventana) pasei por un trance de fanático irracional, facendo cortes de manga e lanzándolle improperios á televisión. Quixera facer un inciso. É incrible a capacidade que ten Lobato para meter os cortes publicitarios. Momentos dos máis importantes do campionato producíronse durante este tempo. A verdade é que o da ventiña foi un gran acerto pola súa parte, porque eu creo que conseguiron que a xente non se fose durante a publicidade.

Volvendo ao que é propiamente a carreira, creo que Hamilton a cagou largamente. Moito se ten escrito e recoñezo que moi diferente sería a cousa se fose Alonsoo que fixera algunha das cousas que fixo Hamilton.Pero antes de entrar en detalles, vou ilustrar a saída da que falo. Menos mal que hai máis sitios como youtube aos que non chega a FOM, organizadora do mundial da F-1.

A que me refería en que se fose Alonso o que reproducise certas cousas que fixo Hamilton? Pois, ao mellor, se eso o fixese Alonso estaríamos dicindo que era un fenómeno, un tipo que sempre quere gañar e vai a por todas. Aínda que hai dous anos demostrou como terían que facerse as cousas (e como debería facer as cousas o inglés se hoxe quixera ser campión do mundo). É dicir, primeiro asegurar o campionato (tragándose o orgullo e deixándose adiantar por Montoya), para despois demostrar nas dúas últimas carreiras (co campionato xa no peto) que non tiña un coche tan malo nas últimas citas do mundial e que era o mellor piloto dese ano. Só nos temos que quedar co adiantamento a Schumacher na curva 130-R de Xapón, na que segundo todos os expertos era imposible adiantar.

Hamilton non fixo esto e enfrancouse nas dúas últimas carreiras en loitas estúpidas e que non o condución a ningún sitio. Bueno, si, a perder este campionato e que McLaren fixera un dos peores ridículos da historia da F-1. Se cadra tamén foi culpa do equipo e de Ron Dennis, por non dicirlle a un novato o que debía de facer. Polo menos en China que tiñan tempo, xa non digo en Brasil porque el mesmo se buscou os problemas tentando adiantar a Alonso na segunda curva. En China debérono facer, pero se cadra cegáronse queréndolle gañar a Alonso e non a Kimi, por aquilo de que "estabamos loitando con Fernando", que dixo despois Dennis. E estou case seguro de que en Brasil a Hamilton tamén lle pesou verse adiantado por Fernando. Ao mellor se fose Kubica o que o adiantase, non se tiraba na primeira curva a por el. Se cadra, doeulle moito verse adiantado por un coche moi inferior (o número 1 ía demasiado despacio este ano) e quixo deixalo en evidencia na pista. E, finalmente, o que quedou en evidencia foi el. E se como xa dixo nalgún medio, a culpa foi del despois da avería porque "reseteou" o coche, xa sería a cagada (non a guerra) de todas as cagadas.

Desde esta avería ao final só esperei a que algún dos Ferrari se avariase ou tivesen calquer complicación, ou a que -como esperaba o asturiano- Massa fose máis rebelde. Non foi así e a estratexia dos italianos funcionou á perfección. E ollo, fixérono limpísimo. E, de feito, o que pasou en Brasil xa acontecera noutros grandes premios (Massa adiantado por Kimi nos boxes), así que á Scuderia non se lle pode dicir nada.

Pero que queredes que vos diga, ao final case foi todo mellor así, porque o hostiazo que se levaron os de McLaren si que foi criminal e incrible. Non vos podedes imaxinar a satisfación que me produciu ver a Anthony Hamilton vendo pola tv como se paraba o coche do seu fillo. Ao final Fernando tiña razón. É moi ventaxista dicir esto, pero se cadra se confiaran máis nel e se deixaran de patriotismos e paternalismos estúpidos, Mclaren-Mercedes sería campión do mundo xa en China. Algún debería de aprender, creo que todos sabemos de quen falo, Cacique Dennis e Norbert Haug -polo menos.

Non sei, podería escribir moito máis, porque a verdade é que me quedan moitas cousas non tinteiro. Simplemente me alegro por outra dúas cousas. A primeira é que Hamilton xa non pasará á historia como o primeiro novato que se fai co mundial e Fernando Alonso aínda segue sendo o piloto máis novo en proclamarse campión do mundo. A outra cousa é que Alonso por fin parece que recibe o apoio que se merece e os antialonsistas están bastante calados. Como ben dixo nunha entrevista, se cadra lle perxudicou e perxudica ser sincero, pero é que non lle sae dicir o contrario do que pensa, aínda que moitas pensa o contrario. Chapeau!! Prefiro esto aos falsos, aínda que ás veces diga cousas impopulares. Por iso idolatrizo a xente como Fernando e Mourinho. Xente politicamente incorrecta por ser sincera de máis. Ademais, ao contario de que todo o mundo di,creo que na rolda de prensa de despois da carreira demostrou ser un cabaleiro felicitando -o primeiro de todo- a Kimi e despois agradecendo todo o apoio recibido.

Ademais creo que xa correron ríos e ríos, así que me imaxino que todo o que escribo xa o teredes lido nalgún outro sitio.

Por certo, ao final a canción que poñía na entrada anterior, volveu a sonar en Italia. O Pooo-popopopo-pooo-popopopopo-popo-po, que se fixo popular no Mundial de Fútbol de Alemaña que gañou Italia.

Só me queda engadir que creo que só quedan dúas opcións para Fernando, de cara o ano que vén. Ou finalmente McLaren ten o equipo filial e Alonso quédase nun deles, liberado da "opresión" de Ron Dennis, ou terá que seguir aguantándoo un ano, para pasar despois a un dos monoplazas do Cavallino Rampante. Ogallá no 2009 estea vestido de rosso en Maranello.

Saúde.