Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

13 Noviembre 2007

As grandes traduccións dos medios deportivos españois

Non deixa de ser curioso os gazapos que se cometen no diario máis lido de España, o deportivo MARCA. E non quero entrar a valorar o tipo de información que fan, baseada en rumores que só buscan vender o maior número de xornais. Só hai que poñer nunha balanza todos os fichaxes que fan os equipos durante os diversos mercados que hai ao longo do ano. Claro que, despois, aparecen os flamantes acertos (Robben ficha por el Madrid, ya lo adelantaba Marca en su edición del xxx). A última bomba é que Rijkaard pode ser botado do Barça se o 22-D perde no partido que enfrontará a Barçae Madrid. Unha boa maneira para ir contando nas próximas semanas como evoluciona o tema, por capítulos, e seguir vendendo (meténdose aínda máis de cheo no mercado catalán, onde teñen a competencia do Mundo Deportivo e do Sport).
O que fan a maioría dos xornais deportivos non é periodismo, non é información. Non contrastan as novas, non buscan información, as súas fontes son mediocres,... Poderíamos estar moito tempo falando delo.

Pero, ao que vou. Todos sabemos como son estes medios. Sempre falando do xeral, da maioría, porque evidentemente hai algún xornalque se salva (non estou falando do Depor Sport, evidentemente) e moitos xornalistas que son diferentes á maioría dos que compoñen a súa mesma redacción. O que de verdade xa é penoso é que se confundan a xogadores, aínda que o cronista sexa do equipo local e non coñeza moi ben aos visitantes. Pero, por exemplo, ler en máis dunha ocasión que o Celta ten un dianteiro arxentino chamado Perea dá a risa, referíndose ao dianteiro extremeño PereRa. A última vez foi este domingo, diante da Real Sociedad.

Así e todo, o máis sangrante da edición deste domingo foron os incidentes en Italia, despois do asasinato, morte, traxedia, ou como lle queiran chamar, dun tifoso (nunca tifosi, que é plural, como poñen en moitos lugares) da Lazio cando estaba parado nunha estación de servicio de Arezzo (Toscana) e foi disparado (sen intención, ao parecer) por un membro da Polizia Stradale. Súponse que nestes xornais deportivos grandes, estatais, xeneralistas (Marca, As,...) traballan os mellores profesionais do ramo, os máis contrastados. Xente que sabe de fútbol, expertos vamos. E cando falamos do fútbol internacional ocorre o mesmo. Todos imaxinamos na redacción dos xornais a uns "Maldini's da vida". Pois parece que non. Explícome.

Ben, a traducción que fixo MARCA desta pancarta non deixa de ser curiosa:

"Seguidores de varios equipos italianos se manifiestan delante de la sede de la RAI en una jornada marcada por los incidentes violentos en el fútbol italiano. En la pancarta se puede leer: "El racismo puede parar la Liga pero la muerte de un tifosi no tiene importancia".

Si señor. Pódese errar na traducción, xa que os xornalistas non teñen por que saber todos os idiomas, aínda que ben é certo que supoño que terán traductores. Así e todo sustituir tifoso por tifosi, cando na pancarta lese claramente o primeiro xa ten algo de delito. O que quero dicir é que un experto en fútbol internacional sabe que o Calcio non se parou por motivos de racismo, aínda que si houbo distintas polémicas, como por desgracia ocorreu na maioría de ligas europeas. E si sabe, que este mesmo ano se parou unha xornada da Serie A polo asasinato do inspector de Policía, Filippo Raciti, no transcurso dos incidentes acaecidos no derbi siciliano entreCatania e Palermo. Aquel partido adiantárase ao venres 2 de febreiro e, despois da morte de Raciti suspendéranse todos os partidos de sábado e domingo. Iso era a queixa da pancarta que amosaban os tifosi. Paráchedes a liga pola morte de Raciti (non racisti=racistas), mais a morte dun tifoso non ten significado, viña a dicir a pancarta. Parecido ao que traduciron os de Marca, senón fora que confundiron a Raciti cos racistas. E crédeme que non ten nada que ver. E máis vendo o que ocorreu a semana pasada coa expulsión de Italia de moitos rumanos. Non se deben misturar cousas tan alegremente. Parece que os de MARCA querían incidir nos ideais dos ultras laziais, extrema dereita, dicindo que detestaban que se parase o campionato polo racismo e non se fixera o propio coa morte dun siareiro. Nada que ver neste caso.

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Xabi

Xabi dijo

Moi bo comentario!
A propósito do Marca, a "información" que se da sobre o caso Alonso e o seu futuro fichaxe é realmente patética, estúpida e sensentido. Daríame verdadeiro noxo ser o xornalista que ten que cubrir esa información.
No que respecta á pancarta, moi boa lección de italiano que, como ti dixeches nalgunha ocasión, non é tan fácil. Eu creo que é fácil entendelo pero non tanto interpretalo ;)
Gustaríame saber tamén se a expulsión dos rumanos non estará dalgún xeito vinculada aos problemas cos traballadores europeos que está xerando a tarxeta azul e a implantación nos diversos países... Alemaña e Francia non esconden os seus problemas cos traballadores... e creo que Italia segue o camiño destes dous...
Un saúdo, amigo Miguelinho, coida o blogue como o fas ata agora!

13 Noviembre 2007 | 07:01 PM

bertito

bertito dijo

Siempre al pie de la pimicia, eh, miguelinho?
tienes toda la razon. Sobre todo los del Marca que dan puto asco!!En cuanto a lo de Italia, porque sera que realmente no me sorprenda que pasen esas cosas. El fenomeno ultra esta muy extendido y permitido(por los propios equipos), incluso se pavonean de ello , como si fuese una competición a ver que equipotiene a los tifosi mas violentos y tarumbas de la cabeza.Estoy a la espera de las medidas que tomaran los diferentes estamentos italianos para parar toda esta locura.Espero que esto no pase jamas en España.....

14 Noviembre 2007 | 11:44 AM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Pero bueno, bertito, xa ves que o Colettivo Autonomo Viola e a Curva Fiesole, por extensión, comportáronse civilizadamente e non houbo incidentes. E iso que perderon 1-2 co Udinese, despois de que levaran creo que uns 21 partidos seguidos sen coñecer a derrota. De feito, aos tifosi viola permíteselles viaxar o próximo fin de semana ao partido diante da Reggina, se así o desexan. Non ocorre o mesmo cos siareiros do Atalanta, Catania, Milan, Roma, Samp e Torino (dentro da Serie A).

http://www.gazzetta.it/Calcio/Primo_Piano/2007/11_Novembre/15/mor...

Saúde.

17 Noviembre 2007 | 09:02 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera