NUNCA MÁIS

Hoxe cúmprese un lustro de que comezasen a dar paseos polas nosas costas con aquel petroleiro infame de nome Prestige, que acabaría afundindo o 19 de novembro de 2002. Cinco anos nos que moito se ten falado do Prestige, das responsabilidades políticas, dos culpables da traxedia ecolóxica,... Mais, pasado este tempo aínda non hai sentencia sobre o xuicío.
Os políticos de turno, os que daquela encabezan as manifestacións, din que algo se ten mellorado. Eu creo que non. Estou convencido de que se mañá mesmo algún outro petroleiro sufre algún tipo de problema, volverá esparramar toda a súa "merda" nas súas costas, sen que ningúen mova un dedo por facer nada. Bueno, non, ninguén non, volverán estar todos aqueles voluntarios e mariñeiros, toda aquela marea
branca que inundou Galicia aqueles meses para tentar contrarrestar á outra marea viscosa e negra que ameazaba con acabar coas nosas costas e a nosa riqueza mariña.
Como digo, penso que non se mellorou. Todo o contrario, foise a peor. Fai cinco anos había unha sociedade galega concienciada, que apoiaban movimentos cidadáns e culturais. Reclamáronse moitas cousas que se puxeron sobre a mesa, pero que hoxendía aínda non foron cumplidas. Mais, esto hoxe xa parece que está moi lonxe, foi case esquecido, ninguén segue loitando (uns porque nunca o fixerone non lles interesa revolver no que fixeron mal e outros porque agora ocupan o poder)e parece que está hibernando á espera de que outro petroleiro teña problema nas nosas costas e desperte á sociedade. Xa van cinco barcos e cada día está máis preto o seguinte. Non me gusta dicir esto, pero desgraciadamente penso que é así. Espero trabucarme, primeiropara que ningún outro barco teña problemas diante das nosas costas e despois porque ao final algúns políticos esperten e acaben coaindefesión na que aínda siguen as mesmas.
NUNCA MÁIS

