Se hai alguén no mundo da F-1 que aprezo sobremaneira, este é Pedro Martínez de la Rosa. Un piloto que sabe moito do mundillo no que se move, ao tempo que non deixou outros aspectos da súa vida, que poden ser importantes para el nun futuro. Sen dúbida, para mín é un gran exemplo para os nenos que empezan no deporte, dun deportista profesional que non abandonou os estudios e a súa formación académica.
Ademais disto, é unha delicia escoitalo cando fai de comentarista para Telecinco. Sobre todo, porque lle pon a parte máis obxetiva e sensata ás carreiras e, porque non dicilo, ten moita máis idea que San Ganchao e Lobato. Así é, penso eu.
Este pasado xoves tiven a sorte de escoitar a súa entrevista no programa deportivo "El Larguero" da Cadena SER. Volveu a demostrar que é un dos poucos cabaleiros que, semella, quedan na F-1. Un tipo consecuente, análitico e que sabe ben o que di. Aquí vola poño para aqueles que non tiverades a ocasión de escoitala.
Sen dúbida, desde o momento en que di que este ano foi máis complicado que falar con el, porque houbo un momento en que decidiu non falar porque é un tipo ao que nunca lle gustan as polémicas e, aínda que non quixera polemizar, cría que o que dixera lle podería causar problemas e ía ter que andar defendéndose e aclarar o que quería dicir, aínda que estivera claro. Para mín, desde ese momento, ¡Chapeau! por Pedro. Se cadra, tamén o ten máis doado que Hamilton e Fernando porque é piloto probador e non está obrigado a dar roldas de prensa.
Imaxino que en todo o que dixa na entrevistanoLarguerotamén influirá, en certo grado, o seu contrato con McLaren, pero eu penso quesempre se mostracorrectísimo e di o que pensa. Aínda así, creo que taméngarda moitas cousas, moitos silencios sobre as cousas que envolveron esta tempada ao seu equipo.Gustaríame algún día coñecelas. Se cadra cando dentro duns anos finalicea súa vinculación coa escudería anglo-alemana. Creo que elé a persona máis axeitada para dicirnos quen tivo a verdadee foi coa cara descuberta: se Hamilton e Ron Dennis co apoio da prensa británica, ou Fernando e a prensa española.
Saúde.
PS: Quixen poñer una imaxe de Pedro na que saise no podium. Para min foi unha pena que non tivese unha oportunidade auténtica na F-1. E é unha pena que en ningún momento se baralle o seu nome, se Alonso ao final sae de McLaren.

Te doy toda la razón. De la Rosa es un caballero dentro y fuera de las pistas. Y también opino que deberían darle una oportunidad en cuanto a ser pilto de carreras y no solo de pruebas ya que por tiempos en entrenamientos hace tiempo que está entre los mejores.
Saludos
A edade xoga encontra del nun posible fichaxe como piloto nalgunha escuderia.
Polo resto estou contigo , e todo un cabaleiro un gentleman nun mundiño da F1 que empeza a acusar a falta de xente como De La Rosa.
Apertas