Risas garantidas
Despois de que falásemos de CQC nalgún comentario e mentres que estaba buscando un vídeo para poñerlle o enlace a marquinhos, atopeime cun que é indispensable. Son 5 minutos de risas continuadas. O vídeo de despedida de Arturo Valls de CQC. Un auténtico espectáculo.
"Tenemos tres premios en este momento: un Goya y dos Globos de Oro", "... ahora con Antonio Resines" , "ha venido Fernando Romay y se ha traído la guitarra", "Sete, te sales", "Si son bisexuales, lo mismo da" (Juan Carlos I dixit, madre mía).
Vaia crac, unha pena a súa marcha.
Pero xa que estou, vou seguir con aquel mítico palabras cruzadas entre Juanra e Arturo Valls.
"¿Conoces algún refrán? Ojo por ojo, sesenta y cuatro".
E xa que estamos con CQC, aquí vos deixo unhas mostras da versión italiana, Le iene. Tamén teñen unha versión parecida ás palabras cruzadas. Para aqueles que din ou pensan que o italiano é moi fácil.
Non deixa de ser simpático como lle afectou o cambio de equipo hai xa unhas cantas tempadas a Superpippo Inzaghi.
E o regalo final: Eva Henger e Rocco Siffredi. Grande Rocco!!!
Saúde.

bertito dijo
bravissimo miguelinho!!grande!!aunque muchas cosas no las entendi al pie de la letra, mas o menos me voy defendiendo. grande pipo !!menudo cambia chaquetas!!jajajajaj.
9 Noviembre 2007 | 06:23 PM