Preguntarédesvos a que vén este título. Que coño é esto de Dire-Fare?
Ben, esto de Dire-Fare é unha feira sobre a Administración Pública que se vai celebrar en Marina di Carrara (Toscana-Italia) entre os próximos 14 e 17 de novembro. E seguirédesvos preguntando. Que coño terá que ver esto comigo?
Pois ben, sígome explicando. Nas prácticas (tirocinio ou stage en italiano) que fixen durante a miña estancia en Firenze traballei nunha axencia de comunicación (Comunica srl) queé a encargada de organizar esta feira. Xanaquel tempo estaban traballando nela, así que a mín tamén me tocou colaborar con eles nesto. Como eu sabía que ía ser dentro de pouco entrei o outro día na páxina da feirae despois fixen o propio na da axencia fiorentina. E aquí atopei con algo que, verdadeiramente, me fixo bastante ilusión aínda que poda ser unha simple parvada. Púxenme a consultar toda a páxina e no lugar reservado a lo staff (o equipo de traballo) aparece un dibuxo da filla (Sofia)dunha das secretarias (Elisabetta), no que tamén aparezo eu. Non sei o porqué pero fíxome ilusión. Alégrame saber que non quedaron tan descontentos comigo, como para quitarme do debuxo, jeje.
Para aqueles frikis do deseño, podedes ver o que se fai en Italia no extenso Portfolio que teñen.
Saúde

ostia! Saes mallao, igualiño igualiño xD